MAIS DE ENERXIA

OUUUUuuuu

Pode que a actual suba no prezo do petroleo se deba ós ataques en Iraq e Arabia S. (en tal caso os terroristas estan a dar certeramente...) pero, o certo e que se trata da suba mais prolongada e persistente da historia e que esta a afectar e afectará ás economias; sobor de todo ás mais "desenroladas" que tiñan crecementos pequenos... Nas páxinas da BBC en castelan se pode ler un artigo titulado Cuando el petroleo se acabe que escomenza " Como la muerte, nadie sabe cuándo ocurrirá, pero de lo que si podemos estar seguros es que ocurrirá: un día tendremos que vivir sin petróleo. ". Tamén se fai unha reseña da recente conferencia de Berlin sobor das alternativas de enerxía renovabel . Mentras o verdadeiro problema segue a comentarse nos foros técnicos e segue a sair aqui e ala nas publicacions diarias; no derradeiro boletin da ASPO (pdf) se comenta a auténtica situación das reservas Saudies... e neste outro de Reuters se ve como a interconexión do actual mercado de petroleo provoca a "transmision" de calquer alteración no mesmo.

Para rematar comentar que a retirada de Indonesia da OPEC non é casualidade pois pasou de exportador a importador; ven sendo un reflexo da situación en asia e un referente: China, India, Indonesia, Vietnam... paises cun desenrolo precario ata o de agora se estan a constituir en sociedades desenvoltas (dende os criterios occidentais) e as suas clases medias (porque ali a brecha rico-pobre é enorme) demandan con inusitada rapidez e suman xa un 400 millons de furibundos consumidores (tal coma os "yupiies" dos nosos 80) o que fai mais que previsible unha expansión exponencial da demanda.

Mentres alguhas persoas razoables buscan alternativas factibles... como este comentario sobor do Biodiesel (tras cuxa lectura me alegro da construcción da planta de Narón.

No hay comentarios: