OUUUUuuuu
E por alá voltamos outra vez; non, non a ver o Windsor. A ver ós amigos que eses si que son uns monumentos.
Co frio que facía só apetecia estar metido nos sitios así que corremos o Museo Thyssen pola mañan para ver a coleccion permanente que segue a ser unha boa maneira de ver a história da pintura occidental (bótanse en falla grabados orientais p. ex.) nun tramo realativamente curto de tempo.
Logo fomoslle dar a despedida ó restaurante "Azul profundo" (Andrés Madrigal) e ás súas propostas de cociña elaborada e imaxinativa.
Mais frio, os locais a tope e nos de turismo e tendas...
Pola noite; teatro: Hamlet Dreams.
E para cear outra proposta de cociña rápida, pero elaborada e con calidade: IBOO.
A noite de fíxosenos curta porque non había ninguen nas rúas; todos estaban nos atiborrados locais...
No hay comentarios:
Publicar un comentario