OUUUUuuuu
Veña, un completo "berciano".
1°- Como xa temos comentado noutros post (que non linko por non amolar) o pretendido exercito de ocupación ianqui en iraq está composto nunha importante cuantía por tropas mercenarias (prohibidas polas convencions internacionais) que actúan prolongando "virtualmente" o estado de "no mas land" que xa impera en Guantánamo. Esto permite que os governantes ianquis se adiquen a limpa-las súas conciencias (conque cona se "chutarán" denantes de durmir estes cabrons?) castigando a uns cantos chivos expiatorios polas torturas en iraq. Para que vexades que a opinión da miña comentarista politica esta no certo leede este ARTIGO DA BBC
2°- A seguir cos secuestradores de navegadores; a historia do post anterior vese ampliada polo que conta este home noutro artigo de no que vemos o difícil que se vai por navegar por internet sen as proteccions axeitadas...
3°- Como xa falei neste POST a actual suba no prezo do petróleo non ten nada que ver coas acontecidas ate o de agora... e xa en moitos periodicos escomenza a soar o que se chama o "peak" do petróleo (o cenit da producción de petróleo):Le monde, New york times , El pais , USA today... pero si queredes verlle a faciana á realidade mirade este ARTIGO APÓCRIFO é realmente desalentador... pero é necesário. Cando estas cousas acontezan xa será tarde, mais o certo é que a predicción de "guerras preventivas" ven de cumplirse (Afganistan para abrir unha ruta a un oleoducto, Iraq para tomar uns xacementos).
4°- Mentras, os "chisteiros" (porque fan máxia coa memoria da xente) do PP propoñen agora que Galicia se vexa compensada polo desgaste medioambiental que supon a producción enerxética; e se enchen a boca coa participacion cidadan na politica medioambietal da xunta... ¿e porqué non no resto da politica da administración anémico-caciquil?.
5°- Estou ata as narices da puta boda... o 19 sae unha camiseta coa revista "el jueves" ainda que me molaria mais unha camiseta coa bandeira da república (que vos lembro que non é ilegal).Estou por mercar unha desas que fan para os hinchas do fuchibol e pintarlle a franxa superior de morado. Lembrade tamén que a "trepa" non estará incluida no artigo 490 do código civil ata que diga "si, quero"(rirme de tódolos pardillos que pagan isto).
No hay comentarios:
Publicar un comentario