Vaites, vaites...

OUUUUuuuu

Foi o estrés final o que me decidiu. Nin un nanosegundo mais. Non o podo aturar, o aire espésase dentro dos meus pulmons e a bomba vai a trompicons; a calor fai estragos no ceo e ergue espellismos de realidades desgraciadas e inexplicables cadeas. Ollar por ollar, coma mirando unha parede branca; traspasado pola bafarada de calor livian e pesado querendo sen querer facer ren. Insostible sustento das mañans...

E pode que desta volta afogue, caia ou revente. Mais seguro que non, que A VONTADE seguirá a levarme e a aturarme e aturar debaixo dos meus pensamentos sen afogar nen caer nen reventar... A VONTADE sabe cumprir e sabe facer o que ten que facer e non outra cousa. Lonxe quedan as lembranzas de cando era pequena e se foi criando entre calor e humidade ela consigo mesma i eu contra os demaís e cando despertou súbitamente para me sacar do abismo do retorno. E cando me congraciou coa vida e me sinalou o camiño da realización. A VONTADE que se convertiu en entrega grata e sentida e deu nun amor que non imaxinara. Agora ela ten problemas i eu teño que aprender a vivir só sen o seu impulso; ainda mais, teño que refacela de novo, sacala de embaixo desa morea intanxible de conexions neuronais e impulsala eu.

No hay comentarios: