SEGUIMOS CEGOS

OUUUUuuuu

Se houbese alguén que seguise este caderno aparte de min podería albiscar que unha das miñas teimas é a transformación que vai significar o fin da era do petroleo. Ainda que xa fai tempo que non escrebo en torno a este tema elo o único que indica é que o fenómeno da "fatiga informativa" tamén afecta ós que escribimos neste tipo de medio.

Se volto a falar sobor do tema non é porque me alarme a diferenza de prezo do petroleo e as gasolinas con respecto a hai un ano (é mais, semellame menos do esperable); nin que me sorpernda que o capital vencedor das eleccions en USA se lance contra as reservas petroleiras de Alaska. Volto sobor do tema porque por fin semella que o PEAK do petroleo toma cariz de realidade informativa de 1º orde e coido que isto é importante para nos quitá-la venda dos ollos e centrarmonos na necesidade de actuarmos nunha dupra vertente:

  • Por en marcha as Enerxias Renovabeis e Alternativas e fomenta-lo investimento no desenrolo de novas fontes renovabeis

  • Por en marcha programas reais de aforro enerxético e transporte sostible.

    Precisariamos que o IDAE e os organismos semellantes das comunidades autónomas tivesen mais rango orgánico e orzamentario para que puidesen canalizar ambas misions. Dar coas alternativas ó transporte cotián i á producción enerxética non vai ser dabondo pois vai ser preciso atopar substitutos a tódolos compostos que se obteñen do petroleo.
  • No hay comentarios: