Esta pijada a min aledame bastante, e dame esperanza... Estase a testar no Xapón un coche coma o noso movido por Hidróxeno.
 
Neste  ARTIGO  veredes que o test é bastante esixente no que se refire a circulación urbana.
Neste outro  ARTIGO  pódense apreciar as principais características do vehiculo.
 
Que ven a ter as mesmas características interiores que os modelos de motorización tradicional. Tamén é de mencionar o seu sistema de conducción por  Cable . E non só Opel-GeneralMotors anda nesto; tamén Honda, que fai un tempo comercializa un vehiculo mixto ven de  Presentar  un vehiculo de pila de combustible.
 
Istas novas non só se publican no eido do motor; senon que se estan a seguir con atención no mundo das  Enerxias renovables  por si estas tecnoloxías teñen aplicacions domésticas.
Ainda que tamén estan as opinions de que coida que se trata de  Unha tomadura de pelo . Eu coido que é un erro buscar unha "solución pura e única". Para substitui-lo petróleo en tódolos eidos nos que se emprega (combustible para desprazarse, para xerar enerxia, para facer fertilizantes, para fabricar pezas...); é un erro porque a diversidade ten sempre solucions ós problemas. Troca-lo sistema económico-enerxético no se vai facer nunha xeración.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario