OUUUUuuuu
Mentres o insaciabel Google segue a engadir cousas interesantes coma: Posibles dominios de 1º nivel para weblogs, acceso ós contidos de wikipedia, buscador de emisions de TV (que algo mais ca buscar video) etc. Yahoo non lle vai moi atras... Xa ahi un tempo escribin sobor de my yahoo e o uso do rss(really simply sindication, enlazado realmente doado); ate o de agora ese instrumento fora empregado para enlazar webs "profesionais" mais agora xa esta dispoñible para outros webs; iso si, de "iniciados" pois montar un rss e poñelo a disposición do my yahoo xa dá algo de curro. Un exemplo o temos no Bierzo con E-Bierzo.com que permite a súa inclusión via rss no my yahoo. Isto facilita que; sendo my yahoo a túa páxina de inicio teñas os titulares das outras páxinas do teu interés na mesma pantalla. Polo de agora trátase dunha versión beta mais coido que sairá adiante.
Ainda mais, pronto será superada... no intre no que se poidan facer chegar estes contidos seleccionados ó mobil a un custo "cero" teremos o mellor servizo de noticias que desexemos. Coido que si co WAP foi posibel co GPRS e UMTS ten que ser cuestión de vontade (sobor de todo das operadoras).
Chegaremos a tempo a estoutra revolución ou andaremos detrás coma os borregos?.
1 comentario:
Pois non dá tanto curro coma eu pensaba pois Blogger xa fai o Feed do RSS e só tiven que atopar a direccion correcta de my yahoo á que apuntar e de onde baixa-la imaxe para o enlace e ¡¡Voilá!!. Ahi tendes dende hoxe un xeito doado de engadir os titulares deste blog ás vosas páxinas de my yahoo.
Publicar un comentario