CONTRA O CANON NAS BIBLIOTECAS...

OUUUUuuuu

Estanse a celebrar na universidade complutense as II Xornadas contra o prestamo de pago nas bibliotecas.



Semella que a difusión cultural e o fomento da leitura non lle interesan á $$$$ (eses dos canones) que o que quere é cobrarnos por respirar... Si ben a directiva está en vigor dende 1992 o certo é que en Decembro de 2004 a comisión europea abriulle expediente sancionador a varios estados membros, entre eles o español, por non cobrares este canon nas bibliotecas en virtude dunha excepción introducida na transposición da directiva 92/100/CE á lexislación nacional.

O actual goberno móstrase comprometido no mantemento do actual "statu quo" e ten manifestado que de ter que ceder e modifica-la lexislación para cobrar eses canon nas bibliotecas buscaría fórmulas para que non repercutise nos usuarios.

Coma queira que sexa un grupo de cidadans preocupados polo tema está a enviar esta carta ó presidente do goberno (.doc en castelan) para que se manteña este compromiso durante a presente lexislatura.

No hay comentarios: