OUUUUuuuu
Tras unha "semana de reflexión" para non escribir ren legalmente punibel... xa non me aturo mais. Mentras semella que nos queren centrar en xulgar ós xenocidas de vellos os actuais xenocidas seguen na súa particular escapada cara adiante. O modelo de sociedade da post-guerra fria está a fracasar en varios aspectos: Baséase na explotacion dos moitos por uns poucos, Non respecta o entorno no que vivimos, O seu modelo enerxético e económico-productivo é insostibel, o seu modelo politico é unha falacia, o seu modelo humano baséase nun invidualismo edonista atroz sempre submetido ó bombardeo da publicidade para "merca-la felicidade".
Podemos o "común dos mortais" esquivar esta situación?. Si; dende o ensino, dende o exemplo, dende a reflexión... non fan falla grandes aspaventos nen actos de desesperación. Constáncia e dialogo; ninguén está en posesión de tódala verdade porque a realidade é trocante segundo o lugar e o momento... Adaptación e modestia de obxectivos para contribuirmos a unha humanidade mellor; como dicia Zeca afonso "un home novo...".
No hay comentarios:
Publicar un comentario