CERIMONIA DA CONFUSIÓN

OUUUUuuuu

Mañan continúan as comparecencias na Comisión non permanente de investigación das causas da catástrofe do petroleiro Prestige, das consecuencias económicas, sociais e ecolóxicas e o esclarecemento das responsabilidades políticas correspondentes co galo da análise da situación socioeconómica por un grupo de expertos en economía aplicada mais supoño que de seguires o rumbo trazado o día 14 non sacaremos ren en limpo.

Mentres os expertos non souberon dicir ata que punto están ou estarán afectadas as poboacions mariñas pola catástrofe (lóxico si se sabe que os H. Policiclicos afectan a medio-longo prazo); as xentes do mar deixaron na mesa un "May-Day" polo seu futuro.

Para o Día 28



Ese día traballarase cara ó futuro (¿?) para o análise da situación de seguridade marítima nas costas galegas e propostas para evitar catástrofes semellantes. Seguramente uns tentarán deixar entrever (agora que está lanzada a campaña) que en outras autonomias o goberno central (que é o responsabel dos verquidos segundo o "perfil" da ITOFF de 02/2005) ten mais medios esquecendo que ata hai un ano ese era un "goberno amigo" que trouxo unhas oficinas da UE a Vigo (eso sí se reivindica).

Mais coido que haberá algunha comparecencia imparcial da que sí se poderan tirar conclusions... como a de Michel Girin director do CEDRE (Centro de documentación para la investigación y la experimentación sobre contaminación accidental de las aguas del gobierno Francés) do cal conviña ter á man o boletin especial do 1º semestre de 2004 adicado ó desastre do Prestige (.PDF 1,9 MB).Na mesma liña pode interesar o dito na 2004 Spillcon (Conferencia internacional sobor do verquido de petroleo)en especial este documento titulado "Perspectiva europea após do Prestige" (en inglés)

A xa enlazada antes ITOFF (INTERNATIONAL TANKER OWNERS
POLLUTION FEDERATION LIMITED; Federación de propietarios de petroleros) envia unha representante que, supoño, terá a encomenda de indicar con que medios se debe contar e cales son as características dun "porto refuxio" como os que semella solicita-la UE e no que "Lord Paco" está tan interesado. Podíaselle preguntar pola alternativa do "refuxio natural" do seno de Corcubión e os medios precisos para elo e tamén polas aportacións que deberan facer e non fan os armadores e propietarios dos petroleiros para a prevención de verquidos.

Xustamente outro dos comparecentes este día: Felipe Louzán Lago (profesor de Ciencias e Técnicas de Navegación na Escuela Técnica Superior de Naútica e Máquinas de A Coruña) realizou a peritaxe sobor do emprego desta alternativa no momento da catástrofe.

As comparecencias mais polemicas dende o punto de vista politico seran as de Rafael Lobeto Lobo (ex director xeral de mariña mercante nos gobernos de FG e co autor do "libro branco do Prestige" ) e as de Joaquín Maceiras e Fernando Novoa Sanjurjo Encargado de aquela do centro de salvamento de Monte Enxa e actual director técnico de salvamento marítimo.

Por Xosé Antón Álvarez Salgado fala o seu curriculum e o seu traballo no grupo de Oceanología do IIM.

Mais centradas na seguridade portuaria semellan as comparecencias de Juan Zamora Terres (do Centro de loxistica e servicios mariños da Universidade Politecnica de Cataluña) e a de José Ramón Iribarren Alonso (da empresa SIPORT XXI de estudios de enxeneria portuaria e seguridade maritima).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Por se resulta do teu interese:
www.ovniseisoglosas.blogspot.com