O que pasou hai 366 días.

OUUUUuuuu

Reprocharaseme que non fixera ren coma homaxe ás victimas. Coidei que a mellor homaxe era o silencio.

Mais non quero deixar pasar estas datas sen difundir unha análise seria do que, daquela , aconteceu. Como se ve non son un privilexiado da información nen un deus creador de opinión coma Pedro J. Ramirez. Así e todo gustame ver reflexado o meu pensamento en informes serios e, dende logo, imparciais.

O Real Instituto Elcano fora creado polo primeiro governo do PP que "busca hacer posible los valores que la inspiran; que mediante métodos y aproximaciones científicas multidisciplinares trata de desarrollar una perspectiva estratégica y global, con vocación prospectiva, con el fin de generar propuestas políticas y sociales que puedan ser aplicadas en la práctica".

Por esto mismo e pola súa cercanía ó Neoconservadurismo (ex. AEI) é polo que me sorprende unha análise coma a referenciada. O informe fírmao nen mais nen menos que Narciso Michavila irmao do deputado i ex-ministro do governo do PP (o de Starky & Huch con Acebes).

Neste informe ( HTML , PDF ) sostense que o troco electoral de hai un ano é analizado baixo catro hipoteses:

  • Desexo latente de troco de governo
  • Conmoción polos atentados
  • Castigo ó PP polo apoio á guerra do Iraque
  • Manipulacions informativas a prol i en contra do governo de Aznar.

    Tras unha analise profunda o informe conclue indicando que para o resultado sorpersivo foron precisas as tres primeiras causas e que a cuarta actuou coma reforzo. Esto veu a dar en:

  • A "activación" de 1.700.000 votantes que pensaban absterse.
  • A desición de non votares de 300.000
  • O troco de opción de 1.300.000 votos

  • No hay comentarios: