MATRIX OU ORWELL...

OUUUUuuuu

Hoxe día do parasito... eu prefiro falar do transfondo que nos rodea de verdade con dous exemplos claros.

O primeiro se refire ó medo dos poderosos e ós sistemas de control que estan a por en marcha para evita-la súa caida. A UNIÓN POLAS LIBERTADES CIVIS de EEUU ven de facer pùblica unha nota (refrendada polo New York Times )sobor da existencia dunha lista "negra" de 120000 persoas tildadas de posibles terroristas tras empregar un software de cruzamento de informacions entre bases de datos. Dito software, promovido por diversos estados da unión e pagado con fondos federais, é un eslabón nunha cadea de sistemas de vixiancia e control implantados nos derradeiros anos (echelon , haarp , carnival, equifax...)que fai que a aparente liberdade persoal o seña só coma a da auga dentro dun vaso.

O segundo se refire á aparición pública da riqueza de certos persoeiros que ata o de agora pasaran "desapercibidos" ... Amancio Ortega, A duquesa de Alba, Florentino Pérez... saltan á opinión "publicada" coas súas fortunas á vista.¿que clase de manobra é esta?.

No hay comentarios: