Estratexia contra Kioto

OUUUUuuuu

Á dereita empresarial e capitalista non lle sentou nada ben a aprovación do chamado "protocolo de Kioto", non en van o máximo repesentante do seu modelo de desenrolo (aloucado, deshumanizado, edonista que maximaliza o beneficio ainda en contra da própia saude e do esgotamento de todo recurso natural), os USA, non o asinou nen o asinará.

Nos paises desenrolados onde o asinou levan tempo tentando artellar como darlle a volta á natural aceptación por parte da povoación dos principios deste acordo e polo leido xa teñen a estratexia rematada:

  • Ameazar coa perda de postos de traballo onde as industrias deban reduci-las súas emisions.

  • Crear novas taxas sobor dos medio de transporte habituais deixando claro que "son debidas á aplicación do protocolo de Kioto".

    Debemos lembrar constantemente que os principais emisoras de CO2 do noso pais son: A Alumnia de Barreiros (Lugo) e as Cementeras (Cosmos en Toral de los Vados p.ex.); seguidamente as centrais térmicas de Sabón, As Pontes, Compostilla (por esa orde polo atrasado das súas tecnoloxías e o material empregado...).

    A solución do imposto sobre trasporte interurbano ten unha dobre vertente; aportará novas achegas para que o goberno do PP poda seguires alimentando a insaciable máquinaria constructora que non quere nen pode deixar de medrar, e permitirá alimentar o apoio a unha posible retirada do protocolo cando se mostre ineficaz.

    Tolerias, diran alguns. Tamén dician que o troco climático eran tolerias e agora é un feito que ate os USA aceptan tanto nas causas coma nos efectos.

    Mentras; as medidas para que esas empresas reduzan as emisions (incluidas as inxustas do própio protocolo de Kioto) son deixadas de lado; das enerxias renovabeis alternativas só se implantan aquelas controlabeis polo capital (que precisan grandes investimentos: Eólicas), os medios de transporte non contaminantes son ignorados ou postos en ridículo (vehiculos alternativos eléctricos ou a hidróxeno) por non falar do trato que recibe a magnifica alternativa que constitue a bicicleta para traxectos curtos (<10Km) e povoacions medianas.
  • No hay comentarios: