CONTRAGOLPE.

OUUUUuuuu

Cando eramos mais novos...(esto indica que un XA non se sinte tan novo) unha equipa de football gañou un campionato cun sistema táctico ultradefensivo e un contragolpe mortal.

¿Será Google quen de xogar ó "catenaccio" cos seus competidores? Polo de agora semellame que si. Hai pouco escribin dos logros de my Yahoo que ia achegándose a google ; ignorante de min, non tiña nin idea deste contragolpe.(Versión persoal de google news)

As novas de google incluen agora a opción de personalización. Ten varias vantaxes e desvantaxes con respecto ó my yahoo.

Vantaxes:

  • Non hai que loguearse (rexistrase) polo que quedan a salvo as túas preferencias persoais no eido informativo. Para min iso é importánte.
  • Trátase dun servizo de percuras "actualizadas" multiples. Ti escribes a palabra clave; p. Ex.:Ponferrada e se crea unha sección cos resultados da percura. Podes situar esa sección co número de titulares que desexes no lugar que prefiras.

    Desvantaxes

  • Ó traballares con cookies crea certa relación páxina-máquina que se pode solventar empregando o enlace que che proporcionan ó pé da páxina (onde dí: enviar a un amigo).
  • Como non emprega RSS a anovación queda en mans da máquina e so ofrece resultados de sitios "oficiais" de (des)información e non de blogs e outras fontes que monten RSS.
  • A seccion cabeceira é fixa (novas destacadas).
  • Non inclue novas en Galego.

    Xa é coñecida a tremenda potencia do percurador de google polo que me estrana bastante que non señan capaces de incluires páxinas coma: Periodista digital, Galicia hoxe, Xornal, Vieiros ou blogs como o de Enrique Dans, Microsiervos, La Tejedora, Las Indias Electrónicas ...Estou á espera de ver que solución lle atopan.
  • 1 comentario:

    XMMeijome dijo...

    Cando escribin esto descoñecia as outras 'patas' do contrataque de google: Aumento de Gmail de 1 a 2 Gb., Aumento das facilidades e a tarifa de Adsense, 'Volcado'de 15000 libros a formato dixital (print.google.com)...