As montañas do norte.

OUUUUuuuu...

O primeiro favor que nos fan as montañas é que nos axudan a ergue-la vista
.

Para min é a frase mais senlleira das ditas na conferencia de presentación do DVD impulsado pola plataforma para a defensa da cordilleira cantábrica presentado o día 30 de xaneiro no salon de actos do edificio de usos múltiples da ULE en Ponferrada.

Un pequeno gran documental sobre esta formación montañosa que eiquí estivo antes ca nós e que seguirá malia as desfeitas que o irreflexivo actuar dos humanos faltos de perspectiva.


O DVD narrado por Joaquin Araujo na versión en castelán ten pistas de son en eskara, asturianu e galego (traducción do novo home para todo da CRTVG: Xurxo Souto) e se apoia en fermosísimas fotos de diversos colaboradores da plataforma e nunha banda de son feita específicamente para a obra por Lolo Moldes.

Lonxe de quedar nunha descripción da orixe e características desta cordillera, a obra abrangue os aspectos mais delicados como o impacto das infraestructuras e das actividades humanas e como perxudican á estabilidade dun sistema complexo e rico como é o da montaña.

Hai signos de ameaza e de esperanza; do roteiro que @s cidadans permitamos que se siga dempenderá a HERDANZA que lle deixemos ás persoas que aínda non coñecemos (por non teren nacido) mais ca dependen do que nós fagamos para que non lles pase isto...



Gostei moito da resposta que se deu respecto a como cadra-la necesidade de mais enerxía eólica e a conservación do medio: "Que se fagan os parques eólicos en Marina D'or"...

Silencio de escandalo

OUUUUuuuu...Si, recoñezo o meu silencio durante o tempo no que o conflicto foi público; recoñezo que falar do conflico humano nas terras de Palestina é moi complicado dende unha neutralidade total, recoñezo as miñas limitacions de cidadán medio con acceso sesgado á información e submetido á presión dos medios in-comunicativos e recoñezo que o meu exercicio profesional fai que o argumento principal sexa o da vida.

Teño escrito algunha vez sobre este conflicto e sempre quedo coa sensación de non deixar todo ben dito... agora este 'episodio' pilloume de viaxe e non fixen pública, no seu intre, a observación que me dixo a miña comentarista: "Esto remata coa toma de posesión de Obama" mais sácoa do caixón porque, verdadeiramente, foi así e porque; aínda mais importánte, o mais salientable de todo ese período de criminalidade xeneralizada entre dúas organizacions recoñecidas internacionalmente e respaldadas polas súas poboacions o mais salientable, repito, foi o silencio público-impúdico de Obama.

Nós pensamos nunha manobra calculada, nun deixar facer antes da toma de posesión para logo ter un tempo de 'tregua tensa' ata que o novo presidente tome posición no conflicto...O atasco da situación cada volta me convence mais de que ámbolos actores saen beneficiados polo conflicto; Israel obtén grandes beneficios das axudas ós refuxiados que obrigatoriamente entran polo seu territorio logo de ser trocadas as divisas de pago (€uros e Dolares) en Shekels e mercadas as vituallas en Israel, almacenadas e transportadas por empresas xudeas (···) un bó negocio. Hamás saca rédito do asedio e dos ataques pois cada volta a poboación móstrase mais decidida a acepta-la lei islámica e un estado represivo co obxectivo de liberarse de semellante presión; e hamás fai ben o seu papel de adoctrinamento e de emprego da poboación civil própia como escudo e da allea como obxectivo.

Eu pído disculpas polo meu silencio; mais pouco podo facer nun conflicto no que acusar a uns semella apoiar ós outros.

Riscos e beneficios

OUUUUuuuu... Solbes e ZP se preguntan porqué a banca non presta os cartos que se garanten co plano de recuperación económica; e dicir, cos nosos impostos. Sinxelo, a banca non atopa beneficio dabondo para o risco que calcula; porque, agora si, a banca calcula o risco dos préstamos que fai.

A gran banca española mantén a súa apariencia de beneficios brutais mais precisa das garantías gubernativas...en calquer outro sector deixaríase caer ós débiles e punto.

Eu vexo que co actual tipo de xuro á banca non lle cubre prestar cartos nen co dobre de comisión que estan a cobrar agora.

Engadese o problema da financiación do propio estado que ten agora unha menor cualificación (ainda sendo das mais seguras) e deberá pagar un maior xuro para atraer compradores... o que xerará mais débeda. A nova de que os aforros da seguridade social se van a investir na débeda do estado a mín sóame a 'autocartera'; será dabondo? non estremos a 'enterrar' os cartos das pensions do futuro?.

A situación semella unha pandemia de gripe que está aínda na primeira oleada... quedan outras dúas.

Cando o obxectivo é silenciar.

OUUUUuuuu...A sociedade actual componse de apariencias.

A apariencia de democracia ben coidada ten unha serie de fendas nas que destacan as referentes á elexibilidade dos membros dos diferentes poderes non lexislativos e á potestade dos votantes para revocar a confianza prestada ós electos; mais hai outros aspectos mais ladinos da apariencia democratica que están a ser pasados por alto incluso nos círculos mais reivindicativos coa democracia.

O tema é a elexibilidade e o propio sistema electoral. No canto do primeiro podemos falar das dificultades e impedimentos legais que teñen algunhas forzas que son xulgadas polos nomes que nelas aparecen e se lle fan esixencias que non se fan coas forzas establecidas co único e non disimulado fin de que unha fracción da poboación non participe nos cómicos (si cómicos de comedia) e, alterando as proporcions verdadeiras das opinions da poboación, facer políticas contrarias ás aspiracions lexitimas de esa fracción silenciada.

Do sistema electoral non fai falla explicar moito pois aínda así e todo algunhas forzas do stablishment se ven amplamente perxudicadas polo sistema e, malia denuncialo, non fan nada serio polo trocar.

O certo é que o bipartidismo imperante xa non oculta a súa intención de silenciar e facer desaparecer ás formacions que non defendan a orde económico-militar reinante e as estructuras educativas e de promoción encargadas de asegurar a súa permanencia. Neste estado das cousas qué pode facer un cidadán consciente? Votar.

A primeira e as derradeiras decepcions...

OUUUUuuuu... Hoxe, agora, é o intre no que rematan as promesas e o novo lider visible da potencia que nos levou á actual situación das cousas (finanzas, enerxía, medioambiente, inxustizas...) escomenzará a chocar de xeito doloroso coa realidade, coas trabas, cos rodeos, coa imposibilidade. Escomenzará o tempo da decepción para él e para as persoas que o votaron.

Ó mesmo tempo, no pais dos galegos remata o tempo da decepción para quen confiou no pacto de gobernabilidade e coidou que habería UN goberno galego cun PROGRAMA COHERENTE e uns principios e xeitos diferentes que os que rexeran durante os derradeiros 16 anos.

Será que gobernar é decepcionar? que triste, escomenzar por se decepcionar a sí mesmo...ou non? O poder executivo, elexido indirectamente polo cidadán e lonxano do seu control semella aínda mais alonxado do principio do 'goberno dos bós' que clásicamente se preconizaba; ou se cadra non.

A actual crise é o caldo perfecto para o populismo e para o xurdimento de reximes facistas mais non teñen en conta o plantexamento global do tema e que, desbota a posibilidade de trasladar a explotación laboral cara outra parte (bueno, aínda queda áfrica) porque, si se mira ben, os paises que estan a superar o bache con menos atrancos son os que fundamentan as súas economías na explotación indiscriminada dos seus recursos naturais e humanos (si, polo capital alleo). Unha crise así non se resolve sen mais víctimas.

RIP DEMOCRACIA.

¿Huelga la justicia?

OUUUUuuuu... Si, o título está en castelán...e qué?

A xustiza é unha das travesas que sosteñen a unha sociedade dende que van uns miles de anos os seres humanos atinaron a organizarense como tales; é mais, eu coido que a XUSTIZA está no cerne do nacemento da ferramenta principal de comunicación entre os humanos: a linguaxe.

A xustiza en termos normais faise entre persoas; é dicir unha persoa xulga o que outra fixo (ou non) segundo uns criterios e atendendo (ou non) a unhas probas. Isto é así, inclusive nas teocracias (Vaticano, Iran...) e as persoas que "fan xustiza" están tamén suxeitos a ela... ou non?.

É curioso o caso destes "traballadores" que se auto-impoñen o réxime disciplinario... sería como si en Citroën o comité de empresa puxera as sancions ós traballadores e cando a empresa manifestase o seu desacordo os traballadores se puxeran en folga.

Non resto razón ó argumento do pauperrimo estado da administración de xustiza, o seu atraso e a enorme carga de traballo que arrastra, a falta de planificación de recursos humanos e do emprego das tecnoloxías da información para axilizar os procedementos, evitar duplicidades e mellora-la transparencia e accesibilidade do sistema xudicial. Mais elo xa ven de moito atrás e soliviantarse deste xeito agora non demostra mais que un certo medo ós erros propios moi da moda dos efectos adversos causados pola atención sanitaria...

Moito se fala da necesaria 'independencia' do poder xudicial... mais si os outros poderes están submetidos á decisión DIRECTA da cidadanía, porqué este non?. Non estaría de mais que os organos disciplinarios de xuices e fiscais fosen de elección pola cidadanía.

É preciso un pacto entre estes empregados públicos e a sociedade que antepoña o mantemento dunha XUSTIZA con garantías e eficaz, transparente e accesible e que permita ós maxistrados retoma-la confianza que, perciben, están a perder sen por elo xustificar fallos ou escondelos.

Holgar: Sobrar, ser inútil. (RAE).

¿Huelga la justicia?. Non, a xusticia é precisa e non debera ter motivos para poñerse de folga.

Patagonia, agardando o seguinte erro

OUUUUuuuu... A historia da "colonización" da patagonia polo home occidental é a de unha sucesión de erros, soedades e bravura. Unha clara demostración de como as actuacions ben intencionadas pero mal reflexionadas causan estragos no medio no que se interven e, o peor, non ten posibilidades de acadar o resultado desexado.

É o caso dos castores introducidos para a explotación peletera e que por mor da ausencia de depredadores non valeu para elo e se ten convertido nunha praga que ameaza os bosques ribereños non só da illa grande de Tierra del Fuego senon tamén das illas de mais ó sur e da parte continental na que xa están a dar problemas. O coello de castela foi outro caso que se solventou coa mixomatosise mais que antes propiciou outro erro coa introducción do zorro gris. A explotación gandeira de bovino e ovellas e a caza ameazaron a Guanacos e Llamas (ata a case extinción dos primeiros) e teñen en perigo ós Pumas que, como todo na natureza, non entende de balados nen fronteiras.

A explotación petrolífera e o tráfico marítimo teñen ameazadas as especies mariñas como Pinguinos e Leons Mariños e a expansion turistica precisa dun mellor control para que toda a beleza que viñemos a contemplar non se perda "morrendo de éxito". Non chegan as instruccions ós visitantes, son precisas algunhas restriccións e sancions para que as persoas tomen consciencia do importante que é conservar estes paraisos.

E non só hai que tomar medidas locais cos visistantes, hai que facer sensibilización... dos glaciares que levo visto nesta viaxe só un non está en franco retroceso e os propios lugareños comentan que estes verans con tantas precipitacions e vento non son os habituais na zona... o clima troca e ten que ver co que facemos e como o facemos así que está en nós, en todos nós, poñer remedio.

A outra fin do mundo

OUUUUuuuu... Non, non me vou poñer apocaliptico agora mentras estades tod@s de festa. É que viñen pasar estes días de vacacions escolares a un deses extremos da terra que soan a lenda: Ushuaia.

Estou moi feliz de estaren na "5ª provincia" é un pais moi agradable e ten grande diversidade de recursos humanos e físicos e unhas paisaxes espectaculares. Con todos eses recursos ben podían ser unha nación tan poderosa como o seu veciño de arriba, O Brasil, mais varios factores endóxenos e un sistema financieiro ben engraxado para sacar calquer rendemento do pais sen dar oportunidade á creación de riqueza fan del unha "eterna promesa".

A enormidade da paisaxe pampeña, as distancias colosais, os recursos de todo tipo e algunhas obsesions particulares deberan ser dabondo para ter unha sociedade potente, desenrolada económica e técnicamente.

Bueno xa escribieri mais.

Sintomas, Signos e fora da tolemia

OUUUUuuuu... Un sintoma non se obxetiva, tes que confiar no que escoitas dicir ó doente; Tardá deu síntomas de fascismo e de un excesivo vencello coa historia. Berrar "morte a tal..." non ten xustificación por moito que o mentado fora xa morto vai moitos séculos ou sexa o sucesor nomeado e consentido dun xenocida, inmune á lei e cometedeor de diversas estafas filosóficas i económicas. Non ten sentido nunha nación democrática ou nun proxecto político democrático manifestando desexos de morte.

Un sígno é algo obxetivable, pódese tocar, verificar en análises e imaxes. Así si analizamos os documentos do goberno franquista veremos que un señor apelidado Fraga iribarne estivo presente e consentiu "colgar" a outros seres humanos, deu orde de reprimir mediante a violencia a moitas persoas e non só en aquel goberno dictatorial senon cando voltou a exercer o poder por vontade do pobo; todo elo comprobable nos arquivos dos medios de comunicación e nos oficiais (algún día).

A tolemia "Mad" sácanos fora da realidade "off". O afán da usura, transformase en 'dereito' sen ler na letra pequena... Pensan que poden pretender gañar 'algo mais' investindo en 'alto risco' sen ter, en verdade, risco. Así os estafadores son estafados e piden apoio da súa vitima: O estado.
Outra proba mais da feblexa dos controis dos mercados financieiros que tanto preocupa nos círculos esquerdosos mais ¿porqué non se preocupan, de verdade, de que tódolos beneficios sexa da clase que sexan paguen impostos no lugar onde se producen?
Madoff non vai ser un caso aillado quedo por saber cando 'reventaran' os fondos dos paraisos fiscais...

30 e 1 día

OUUUUuuuu... Como as condeas.

Confundir estabilidade con inmobilismo leva as situacions de tensión crecente que se viviron hai 30 anos e agora se están a incrementar porque a 'sentenza' ditada polos que puideron votar o que lles botaron daquela non queren que agora podamos elexir. Polo de agora estase a argallar unha reforma gatopardesca como aquela de xeito que semelle que o que se propón e o mal menor mais nesta ocasión non se vai a empregar a ameaza do exercito golpista senon a miserenta realidade dun sistema económico 'ficticio' que nos ten prisioneiros do suposto risco que supón calquer reforma que leve a unha responsabilidade cidadan no propio goberno.

Así as cousas é mais doado para o cidadan normal non pensar en como mellorar o sistema ou en que pode facer verdadeiramente para trocalo senon adicarse ó edo-egoismo diante do televisor mentras é adestrado para gastar todo o que conquire co seu traballo en cousas que nen sequera sabía que existían.

Disponse de ferramentas para que @s cidadans nos organicemos e nos comuniquemos mais esto sempre remata chocando contra a realidade dun sistema electoral que fai que as persoas se comporten como si fosen a facer unha compra no mercado e só lembran os anúncios polo que suxiren e non polo que verdadeiramente hai de transfondo.

Claro que ós de TVE fan un paralelismo maior e falan do "espíritu da democracia" coma a película de terror que é o actual sistema.

Hoxe pensaba.... Burla, incompetencia ou colonia

OUUUUuuuu...Eu hoxe ben pensara en escribir neste blogue cousas desas sen siso que me saen das mans (non falo, escribo), cousas que me veñen ó caletre nalgún instante entre que desperto (coido despertar) e volto ó leito, pensamentos que me atravesan e me queiman facendo unha estela que desexo facer pegada permanente nos bits das notas deste taboleiro sen lectores, pensaba contarvos de avions que leva(n(ban) xente encapuchada, atada de pes e mans; xente denigrada mais viva, privada do DEREITO mais con dereitos, persoas con supostos graves crimes contra outras persoas mais que seguen a vivir. Pensaba falar da ignorancia que nos atribuen os que (pensan) acada-lo cumio da sociedade e facer e desfacer dende alí ó seu antollo; pensaba que son incompetentes si en verdade non sabían o que acontecía nas bases aéreas baixo a súa responsabilidade de goberno. Tiña gañas de despacharme sobre o uso colonial que fan as forzas armadas dun pais do territorio de outros. Coidaba que todo eso era moi importante...

Pero veu unha xente sen siso nas mans, sen caletre de verdade, co corazón durmido sen pensamentos, só con ódio e me queimou as ideas antes de chegaren á casa. Xente encapuchada na cabeza e/ou no corazón que cometen actos criminais INXUSTIFICABLES e privan de TODO a un(ha), coma mín, persoa (cos meus moitos erros pero con igual dereito á vida). Ignorantes do que desexa a sociedade que só demostran que saben desfacer porque, qué clase de patria se construe sobre mortes cobardes? (sobre ningunha morte, mais ainda menos sobre as cobardes). Incompetentes para rematar cun conflito que dura xa mais de 2 xeracions, irresponsables que sementan odio ó que din amar pois a forza armada só xera mais forza e o principio acción-reacción é tan infantil coma inutil...

A morte dunha persoa o día que morren 100000 non debera contar mais a vileza do acto, a cobardía; non fan mais que manchar o nome do que se dí querer salvar.

Tiña verbas sobre o motivo económico, o trasfondo desta vileza mais non podo, non quero teclealas...

As verdadeiras propostas

OUUUUuuuu Neste intre que vivimos, que xa nin me atrevo a calificar como crise ou non-crise ESCOITAR convírtese nun exercicio de xordos...

As mensaxes mais claras se atopan nas páxinas salmón dos diarios e poñen no inamobible tipo da imprenta as verdades que circulan na rúa. As empresas están a aproveitar a sensación de derrumbe para facer limpeza (despedindo a traballadores-base vell@s ou enfermos), os poderosos fan negocio recollendo os cartos dos impostos que eles non queren pagar i empregadoos noutros negocios mais non en tapar os buratos financieiros porque ¿como tapar un burato de algo QUE NON EXISTE?, os partidos aproveitan a situación de desamparo da cidadanía para acadar mais control sobor dela negando a evidente falta de DEMOCRACIA. A sociedade está a perder o tempo de atopar solucions ós problemas verdadeiros como a dependencia enerxética ou a destrucción do medio ambiente.

Alguns políticos falan claro; Piqué por exemplo pide o despido libre, a eleminación dos subsidios de desmprego e das clausulas contra a mobilidade xeográfica. Piqué insiste nos erros do pasado adxudicando ós EUA o papel preponderante que xa non é capaz de manter e recoñecendo, como de pasada, o escenario aberto que é agora a economía mundial. Fala da alta productividade da economía americana como si fose eso o importante... si, son productivos mais moi deficitarios; si, son productivos mais con INMENSAS DESIGUALDADES; si, son productivos mais eso non repercute na maioría...

Claro que Piqué e outros se adican agora a dirixir empresas IMPORTANTES que non poden parar nin arremangarse e que si 3 directivos teñen unha reunión a 500 km. co goberno que vai a expoliar á poboación dos seus impostos para dárllelos a eles acuden cada un nun avión privado e logo van a celebralo nun SPA de superluxo. Piqué e os outros neocons xa saben ONDE ESTABAN AS ARMAS DE DESTRUCCIÓN MASIVA; no sistema financieiro.

Mágoa que o único partido emerxente o seña en base a unha mensaxe nacionalista (centrípeta) e non a un programa social que lle diga claramente ás persoas que teñen iniciativa que adiante co seu esforzo e o seu traballo mais tamén lles transmita que OS PELOTAZOS REMATARON e que a riqueza que se xenere ten uns mecanismos de reparto que deben chegar a toda a sociedade.

¿PORQUÉ NON UN IVE FINANCIEIRO?

Está claro que a avaricia acaba por vencer á razón e que onde uns teñen un beneficio hai outros que queren imitalo e se producen as cascadas de negocios da mesma índole ata que 'bum' estoupa... e agora hai que rescatalos da súa propia avaricia. Si cada compra e venda de activos estivese gravada cun IVE como o está cada barra de pan que mercamos os que non temos mais investimentos que o que comemos veríamos si eran tan avarentos ou si lles prestaban os nosos cartos tan alegremente. SI digo "os nosos cartos" porque xa sabedes que o que move a economía dos ricos son os cartos que os pobres coidamos ter ben gardados no banco. 1000 cidadans medios depositan os seus aforros e as entidades os prestan para que un 'listo' faga negocio... si non os pode devolver...

O petroleo baixa mais do 50% pero o combustible só un 25%; u-lo resto? no peto dos accionistas, os mesmos que pedirán rescates e subvencions cando a cousa vaia mal.

As empresas dos partidos

OUUUUuuuu... Onte pola tarde escoitei varios fragmentos das intervencios do debate parlamentar sobre as medidas que o goberno pon contra os efectos da crise.

Nun deles escoitei a Zapiavelo respostando ós argumentos empregados polos outros grupos parlamentares e, cando lle respostaba ó señor Duran escomenzou por lle reprochar que non apoiase os presupostos do estado para marcar diferencias respecto ó tema do financiamento autonómico; porque, lle dixo "estoy seguro de que se trata de una posición política". Mais, no fío delo ZP lle convidou a estudar conxuntamente as medidas adoptadas e os presupostos tal e como se fixera co imposto de sucesions de xeito que, como naquel caso, se acadesen ACORDOS INTERESANTES PARA AS EMPRESAS DO SEU PARTIDO; así como soa.

Por si algún aínda pensa que os politicos defenden os intereses dos cidadans... é evidente que no actual marco protodemocrático no que prima o financiamento das campañas dos partidos no canto das súas propostas e o cumplimento das mesmas son os grupos empresariais os que levan o control das formacions políticas. Non de unhas en particular: DE TODAS. Só se diferencian no tamaño (económico) das empresas que forman o partido.

A coroa que fala os poemas mortos e as vitimas

OUUUUuuuu... Si no canto de ouvir escoitaramos.

Levo defendido moitas voltas que reabrir feridas do pasado non leva a nada mais que hai feridas que están abertas porque non se pecharon no pasado. Hai quen dí que non houbo transición porque os aspectos esenciais do réxime anterior non foron tocados ó instaurase esta 'proto-democracia'; é mais, sostense que o actual sistema xustifica a existencia do anterior e a validez do seu método de instauración. Houbo unha guerra con toda a cantidade de víticmas que trae mais tamén houbo vítimas que se deberon a unha operación de limpeza sistemática dos elementos afins ó bando opositor. A diferenza é que ó gañar un bando os seus afins pasaron a ser mortos-martires e os dos outros desaparecidos-criminais.

Morreron mais de cenmil persoas, millons de poemas mortos que fixeron agromar poemas de amargor na vida de quen si sabía que eles ficaran nalgures esnaquizados pola tolemia de quen sostén a súa razón na forza. Coido que é xusto que se poda percurar os seus restos e darlle o tratamento que se considere oportuno.

Pero, ó entrar na xustiza temos moitas dificultades polas razons que xa arriba expliquei; o sistema non se pode procesar sistematicamente a si mesmo, acabaría estourando ó tentar aplicar os supostos principios que agora ten na súa orixe. Non pode pois permitir que se sistematice á percura da verdade e da xustiza de porqué aquela barbarie, a súa barbarie primixenia. Non vai permitir que se destape o lixo do seu interior mais lonxano e non vai tolerar que llo veñan a mostrar de fora por moito que se fixera o mesmo papel cara a outros.

Mais a demagoxia chega ó máximo cando non se quere aplicar a mesma "non-transición" ós conflitos actuais... Hai un cidadan privilexiado encaramado ó seu cargo naquel 'abracadabra' que se adica a falar en convites de toda casta do barbaro que é ir estrando as cunetas de mortos en nome de non sei que patria. Ten razón mais é unha razón HIPÓCRITA. Pola mesma razón TODAS as vítimas non só merecen recoñecemento como tales senon que MERECEN COÑECER A VERDADE, os motivos, as circunstancias, ós responsables...

Outra cousa ben diferente é que as vitimas sexan sacadas a colación no intre de dialogar sobre as bases nas que se fundamentan as diferencias; dende o meu punto de vista, si cada vez que na 'non-transición' se quixera falar de como se ia a organiza-la sociedade no futuro se puxeran a aquelas cenmil vitimas na mesa a resolución sería: "Pero queredes mais vítimas?". Así saiu o que saiu; nin recoñecemento nin DEMOCRACIA, un maxmix perralleiro.

A coroa esa que fala debería dicir que as recoñecidas vítimas merecen apoio e consolo; recoñecemento e resarcimento mais que non poden ser postas na mesa como argumento porque entón o argumento da parte opositora sería: "Cantas vítimas mais son precisas?". É simplemente escoitar o que se dí... si unha negociación non se fundamenta en argumentos senon no desexo de 'non derrota' dunha parte a outra parte vai respostar: "Aínda se queren mais vitimas?". Por desgracia hai moitos conflitos semellantes no mundo; oposotos totalitarios subidos a carros cheos de desgracia humana dicíndose os uns ós outros:" Eh, que ainda podo matar mais...".

Xa se soubo que o proceso de paz fracasou antes de nacer porque nas dúas partes non había intención de negociar. En ETA non había a reflexión que é precisa, para aprender que o camiño da violencia non leva a esa lóxica de acción-reacción de consecuencias liberadoras; senon a un hastío, a unha fartura de dor e sufrimento, de despropósitos. Do lado dos 'demócratas' a decisión tomouse por vez primeira no parlamento mais coa premisa de derrotar mais ca de negociar; e derrotar non era facer calar ás armas senon facer calar as (inxustificables fronte a vida) 'razóns'...

A margarita da intervención

OUUUUuuuu... Están a mexar por nós e dicimos que chove.

Hoxe inteveño, mañan digo que rematarei cos paraisos e reformarei, pasado que debo acudir ó cúmio mundial, e nunha semana veño falando de evitar o intervencionismo. Ó día seguinte o presidente dos empresarios sae proclamando a vixencia do capitalismo e reclamando o libre despedimento e a retirada de tódolos impostos e taxas.

Hay que definirse...

Intervencionismo si: Pois hai que por controles e límites, incluso impostos ás transaccions financieiras; normas clara de valoración e de cuantificación de riscos e a eliminación das ferramentas financieiras artificiais non sustentadas por bens físicos de valor inferior; a creación dunha nova xeira de impostos graduados segundo o incremento do beneficio respecto ó periodo anterior en función do emprego e a facturación como xeito de evita-la economía especulativa.

Intervencionismo non: Pois; seguindo os principios do libre capilismo, hai que deixar que cada quen pague os seus erros; que os bancos quebren e que os seus directivos sexan levados ós tribunais polos accionistas estafados, os aforradores e os acreedores. A administración quedaría cos bens e garantiria, na medida do posible, os empregos. Crearía liñas de crédito para empresas e familias e implantaría as medidas de apoio xa anunciadas (porque para iso non fai falla a banca, ou si?).

Pero no canto de eso imos por fases; cando a cousa ia moi mal para eles... intervencionismo; cando a economía vai mal porque eles non prestan os cartos... non intervencionismo.

Que o pinten como queiran: esto é un GOLPE DE ESTADO.

Competitividade de quen?

OUUUUuuuu... Está claro xa a estas alturas que as dores da crise lle duraron ós neocons o que un caramelo a un pequeno; xusto ata que os gobernos 'rescataron' ós bancos.
Agora céntranse en que non lles toquen o escondite... Nin falar de taxas nas transaccions nin de eliminación de zonas opacas de control.

Como a traición dos gobernantes deixa en mans dos mesmos bancos a concesión de créditos resulta que agora os cartos que se lles ofreceron para salvalos non se prestan co que o efecto do problema é o mesmo.

Zapiavelo e o resto de titeres veu coa lección ben aprendida: Baixar impostos (relaxación fiscal dixo), abaratamento dos custes laborais (despido, aportacions SS) e mais cartos para que a banca teña balanzos sanos...mais; non era que a banca española estaba nunha magnífica posición?, que falta lles fai pagar menos impostos si teñen beneficio igualmente e seguen medrando? hai 'gato encerrado'.

Estase a introducir competitividade si, mais competitividade non entre empresas senon entre sociedades; o nivel de impostos, o nivel de protección social, as esixencias de seguridade no traballo, as esixencias medioambientais... sempre son sinaladas polos neocons cando se laian de que "outros gañan mais por unidade producida..." outros que son eles mesmos, con outro disfraz.

Teñen á xente na sopa boba da tele (futbol rosa e leviatan) e aínda así o que pensa a maioría é que nos están a estafar; outra cousa é que se faga algo efectivo. A folga de banca propostas ten a carencia de non ofreceren alternativa para os cartos; cecais un conglomerado de minibancos facendo minicretos como os que se propuxeron para o impulso de pequenas empresas en paises pobres?.

Porque; existe modelo alternativo? A min que non me sinalen experimentos, que vexo eu moito listo falando mal do americano e metendo cartos a paladas en Suiza. Penso que un afondamento nos principios sociais e democraticos sería o inicio dun troco no que as empresas pequenas implantadas localmente e o producto local farían de motor que esquivaría a falta de financiamento pola súa pequena escala (coa axuda de minicretos) e os problemas inminentes de enerxía para a movilidade pola súa proximidade.

E que hai da taxa Tobbin?

OUUUUuuuu... Si algúen lee esto dirá que confundo o chourizo e a velociade; pode, mais non resisto a quedar co pensamento no caletre. Mirade, os amos do universo reuniron ós seus lacaios para que aparenten que se procurará un novo sistema financieiro-económico que non premita que se xogue doadamente ó timo trilero cos cartos que aforramos e co crecemento desmesurado de sectores que son "investimento seguro e doado". Nesa xuntanza estaban alguns dos mandatarios de paises 'novos ricos' que coñecen perfectamente que un dos pilares do capitalismo é a explotación da diferencia, que o traballo (e a vida) vale menos nun lugar que noutros e que os recursos non son propiedade das poboacions senon de quen se fai con eles (coa forza, claro).

