OUUUUuuuu
Cando escomenzei a "bloguear" hai xa mais dun ano un dos primeiros post "serios" que fixen foi sobor do aniversario do desastre do Prestige; neles reafirmaba a miña confianza nos investigadores independientes do CSIC i en que a verdade acabaria estoupandolles na faciana a estes cómicos que temos dirixindonos "por que yo lo valgo".
Agora, tras-la vergoña de verse obrigados xudicialmente a reabri-la comisión de investigación (e a manipulación que fan dela) podemos escoitar o que se quixo calar daquela e agora. Que foron os mariñeiros os que mantiveron as rias a salvo, que existian outras solucions e medios para impedirmos a chegada do fuel á costa, que se ninguneou e censurou ós científicos do CSIC de Vigo para confiaren en asesores "politicamente correctos"
As verbas de Ricardo Beiras sobor da publicación da conselleria de pesca "Prestige: A forza dos feitos" son contundentes:É UN PANFLETO PAGADO CON FONDOS PÚBLICOS
Namentres Lopez Veiga distrae a atención destapando supostos casos de corrupción no seu própio partido (a súa obriga cidadan sería denuncialo nos tribunais) e laiandose de agora de que a ampliación de fondos do FIDAC non será dabondo.
A min escomenzame a semellar algo certo o que se afirma neste controvertido artigo de Moises Naim sobre que a loita contra a corrupción ralentiza o progreso da democracia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario