Somos parvos ou fannos?

OUUUUuuuu

Dous eventos ou sucesos que acontecen este días e que estan opostamente relacionados e unha frase que fai tempo lle escoitei ó meu mellor amigo me chaman poderosamente a atención estes dias...

O tema é que se está a producir unha escalada no prezo do petroleo que ven en circunstáncias ainda non ben explicadas (que si o ataque a Basora, que si o aumento de reservas, que si os chinos e os indues xa consumen coma os occidentais... ). Eu teño a creenza de que estas circunstáncias teñen mais que ver co reflictido na páxina de CRISIS ENERGÉTICA

e co contido deste informe sobor da TECNOLOGIA PARA EL DESARROLLO HUMANO Y SOSTENIBLE (en formato .pdf ) ainda que, como veredes si visitades a páxina, o debate sobor de si as reservas petrolíferas segueran a crecer ou non segue aberto. O que si semella claro é que o "petroleo doado" semella chegar ó seu fin e que cada vez mais a principal fonte do recurso serán os paises do entorno do golfo pérsico. Con esta perspectiva non sería descabellado pensar en: Facer as maiores reservas posibles ante calquer troco na situación politico-militar na zona ( como o evidente alonxamento entre USA e Arabia Saudí ), O prezo dos combustibles do noso insostible modelo de enerxía-transporte non voltará a baixar moito ( os supostos impostos que deberían regular este consumo estan a ser empregados para repartir entre todos a inxustificable baixada de impostos ós que mais teñen e non o empregan en producir, as petroleiras "modulan" o mercado para obeter sempre os maiores benefícios, o "baile" do euro e o dolar é sempre benvido á hora de especular...).

En fin que como profetiza o exministro ingles de medio ambente Michael Mearcher: "la civilización afrontará la perturbación más aguda y, sin duda, la más violenta de la historia reciente".

E nelo estaba cando lin un artigo no diario El pais no sup sociedad - futuro do 5 de maio de 2004 (disculpade que non poña link, pero estes do pais xa non queren que as cousas se difundan) sobor do 50 aniversario da célula fotovoltáica e vin como a 1° célula tiña un rendemento dun 6% e coidei que agora xa estaríamos no 40%. Cal foi a miña sorpresa ó ver que na producción masiva andamos nun escaso 15% de rendimentos mentras que experimentalmente se ten chegado a un 35% ... i entón lembrei a frase do meu amigo que dicia "a bombilla que non se funde está inventada, pero a ninguén lle interesa producila e pagaron para oculta-la patente".

En verdade seremos tan parvos como para vivir con este dogal enerxético en non sermos capaces de investir en modelos enerxéticos sostibles e, ó mesmo tempo, implantar unha sociedade non baseada no crecemento contínuo?

As crónicas do desastre enerxético están escritas só lles falla a data e o nome das víctimas entre as que seguramente estarán os nosos ou os dos nosos fillos.

Como conclusión podo afirmar aquela frase dun político (lenda urban? ) que dicia:" Ciudadanos hace unos años estábamos al borde de un precipicio... hoy; hemos dado un paso al frente."

No hay comentarios: