OUUUUuuuu
Hoxe vai facer un dia maravilloso... e compreto. Un día coma de primaveira como debe ser. Unha xornada de ledicia en todo o pais e para tódolos que empregamos a lingua dos galegos. Para min, sen dúbida, é unha xornada moi especial por que nela celebro tres acontecementos.
O 1° e mais significativo o cumpreanos da personificación da alegría que decidiu vivir conosco
Mais non podo esquencer que nesa mesma data estamos a celebar a "vida" da nosa ferramenta de comunicación mais importante e o simbolo sobranceiro da singularidade galega. Mentres os galegos empreguemos a nosa lingua para vivir o galego vivirá as mil primaveiras que lle auguraron @s escritor@s do rexurdimento.
Tamén celebro unha desas "chorradas" que trocan a vida (eu sabíao, pero non imaxinara canto). Un día coma hoxe saiu no BOE que colleria un nomeamento no INSALUD... e veume a luz de que ia vir para o Bierzo.En fin, cousas de "meigo-home".
No hay comentarios:
Publicar un comentario