Neste mundo en permanente crise, declarouse agora a crise do capital; pola ruptura do espellismo do hiperbeneficio eterno... mais os que xa viñan padecendo a crise xa non notan nada. Unha das ideas para evita-la explotación e frear os fluxos financieiros indiscriminados que caracterizan ó capitalismo triunfante (agora mais ca nunca) é a denominada "taxa tobbin"; mais desta no cúmio nen chio.

Como pode axudar esta taxa? Sinalando as transferencias de capital (orixe e destino) e actuando como factor disuasor de transferencias sen outra intención que a especulativa (como as que se fixeron e se fan para manter ou facer caer unha divisa).

6 anos e autocrítica.

OUUUUuuuu... Levo con este(s) blogue(s) 6 anos, moito tempo na escala na que viven estas cousas. As situacions evoluen, un toma mais consciencia das cousas e a tecnoloxía evoluciona tamén. Nin que decir ten que daquelas eran ben poucos os blogues e moitos menos os escritos en galego; agora os medios in-comunicativos se rendiron á evidencia e permiten comentarios e votos nas súas novas e teñen un sistema de blogues dos seus opinadores, mais a natural proliferación de blogues vai convertindo o blogomillo nunha rúa onde, cada vez mais, abondan os grupos de coñecidos e se observan xa fai tempo autenticas campañas de "creación" de opinions a prol ou en contra das mais vario pintas ideas.

Repasando as situacions destes anos i enfocando na situacion actual quero manifestar a miña profunda tristeza e desesperación porque, coido, nengún 'actor social' tivo ou ten a coherencia dabondo como para facer a mais mínima autocrítica respecto ás accions non levadas a cabo ou reivindicadas para que esta crise (que non é cíclica, non vos enganedes) tivera un impacto limitado.

Como xa me teño despachado respecto ás accions do goberno e das entidades financierias hoxe voulle adicar unha reflexión ós 'reis da solidaridade' forzas de funcionamento "CORPORATIVO" que se arogan o papel de defensores de todo mais que, en verdade, só defenden con efectividade as súas prebendas e rendementos cara ó futuro. Os sindicatos non analizan cales son as reivindicacions que, apoiando ás politicas neoliberais e desmantelamento do público, crean bolsas de insolidaridade non resoltas; e non só non analizan eso con autocrítica senon que teiman nelo pois, claro, os que xa conseguiron 'retiros dourados' son o maior estímulo posible para que os que están agora nos postos de decisión queran conquerir o mesmo... U-lo ben común ou a solidaridade das prexubilacions en empresas que pasaron do sector público ó privado?; Endesa é un exemplo categorico: oficinistas de 45 anos que marcharon 'a vivir' con soldos de 250000 ou mais para que o PP puidera regalarlle os activos da empresa ós seus amigos; eso foi 'mercar silencios'. Acuden eses ex-empregados ás manifestacions polos actuais conflictos dos seus compañeiros? Dubido que entre viaxes, ximnasio e bar teñan tempo. Outra cousa é saber cantos estiveron sentados nas mesas nas que se formou a opinión de que esa era a condición para que a venda do patrimonio público se levase a termo.
As persoas son persoas estén onde estén e a falta de obxectividade é tan manifesta que, agora, pídese que os empregados públicos; dos poucos que, polo de agora, non temos que temer da crise (estamos na única empresa que segue a prestar -regalar- cartos...) piden prexubilacions. Inmoral. Coa que está a caer o que había era que revisar a cantidade de prexubilacions que se deron igual que había que pedir contas ós directivos das entidades financieiras polo beneficios, fondos, prebendas, premios, bonos ou como quixeran chamarlle que recibiron por balanzos 'trucados' para dar ganancias que agora son aire. Que iso aumenta o paro? mala escusa; ese paro puido ser asumido cando se produciron esas operacions mais daquela había que contribuir á 'pax social' e agora queren vir co conto de que "a crise que a pague o capital" non vexo eu que conquiran nada...ou si; enganar ós que pagan as súas afiliacions... pouco mais.
Teñen os sindicatos coherencia; non, nin poden. Porque como lle dí un sindicato ós traballadores de ENDESA As pontes que esa planta debería pechar, que é unha lacra para o país? Deseguida esa xente se daría de baixa e montaría un sindicato para manter o status actual, as persoas somos cómodas e resistimonos ós trocos, é a nosa natureza. Preparar alternativas...seica non vai con eles, eles xogan sempre á contra. Pediron o AVE e tardaron 4 anos en acair que o proxecto presentado desmantela os servizos locais e deixa sen transporte a multitude de persoas dos pequenos núcleos das áreas periurbanas incrementando o éxodo cara as cidades e a condea dos pequenos núcleos. Non teñen un modelo co que ser coherentes, tan pronto defenden o emprego de alternativas sustentables como piden que non pechen canteiras que non foron quen de denunciar por careceren de licencias ou polos estragos que causan no eido natural (patrimonio de tod@s) 40 empregos -e as súas afiliacions- ben valen o espectáculo de coaccionar a liberdade dos demais cortando estradas para defender barbaridades como as do Courel. Mais non teñen o valor de mover o seu desenrolado corpo xuridico para denunciar o que saben onde hai que facelo...

Así nos vai, si a este tipo de organizacions se lles concede o papel da defensa da sociedade... sen proxecto, sen coherencia, sen saida.

É útil retirarse agora de Afganistan?

OUUUUuuuu... Esto que vou expresar agora vaime causar alguns problemas porque semella unha clara incoherencia co que se supón que debo pensar: Os exércitos para as películas e as accions humanitarias en entornos de paz.

Mais non vos é así e teño que dicilo: Estes empregados públicos voluntarios están as ordes do que dispoña o parlamento en suposta representación da cidadanía e, nas accions fora do territorio do estado ou dos seus aliados, co apoio de resolucions favorables dos organísmos internacionais. Que o ataque a Afganistán é froito dunha montaxe?; posiblemente mais tamén é certo que alí agora hai unha inestabilidade manifesta e que os elementos actuais que puderan producir esperanza á poboación civil froito da reconstrucción de infraestructuras como potabilización de augas, dispensarios de saúde (arriscado dicir hospitais), centros educativos para tod@s e melloras nas comunicacions serían destruidos xunto co actual goberno títere non elexido democraticamente mais cun ordenamento xurídico que si respalda a democracia, cousa que o anterior réxime nin contemplaba.

Que non se lle perdeu nada á cidadanía española en Afganistán? pode, mais neste asunto houbo unha amplisima maioría no intre da decisión tanto nos foros internacionais como no parlamento estatal. Claro que non se produce a mesma unanimidade con tódolos reximes que teñen á metade femenina da poboación vivindo nun 'estado de psicoreclusión autoimposta' e un manifesto desprezo polos mecanismos democráticos para a súa gobernanza; non se é igual de drástico con paises que pisotean coas armas dos seus exércitos á súa propia poboación roubándolles incluso a axuda alimentaria que se lles bota dende avions como agasallos dun nadal lonxano.

Se cadra teñen razón os que piden a retirada do contixente militar de Afaganistán, se cadra fai mais falla arriscar o capital humano dos empregados do exército en accions de estabilización no centro de África, no Congo onde os intereses dos explotadores de recursos manteñen a ducias de bandas rivalizando polo territorio, aterrrorizando á poboación e destruindo calquer infraestructura física ou formal do que é un estado para impo-la lei da forza.

Se cadra a ONU debería impor un "protectorado político-militar" na zona, brindar a oportunidade de desface-lo lío de fronteiras e movementos étnicos que forzou o proceso de colonización-descolonización e verifica-la instauración de gobernos democráticos na zona

Se cadra debería despertar e pensar na crise que teñen os que non poder ter perdas e nas axudas que non reciben os que perden o seu emprego.

Se cadra.

A oitava marabilla

OUUUUuuuu... Seguimos en psicocrise e pasamos do concepto de desamparo ó de inferioridade... As burbullas do Ladrillet aínda non estouparon de todo na peninsula malia que algunhas caixas xa estan velas vir como a Laietana (rating BBB) mais, lonxe de se preocupar do especial impacto que esta crise revida sobre a crise da volatilización ZP e as forzas visibles (os invisibles somos os cidadans) preocúpanse de acadar unha silla na sala de reunión na que ficticiamente se 'refundará' o capitalismo.

A peninsula ibérica encerra moitísimos tesouros naturais e moitas obras humanas que merecen admiración e coidado, mais non vexo por ningures que o apilamento de 3 multinacionais de segundo nivel xustifiquen o que, ó meu entender, é a primeira estratexia transversal-flash levada a cabo por unha organización tan complexa como o goberno español: Somos a oitava repiten os telediarios, @s ministros, o da coroa, os bispos e o das barbas; somos a oitava corean as asociacions de seguidistas e palanganeros; somos a oitava din na cola do supermercado nai e filla...

O capitalismo non precisa refundacions, e si precisa estratexias para iso estan as verdadeiras xuntanzas dos poderosos (Bildenberg e demais grupos); o capitalismo non está en crise porque o sistema segue a se-lo mesmo e porque a única volatilidade que hai é a dos rendementos prometidos/debidos a millons de aforradores que se ilusionaron por batir á inflación e se atopan co perigo de perder o que investiron; volatidade, bonito palabro para designar que os cartos voaron... ¿cara a onde?, malia ás palabras de Sarko eu penso que os cartos están en forma segura (ouro, e outros minerais que subrion de prezo no tempo inmediatamente anterior) escondidos en algures.

Que non vos despisten as manifestacions dos políticos; eles teñen o papel de controlar á turba mentras se lle esfuman os rendementos de anos de traballo; accions, pisos, bonos, depósitos... todo vai valer menos que unha merda. Eles prometeran que van tomar medidas e que controlarán as transaccions e que impediran os paraisos financieiros.

A oitava marabilla é ver como os medios de control de tod@s diluen a indignación xeral e xustifican o pago do beneficio privado (banca, empresas) cos tan denostados impostos... alguen escribiu unha entrada cos pecados capitais que levaron a esta situación; trabucouse na pereza. A pereza non foi do regulador; a pereza é a de tod@s que permitimos isto porque coidamos que imos seguir tan tranquil@s coas nosas vidas.