OUUUUuuuu
Xa fai tempo que non se edita esa tira de banda deseñada... dous espias a darse mamporros todo o tempo.
Case tódolos usuarios de internet temos un programiña para compartir arquivos, alguns o teñen "rulando" todo o tempo de conexion, outros só pola noite ou mentres non empregan o PC para outras cousas, outros o teñen nunha "máquina" aparte. O certo é que o P2P é unha actividade moi frecuente e que as empresas de redes o saben e tamén o saben as empresas de dereitos de autor (unha especie de patente de monopolio sen pagar patente). Tódolos programas gratuitos son susceptibles de conter spyware, o mais coñecisdo é Kazaa que ten polo menos 3 programas de ad-ware; eu emprego o emuleplus(1h) e estou bastante contento con él... ata agora. Neste ARTIGO da ven unha clarísima explicación do que estan a facer os nosos "corsarios modernos"... evidentemente os programas teñen alguhas proteccions e podes baixar o programa que che recomendan para evitar eses "pings" ou "whois" i esa toma de datos, mais: ¿canto tempo poderá ser así?. Eu penso que é momento de ir practicando coas modadlidades de P2P que non precisan servidor (o coñecido coma overnet).
Falando de patentes de corso e informática, segue a polemica entorno ás patentes de software; é un tema moi comentado en campaña social rexeita-la patentabilidade das ideas de software... pero, os grupos monopolisticos estan de volta á carga e a presidencia da UE (Irlanda) presentou unha nova redacción do proxecto na comisión. Tendes unha Explicación detallada e moitas ligazons ó respecto en A Casa Encantada .
Para rematar dicir que as semellanzas entre a moción de Ponteareas e a de Verín non fan mais ca confirmar que o sistema politico-electoral actual precisa un troco que otorgue maior control á cidadanía sobor dos representantes electos. Un troco que permita decidir de verdade a quen se quere elexir e que permita revocar do cargo os representantes por referendum.
No hay comentarios:
Publicar un comentario