¿VIRUS?,¿VIRUS MOBILES?, ¿VIRUS NOS COCHES?

OUUUUuuuu

Cando ainda hai moita xente que emprega as tecnoloxías e descoñece a verdadeira esencia dos códigos non autorizados que poden executarse no seu computador (Virus, Troianos, Gusanos, etc.); Cando a maioria da xente descoñece que os teléfonos móbiles (ou calquer trebello que leve un procesador) se pode ver afectado pola execución destes códigos non desexados; Cando para moitos as conexions inalámbricas son unha novidade tan grande que ignoran o seu caracter de porto de comunicacions e, polo tanto , de porta de entrada de código para un procesador a él conectado...

Outros xa van na "infección" de calquer dispositivo que leve un procesador e teña un porto de comunicacions seña coa rede que seña; xa que logo non hai que esquencer que o "procesador de abordo" dun coche executa código para realiza-las súas funcions (por exemplo a navegación) e que un coche con Bluetooth (por exemplo para o mans libres do móbil) ten un porto de comunicacions aberto i en movimento buscando a e sendo buscado por outros dispositivos do mesmo tipo.

Pode que todo isto non señan mais ca posibilidades teóricas, pero mirade canta fantasía desatada; semellan un relato erótico-festivo.

Por iso si de cada nova implementación tecnolóxica nos coches sae unha avaria o emprego da informática e as telecomunicacions non ia ser menos... antes, cambiabas os freos cando as pastillas chirriaban; logo, cando se lle vian os testigos ás pastillas; logo cando se iluminaba o piloto do sensor; logo cando o sensor se avariaba... agora teremos que ir mais ós talleres por temas tecnolóxicos (¿quen non oiu falar do coche sen chave que non deixaba entrar ou sair ó dono?) i esto implicará mais dificultade para non emprega-los servizos oficiais pois para acceder ó computador do coche o taller deberá ter o hardware, o software e o persoal axeitado.

En fin, ¿PORQUÉ ME DESFARÍA EU DO MEU R-5?

Actualización 4-02-2005:

Mais grave semella a falla de seguridade no cifrado das tarxetas con chip RDIF que permiten funcionar e, inclusive, repostar ós coches mais "modelnos".

No hay comentarios: