OUUUUuuuu
Hoxe seguen as comparecencias na "Comisión non permanente de investigación das causas da catástrofe do petroleiro Prestige, das consecuencias económicas, sociais e ecolóxicas e o esclarecemento das responsabilidades políticas correspondentes" (Ostia co nome).Como vedes na orde do día pola tarde comparece o amigo Martiño Nercellas quen, como representante de ADEGA, ven asistindo ás sesions e manifestou que esta nova tanda de comparecencias pode ser tan interesante como a do xoves (3/3/2005).O avance do relatorio así o dá a entrever.
É unha vergoña que a páxina do parlamento de galicia non ofreza (nin siquera a posteriori) o relatorio do debatido e que este non se reflexe no diario de sesions que "colga" na web . Tamén e terceiromundista que o diario de sesions non teña un instrumento de percura por temas ou por categorias (só por datas) Non así o Boletín oficial do Parlamento de galicia no cal podemos atopar que a primeira solicitude de comparecencia (.PDF) presentouse o 14 de Novembro de 2002 (publicouse o 21 de Novembro e debatiuse no pleno do 25 de Novembro).Con isto quero dicir que semella mais sinxelo rastrexa-lo pasado que seguir a actualidade.
É triste o escaso seguimento que a comisión ten nos medios de (in)comunicación que semellan seguir a táctica do avestruz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario