OUUUUuuuu
Onte, ó fio dunha nova que lin en Xornal.com; voltei a atopar un dos problemas que ten o conservacionismo ambiental para acadar o lugar de conciencia societaria que o impulse definitivamente.
A asunción, por parte de comités de empresas e organizacions laborais; dos enunciados do empresariado/capital sobor das perdas de emprego pola posta en marcha de medidas que xa son de obrigado cumprimento para a protección, non só do medio ambiente; senon xa da saude pública é pueril e incoherente.
¿Non posuen estas organizacions mais Ideoloxía e Principios que os da conservación e mellora dos traballos dos seus votantes?.
O asunto é que semella que os postos de traballo de ENCE son os "escudos humans" dun capital que nunca quixo implanta-las tecnoloxías axeitadas, nunca quixo aceptar outro emprazamento e non quere cumprir coa legalidade vixente... a cuestión é ¿Son os cidaddans da Bisbarra de Pontevedra Refens deses postos de traballo?; ¿Está a saude e o futuro sustentabel de TODOS por baixo do mantemento do emprazamento e condicions de traballo DUN GRUPO?
Esgotase o tempo; temos que pagar favores politicos (cesión de terreos para a o Megalo proxecto da cidade da cultura).
No hay comentarios:
Publicar un comentario