As próximas comparecencias.

OUUUUuuuu

Sei que ninguén vai facer un seguimento da "Comisión non permanente de investigación das causas da catástrofe do petroleiro Prestige, das consecuencias económicas, sociais e ecolóxicas e o esclarecemento das responsabilidades políticas correspondentes" por esta web, nin aspiro a elo mais non quero deixar pasar esto sen pena nen gloria como fan a maioría dos medios de (in)comunicación, os mesmos que si (por desgracia) voltase a acontecer tal cousa nos saturarían de "dixome dixome" sen percurar qué está a acontecer de verdade...

O próximo turno de comparecencias será o Luns día 14. Como vedes no enlace, baixo o epígrafe de "persoal científico e técnico" van comparecer O Xerente da Confradía de pescadores de Cangas ¿?, O Tenente alcalde de Camariñas¡¡¿?!!, E o ¡¡¡Director de Marketing!!! da asociación española de codificación.

Vale que o Xerente da confradía de Cangas pode, debe, ter coñecimentos técnicos sobor dos recursos mariños e sobor navegación. Mais, a comparecéncia dun tenente de alcalde así a bote pronto semella unha "comparecencia politica" fora de lugar neste día ainda que se tratase do "coodinador" dos traballos de recollida de fuel naquel concello. Pero o mais rimbombante é o derradeiro comparecente. ¿Coida ainda algúen que o tema do prestige e "cuestión de comunicación e/ou Marketing? ou moito me trabuco ou nos van falar do sexo dos anxos...

A seguinte sesión está convocada para o Xoves 17 de Marzo. Trátase dunha comparecéncia con moito que dicir dende o ponto de vista político pois ó meu ver os temas da conservación do medio só nos interesan a "catro matados" mais, ¿a quen non lle interesa de onde vai sacar o cocido?. O "analise da situación socioeconómica" vai ver desenvolto por Un catedrático (da U. de Vigo) e dous profesores (da U.S.C.) cada cal da súa casa...e o asesor xurídico das confradías afectadas. Pola tarde comparecerán os "axentes sociais": Representántes dos sindicatos mais representativos e estelar aparición de Ramil no nome da mal parada Confederación de empresarios de Galicia.
O Catedrático ten o curriculum ¡¡¡en branco!!!(facede clic e o comprobaredes), mais, fora bromas imparte a asignatura de economía dos recursos naturais do departamento de economía aplicada.
A profesora Carmen García Negro é titular do departamento de economía aplicada da USC e Dirixe o Curso de Especialización en Economía Pesqueira e a equipa de Investigación de Economia Pesqueira e Recursos Naturais.
Do profesor Pedro Arias Veira sinalar o éxito do seu libro "España va bien" (está dito todo, ¿non? ).
Ramón Sabín é un experto defensor dos mariñeiros, pescadores e outras xentes do mar. No seu día asumiu a defensa dos intereses de dez das trece confrarías de pescadores galegas afectadas polo sinistro do petroleiro Mar Exeo representou a máis de tres mil afectados do litoral comprendido entre Cedeira e Malpica e logrou para eles indemnizacións por máis de cinco mil millóns de pesetas. Notable foi que os xuíces declarasen, por primeira vez, a responsabilidade directa do Fidac (o Fondo Internacional para Danos producidos por Hidrocarburos) e a responsabilidade civil subsidiaria do Estado español.Sabín representa agora a preto de quince mil reclamantes de sesenta confrarías de pescadores, a maioría galegas (31 da Coruña e 17 de Pontevedra), todas as de Cantabria, a de Avilés e un bo número de particulares. En indemnizacións por estimación obxectiva logrou ata agora 60 millóns de euros. (información de Galicia Hoxe)
Da comparecencia do 28 de marzo falarei mais adiante...

No hay comentarios: