ESTAMPITA

OUUUUuuuu

Levo tempo dándolle voltas a esto pois oubear o que penso pode xerarme enemistades mais...

Certamente como pequeno aforrador (cada vez mais pequeno pois é imposible bater a inflacción por medios legais e seguros) prodúceme certo temor a historia da posible estafa dos selos; perder os escasos aforros familiares que un coida seguros é un pao.

Mais pao é perder o ingreso suplementario que eses aforros investidos onde un consideraba seguros xeraban para complimentar á pensión de xubilación.

O certo é que 400000 persoas son moitas para seren consideradas "incautas"... !!Quen llas dera a certas formacions políticas como borregovotantes¡¡ (xente que vota á cegas). Esta vai ser unha das claves da inxusta solución política do tema.

Seguramente dun xeito ou outro todos acabaremos pagando ese Billon (1.000.000.000.000) de pesetas que se 'esfumaron' ainda que só sexa pola vía do impacto que a desaparición de tal cantidade pode supor nun sistema capitalista.···

Ben, a situación entón é que moita xente puxo aforros i esperanzas nunha xestión que estaba en tela de xuizo (reiterados avisos e denuncias das asociacions de consumidores) e que o fixo sen cercionarse de que ese investimento tivese unha rendabilidade baseada en algo real senon que se conformaron con recibir o pago mensual dos intereses. Nen tan sequera se preocuparon cando se lles dixo que eses dividendos NON TRIBUTABAN, semelloulles normal e SENTIRONSE MOI LISTOS e afortunados por teren atopado un xeito de que o froito do seu traballo (ou dos seus 'negocios') batese mes tras mes á inflacción sen o risco da bolsa nen os 'lios ficais' do investimento inmobiliario...

Agora pode que esteña a sair á luz un sistema piramidal no que os aforros das 'novas adquisicions' financiaban os intereses dos antigos pois os "bens tanxibles" nos que se investía estaban sobrevalorados (até un 800%). Levará 4 ou 5 anos chegar a un xuizo que promete ser unha batalla a varias bandas... Por un lado os acusados tentando demostrar non xa que a estafa non existía senon que se facía sen intención e sen proveito para eles; os afectados tentando "pringar" ó estado e as 'auditoras' como única esperanza de recuperar algo do investido (por moito que algún ainda insista en que "me sigan pagando como hasta ahora" -menuda faciana-); por outra banda os partidos políticos tentando aproveitar esa bolsa de votantes desesperados e botandose a responsabilidade uns ós outros; os medios de in-comunicación facendo 'carnaza' dos diversos dramas humanos (afectados, acusados, responsabeis de auditorias e inspeccions...).

Diante deste panorama eu, falador sen custe, quero proporlle ás autoridades que se asesore e axude ós afectados que ACEPTEN UNHA REVISIÓN DAS SÚAS DECLARACIONS DE IRPF E PATRIMONIO DOS ANOS QUE LEVAN COBRANDO DIVIDENDOS SEN DECLARALOS, nesa revisión deberanse aplicar os correspondentes xuros de demora e sancions por ocultar o cobrado; do mesmo xeito deberase xustifica-lo orixe dos cartos investidos. Pode que o balanzo non lles saia á conta.

A quen non lle vai sair esto ben é ó conxunto da cidadanía pois ó xa sinalado impacto da "desaparición" deses cartos do sistema xuntarase a retracción no investimento que a falla de confianza vai xerar, os custes da investigación e o xuizo (que se poderían adicar a outras causas)... Saben mais os economístas desto dos "impactos no sistema" mais coido que nos próximos anos xurdiran estudos titulados "o impacto da estafa filatelica no PIB" e cousas polo estilo...

Cumpreanos das letras

VIVO DIAS ESPERANZADOS

DE ETERNAS ANSIAS PASAXEIRAS

DIAS DE FROITOS QUE MADURAN

AGARDANDO CHEGAR A DONDE QUEIRAN

DIAS DE TOXO QUE NON MANCA

A QUEN CON AGARIMO O ENTREGA

DIAS DE FLORES ETERNAS

MIL PRIMAVEIRAS DA LINGUA GALEGA


Hoxe cumpre 8 anos esta chispa que fai anda-lo motor da vida

Dani na CAC

Apariencia, Sensación e 'realpolitik'

OUUUUuuuu

Co galo da anunciada ruptura do pacto de goberno en Cataluña e tendo en conta as moitas semellanzas que existen co goberno 'tou-quim' (tamén chamado bipartito) por aquelo de que eiqui tamén hai tapados agardando esa caida para facerse (de novo) co poder; co galo deste tema, dicia, quero falar da subtil diferencia entre as forzas políticas "maioritarias do estado" na súa concepción do marco territorial········

Non descubro ren á hora de dicir que para o PP non é precisa nengunha reforma formal na constitución ou nos estatutos de autonomía. Subliño de de formal pois eles fixeron, cando precisaron, reformas 'de facto' que agora agochan asustados polo que se poda dicir delas. Para este partido a estructura territorial debuxada na constitución está ben i é inamovibel como, quixeran, que o fose a própia constitución malia as necesárias reformas para resolve-lo tema sálico ( ainda que alguns do PP se preguntan porqué) e a adhesión ó TCUE (que tampouco está claro). Para eles a APARIENCIA dun conxunto coordinado de niveis administrativos que atenden ás empresas (sempre en 1º lugar) e ós cidadans (benéficamente, claro) sen facer caso da vontade destes mais ca por compromiso unha vez cada 4 anos; esta apariencia é a realización do seu modelo.

Outrosí e digo. Mais por dar saida a unha coñecida presión (interna) e como parte dun compromiso de ZP cos que lle apoiaron para a secretaría xeral do P$O€ esta forza abriu a presa da reforma e as augas corren nun dobre camiño batendo en cada sitio (ou nación, como queirades) cuns obxectos e producindo uns sons diversos, identitarios e realistas.
Non se trata, dende logo, de 'unha reforma' senon de un xogo delas (que nin a conxunto chega) sen planificar, xa non detalladamente, senon sequera estratéxicamente na que se percura en cada caso un obxectivo.
En Valéncia cumpre a misión de 'facer palanca' na brecha interna do PP.
En Cataluña ? ah, boa cuestión. Eu xa teño indicado o meu abraio diante das habilidades de ZP para 'rebotar' o tema cáseque sen danos (por moito que o PP berre: "España se rompe") e por a M'amargall nun bó lio.
Polo tanto o P$O€ vai da aparaiencia á SENSACIÓN; sensación de que creamos un novo marco estabel (como lles presta empregar este vocablo no canto de inamovibel) no que colar as reformas que o sistema precisa sin entrar no fondo dos temas e, o mais importánte, dando a sensación de que os cidadans somos escoitados.

¿I en Galiza?; dende antes da sinatura do pacto de goberno levo sinalado que este xogo ou xogada era posible pois, si ben o PPdG non se mostraba disposto tan sequera a sentarse a negociar unha reforma estatutaria ben se ve que todo era (i é) "facer tempo"...Coidaban oir ranxer a engranaxe do goberno 'tou-quim' i esperan mete-la cuña no momento preciso. Por elo o debate non tivo, polo de agora, altura política. Coido que segundo se acheguen as eleccions municipais (test de rentabilidade politica do goberno ????) o PPdG vai a tentar acentua-las diferencias entre P$sG e BNG para, si os resultados son propicios, tentar un asalto mais serio. Por elo O BNG fai ben en apostarse á porta da moncloa por si a marcha de ERC en Barcelona é seguida por unha saida formal da 'gobernabilidade' en Madrid como viñen a sinalar cando se iniciou esta xeira.

CRISE

OUUUUuuuu...

Eu, que son ó meu xeito un "pobrecito hablador" non podo deixar de falar do que me dá no caletre.

Por elo quero comentar como o parco instrumento das verbas i a manipulación que delas fan os seus "profesionais" nos deixan pinturas da actualidade que teñen pouco que ver coa realidade.

Chámame a atención como a verba CRISE (esa que seica os chineses din igual que OPORTUNIDADE) se empregou sen reserva alguha á hora de falar da renovación do goberno do estado español; cando, tódolos analistas coincidiron en que a 'parte do león' dese movimento tivo mais de proactivo que de catartico. Explíqueime xa nunha entrada anterior (que non enlazo por aquelo dos 'egopoints' así que: ¡¡percurade!!) e mánteñome nelo coa salvedade da substitución da ministra de educación e ciencia que, se cadra, tivo mais de recoñecimento de erro no canto a 'altura política' que outra cousa.Ó cabo, non vin nin vexo crise naquel movimento como en moitos outros (incluso alguns dos que fixo Fraguenstein) senon mais ben un preparar para algo.

Moi o contrario que o que está a acontecer no goberno da empresa USA (ese que ten sede en W.D.C.) e que vai peneirando demisions 'anunciadas' e surpresivas dende hai meses. Non vou pescudar nas hemerotecas nin nos blogs de comentários políticos do "imperio grande" mais non teño dúbida: HAI CRISE e ben grande. ¿Terá que ver co inminente ataque ó Iran?, ¿seran froito do enfrontamento segredo entre os que ainda creen no 'goberno do pobo' e os axentes (Rumsfield) do 'goberno das empresas'?. Seña como seña, a cousa non vai parar ahí e tod@s nos e os nosos xeitos de vida presentes e futuros estamos polo medio.

E, xa que estou a falar de crise vou a reseñar unha nova que chuzou un compañeiro e que engade outro nome a unha lista noxenta pois a compoñen persoeiros que 'abandoan' "La Voz"... ¿Por? coido que se trabucan os editores deste e doutros periódicos pois os pensadores libres teñen, polo de agora, toda a rede para faceren chegar a súa luz a quen a precise. O problema é que só os atopará quen os busque.


ORIXE

FLOR

NAI

O pao, o átomo e as esixencias.

OUUUUuuuu

Escoitando as novas queda un extranado de certas verbas que son empregadas indiscriminadamente nun senso cando, coido, teñen outro.

No que respecta á suposta crise nuclear co Iran veño de ouvir que non fai caso das ESIXENCIAS da comunidade internacional i eu me pregunto; ¿Pódeselle esixir algo?, ¿Ten Iran suscrito o pacto de non proliferación nuclear?.

Trátase dun xogo no que catro teñen un pao e non queren que o resto o poda ter. Ben é certo que o pao é perigoso e que o sistema político do Iran non e nin tan sequer protodemocrático senon mais ben "ilusiodemocrático" (votan entre ós que lles deixan presentárense) mais non deixa de ser unha nación soberana.

Tamén é certo que non é o Iran quen mais pode precisar da enerxía nuclear "civil" e que os procesos de enriquecimento de uranio nos que se ten embarcado van dirixidos, caseque con seguriade, á "Teren pao".

Mais, falando de ESIXENCIAS da comunidade internacional e posibeis sancions a que as incumple podíase sancionar ó país mais contaminante, ó que produz o 25% do CO2 mundial···,···podiaselle presionar con inspeccions que demostraren unha e outra volta que a súa sociedade edonista, egoista e consumista exportada ó traveso dun modelo cultural-económico carente de valores de solidaridade sinceira e de verdadeira coresponsabilidade medioambiental, esa sociedade XA ESTÁ a producir millons de mortes por tan diversos mecanismos que é imposible calcular o custe real en vidas dun modelo que, recoñecen agora presionados pola súa lei de oferta e demanda, se está a esgotar.

Pensade unha cousa, si o voso país tivese uranio no seu territorio(e ainda que non o tivese) si a enerxía de fisión fose sustentable e non tivese perigos (accidentes, residuos...) e quixera establecer unha independencia enerxética enriquecendo por si mesmo o uranio para a súa rede de centrais.NON PODERÍA

O meu blog as miñas novas...

OUUUUuuuu

Xa fai uns días que o puxen mais non estaba certo de que funcionara.

como vedes xusto embaixo do enlace de Chuza! están "as miñas novas..." que son exactametne eso; as novas que vou chuzando case sempre cun pequeno comentário sobor do tema en cuestión.

Coido que si funciona ben tamén vou a por algo similar en no blog de deportes.

Así resulta mais doado faceren distinción entre o comentário dunha nova e unha opinión mais persoal e/ou unha digresión mais profunda sobor dun tema.

Dias de Abril

OUUUUuuuu

Debe se-la chegada da primaveira, co sol quencendo os sentimentos i os corazons mais o mes de Abril está cheo de celebracions revolucionarias e significativas.

Iniciandose no día 1 que ven a ser o auténtico día das bromas substituido (como o 12 de Febreiro día dos namorados) polo 28 de Decembro do calendario xudeo-cristian.

O día 2 produciuse o alzamento de Miguel Solís en Lugo aló polo 1846 dando inicio á revolución provincialista un dos cernes do galeguismo moderno.

O día 14 proclamouse a II república española en 1931; a data foi festiva até 1939···

O día 15 de Abril de 1846 Antolín Faraldo elexido Secretário da Xunta Superior provisional de Galiza. Primeira entidade moderna de Galiza.

16 de Abril: Aberri Euguna. Este ano cargado de esperanza.

20 de Abril

23 de Abril: Día do libro; non o deixemos pasar sen mais, os libros e os rapaces son o futuro. Data sinalada na vida de grandes literatos.

Batalla de Montouto que foi o fin da revolución de 1846.

Axustizamento dos comuneros en Villarar. Fin da única revolución castelá que se opuña á centralización estatalista.

25 de Abril. Cravos

26 de Abril Fusilamento en Carral dos alzados do provincialismo galego cando eran conducidos ós xulgados de A Coruña.

TERRA DA FRATERNIDADE

OUUUUuuuu

Son as 7; ignoro como foi a sucesión real dos feitos mais gosto de pensar que arestora, mentres me apaño para ir ó curro soaban nas ondas os acordes do sinal liberador···

¿Foi traizoada a revoluÇao? Seguramente, polos débiles de corazón. Hai que ter constáncia na esperanza e sinxeleza na pretensión. Logo, que sexan os cidadans os que decidan.


Comisión do estatuto

OUUUUuuuu>


Martiño NercellasOnte Martiño Nercellas iniciou as comparecencias da Comisión de estudo da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia (vídeo baixa e alta calidade) en representación da FEG. Xa chuzei a nova mais non quero deixar de lado unha diferéncia que ven de resultar fundamental. Mentres a comparecencia de ADEGA escomenza cunha "declaración política" ,o meu modo de ver, demasiado altisoante e innecesária marcando unha autoafirmación nas formas que, como eu o vexo, non é efectiva senon mais ben polémica. A comparecencia da FEG marca unha liña pragmática e de feitos.······

Demóstrase o que ten que ser unha auténtica política de sustentabilidade e indícanse os niveis competenciais que se deben acadar dende o autogoberno para realizar esas políticas (tanto competencias 'cara arriba' -europa- como 'cara abaixo' -concellos- )

Ponse como referente a crise meioambiental global (o único realmente global xunto coa pobreza) cos escalofriantes datos que só a inconsciencia pode ignorar e localizanse as cuestións mais preocupantes na galiza nas verbas: Fisterranización, eucaliptización, enerxía/emisions...

No tocante ás propostas resumiría en: Transvesalidade (presencia da politica meioambiental en tódolos eidos), Participacion cidadá (como único xeito de seren conscientes e coresponsabeis), Focalización no ensino (para que as vindeiras xeracions teñan un 'modelo mental' sustentabel)
Martiño e Kandpalleiro
OUUUUuuuu

Outra volta nesta data veu a lembranza a me visitar mais, como aquel himno románticista, atopeina estrana e xigante. Apuntada polas luces na noite a egrexia figura refulxía contra o ceo plomizo e non a recoñecía. ¿ou non me recoñezo a min mesmo?.

Achégase a cifra do tango mais eu si coido que é algo e o meu ollar así mo demostra. Tento observar e non lembrar os pasos polas asperezas das esquinas deses vellos recunchos que sempre acoden a mín a pouco que descanso da febril actividade cotian; retahila rutinaria recorrente e reiterada que é a vida en si mesma e que semella roubarma.···

Cavilache algunha vez na vida que che queda por diante?
Morrer os pais, marchar os fillos; a vellicie dos corpos...
eses son os acontecimentos que quedan por diante
as verdadeiras marcas do paso do tempo.

Como dixo onte F.G.: "Cando o horizonte diante dun é menos que o que se ten detrás".

Ven a aurora; ¿borrará esta brétema de lembranzas oníricas que pecha os cúmios por acadar?.

Historia=Dereito=Democracia?

OUUUUuuuu

Dempois de celebrar o 14 de Abril sen aspaventos mais con ledicia escomencei a ver as novas deses días nos telexornais... Seméllanme uns grandes pasos que no TD1 se chegue a decir que o goberno da república era o "goberno lexítimamente elexido" e que se emita que unha formación política do arco parlamentário reivindica a III república.

Logo chegou o "día da patria vasca" e tivemos que ouvir certas 'mescolansas' que coidaba esquencidas; só faltou o "aitá" Arzallus e o tema do RH.

Escudarse nunha institución medieval para dirixir un pais é tan retrógrado coma escudarse en "lexislacións" medievais para fundamentar "dereitos". Co engadido aberrante en ámbolos casos de tratar de englobar a figura medieval dentro o exercicio da democrácia... Eu coido que é un pouco á inversa. O Exercicio do dereito democrático (á elección do xefe do estado ou á autodeterminación) pode vir mediatizado por eses feitos históricos no canto do resultado dunha votación como expersión das sensibilidades dunha sociedade complexa e trocante na que os cidadans se ven impelidos a votar deste ou daquel xeito pola súa 'intrahistoria'.

¿Estragarán o proceso de paz en Euzkadi as ansias de "conducción"?. No PNV teñen moito respeto a ZP dempois de ver a xogada coa que solventou o tema do estatuto catalán devolvéndollelo a 'M'amargat' "limpo como unha patena" e co veleno da rutptura do tripartit.····mais coido que a situación das alianzas en euskalherria é diferente e non existe tanta disposición para "face-la cama" en EA nin a esquerda abertzale está no goberno e/ou representada en Madrid (o que SI vai supor un problema). Nesa liña si que ten veleno a declaración de EA de que o parlamento de Madrid non ten "dereito" a alterar o que en Euzkadi se dicida o que si constitue unha expresión non xa de autodeterminación futurible senon de soberanía real actual.

Entre mentres iniciase a campaña electoral das municipais/autoanémicas do 2007 i eu estou a agardar non a aparición dun novo medio de información republicano senon a sinatura dun pacto como o de San Sebastian de 1930 que conqueriu darlle á xente a oportunidade de decidi-lo seu futuro e cristalizou naquel 14 de Abril do 31 coa marcha da familia real (nesta ocasión non será necesário) e a proclamación da II república. Ó fio desto estivo xenial o derradeiro episodio de "7 Vidas" no que nunha ensonación cara ó futuro unha parella se pon diante da tele a ver un 'projrama do fígado' no que saen "otra vez la Leti y el Felipe... Anda que desde que proclamamos la republica no saben de que ganarse la vida": Simplemente xenial.

Os estrategas...

OUUUUuuuu

Dí o DRAG que estratexia é:
Arte de coordinar tódolos elementos que inciden no desenvolvemento dunha guerra, tanto no caso dun conflicto real coma no da prevención dun conflicto posible
e trátase, sen dúbida, dunha ciencia moi necesária na vida política sobor de todo si se plantexa a longo prazo e de xeito realista.

Conqueriu Alberte Nuñez Feijoo en Decembro facer palanca entre 'os boinas' camelando a papiBaltar e deixando no camiño a "pepe das fontes" (¿u-lo andas meu? que hai tractoradas que facer...); agora, tócalle salda-las contas con Cacharro... Apoiándose , outra volta noutro camelado.
¿Canto tardará papiBaltar en seren Senador e o Fillisimo en seren Eurodeputado?, ¿Será a deputación de Lugo o acomodo de Barreiro?; non coidara eu que este técnocrata ia ser tan bó descípulo de Maquiavelo.

Pola Zurda

Na mentres, ZP segue a facer escola... Eu cada día lle teño mais respeto no que é a "pura manipulación política" a este tio; meteu a Bono no goberno para telo ben controlado e deulle a carteira mais españolista que se me pode ocurrir... Non contento con elo agora que está a apuntalar un triunfo que vale unha absoluta (maioria); dalle porta e, cun xenial movemento de pezas, se fai co control do taboleiro da información privilexiada respecto ó proceso de paz que; para ben ou para mal, será cousa súa.

Pis, pas pun.

Enerxia e sociedade

OUUUUuuuu

A base da actual sociedade post-industrial segue a ser a dispoñibilidade de enerxía, o seu emprego "coma se non custase" i o emprego dos outros recursos e do medio ambente coma algo de 'usar e tirar'. O modelo de consumo irresponsabel centra os seus custos na producción polo que a lóxica das 'economías de escala' leva á tendencia de producires canto mais mellor ainda que seña de peor calidade. Os custos da distribución do producto son (si, ainda agora) marxinais e os custos do "post-consumo" están lonxe de seren tidos en conta mais aló dos novidosos e controvertidos informes de "pegada ecolóxica":
Indicador de sostibilidade. Defínese como a área de territorio produtivo ou ecosistema acuático (entendida como superficie bioloxicamente produtiva) necesaria para producir os recursos utilizados e para asimilar os residuos producidos por unha determinada poboación.
Se queredes podedes calcular a vosa própia pegada ecolóxica e, ó tempo, valorades o que se ten en conta no seu cálculo.

O tema foi tratado con exhaustividade e por voces diversas, mais autorizadísimas a pasada fin de semana nas xornadas sobor de enerxía e socieade organizadas por CiMA (Científicos polo Medio Ambiente) da que tendes un amplo resumo en crisis energética. Mais sabede que se voltou a falar do inevitabel 'peak' dos combustibeis fósiles, deste feito como verdadeira razón dos conflictos internacionais, de novas ameazas enerxético-climáticas e outros temas 'colaterais' como o emprego dos medios de in-comunicación e as estratéxias de márketing no fomento do consumismo egocéntrico.

Na mentras segue a guerra no Iraque e vese na lonxanía a próxima invasión: Venezuela. Tanto ten que o fagan como "alzamento popular" ou como invasión militar; o certo é que non van permitir a renacionalización do petróleo en Venezuela e xa escomenzan a traballar con outras estratexias coma: "Divide e vencerás ".

Revisionismo...

OUUUUuuuu

Disque a vinganza é "un prato a servir frio"; eu coido que de frío que vaí xa está pútrido i é fedorento, amargo... xa non repón a 'ofensa' sufrida e só crea novos motivos para o conflicto.

Sei que o que estou a escribir me vai crear enemistades, pero é o que penso. Sempre que os meus fillos pelexan e arguementan:
-"!!!Escomenzou él/ela¡¡¡"
sempre lles digo o mesmo:
-"Entón:¿quen e cando dexarán de por bombas?".

Nestas datas REPUBLICANAS vense repetindo o argumento da reparación da memoria histórica dos represalidados polo franquismo; búscase que a xente poda dar terra ós seus mortos e que se restitua a súa dignidade anulando os xuizos 'sumarísimos' en virtude dos que foron pasados polas armas. Até ahí pode ser todo normal...
Logo xa están os que dín reivindicar futuro e só argumentan pasado; os que manteñen como guia un goberno extinto hai 50 anos (tamén pasado polas armas) como si fose preciso resucitalo.

Unha NOVA república non precisa de argumentos pasados nin de vellas feridas. A reivindicación dunha forma de goberno completamente democrática e libre cun modelo de estado laíco e social sen trabes ás potencialidades dos cidadans non precisa de argumentos rancios.

Nen sequer sería preciso, coido, mencionar as evidentes vinculacions do actual xefe de estado co réxime imposto polos gañadores do golpe de estado. O só feito de se tratar dunha xefactura xenéticamente transmitida a invalida como forma democrática de goberno.

Ós nosos vingadores particulares lles pido que centren a súa furia non en xulgar a Pinochet´s, Milósevik´s e demais senon en deter os xenocidios actuais os que hoxe mesmo se están a cometer en moitos rincons da terra pois actuar sobor do pasado non vai modificalo nen vai a arranxa-lo futuro.

Memoria do futuro

Ainda que vai na liña do que acabo de criticar non quero deixar de vos invitar a que visitedes o manifesto "Memoria del futuro 1931-2006" elaborado por un grupo independente a prol da recuperación da memória histórica. Xulgade vos mesmos e asinade si o considerades convinte.

Biodiversidade, Terminator, Bosque e Mar

OUUUUuuuu

Celebrase nestes días en Curitiba (Brasil) o cumio anual sobor da Biodiversidade.

Neste evento centrado en temas 'esquencidos' polos medios de in-comunicación destacan:

  • Emprego dos recursos Xenetico

  • Sementes "Terminator"

  • Espazos Forestais protexidos

  • Moratorias de pesca i espacios mariños portexidos



O tema dos recursos xenéticos é un grande descoñecido; moitos sabemos que; a industria farmaceútica (como a galega Zeltia) empregan, como principio activo ou como 'punto de partida' dos seus derradeiros e carísimos productos, substáncias que obteñen de seres vivos. Maioritariamente de seres vivos que habitan áreas da selva ou do mar. Substáncias que, en moitas ocasions, xa son empregadas polos habitantes desas zonas na súa mediciña tradicional....o que non teñen regulado estes "magos do capital" é ese roubo de ideas e patrimonio xenético que eles realizan ó empregar esas substáncias con fins comerciais.

As sementes "terminator" son outra mais na conta dos tranxénicos. Xa sabemos que os problemas destes experimento son dous; normalmente ó que o cidadan de a pé lle preocupa é si eses alimentos feitos con organismos modificados xenéticamente van ter efectos sobre a súa saude cousa pouco probabel e non demostrabel até dentro de moitos anos, mais o realmente grave deste tipo de organismos é a CONTAMINACIÓN XENÉTICA a que submetemos a tódolos seres (sobor de todo do mesmo reino) ó cultivar estes dentro dun ecosistema. O pole dun organismo transxénico non queda só nas plantas do seu cultivo senon que se esparrexa por tódolos arredores "contaminando" ás outras plantas; o resultado... Moitas poden acada-las características (por exemplo as 'suicidas') do organismo inicial sen que se coñezan os efectos desta cadea a longo prazo.

Nesta ocasión semella que se conqueriu algún éxito mais Monsanto xa prometeu seguir dando guerra.

Tamén se debatiu sobor dos espazos naturais a protexer e moi especialmente os forestais; greenpeace presentou os gráficos das zonas de urxente protección de bosques e mares...

Dos bosques só un 10% da superficie da terra esta cuberta de bosques intactos e o desenrolo das novas potencias non agoira nada bó...

Tendes unha info moi completa eiquí.

Edición 4/4/2006

Ó respecto dos roubos de "capital xenético" veu no diario el mundo do domingo unha interesante reportaxe... Así é como se crea odio entre pobos e cadeas que nunca rematan. Os occiendtais seguimos a comportarnos como si todo estivese no universo para o noso uso cunha mentalidade colonial evolucionada polo capitalismo tecnolóxico, pero colonial.

Roteiro

OUUUUuuuu

Comprenderedes que empregue esta verba e non a traducción ó galego da consabida expresión en castelán... Hai veces que a traducción pode ser un problema; senon que llo pregunten ós leitores das versións traducidas ó galego dos 'grandes' da imprensa estatal.

O certo é que vía Chuza chego a este texto cun Hipotético roteiro moi ben explicado sobor do que se quere facer para conqueri-la paz en Euskalherria.
Marzo 2006

Declaración de ETA del alto el fuego permanente. Incluye el cese de la "actividad armada", del cobro del impuesto revolucionario y de la "kale borroka".

Junio 2006
Zapatero pide al Congreso autorización para iniciar formalmente las conversaciones con ETA.

Julio 2006
Destrucción o inutilización del primer arsenal de armas y explosivos de ETA.
Reagrupamiento de los presos de ETA en las cárceles del Pais Vasco y de comunidades autónomas limítrofes.

Septiembre 2006
Destrucción o inutilización del segundo arsenal de armas y explosivos de ETA bajo la supervisión de un Comité de Desarme formado por representantes de la Iglesia vasca, de Austria y de Irlanda....
Salida en libertad condicional de aquellos presos de ETA que no hayan cometido delitos de sangre. Antes de la concesión del tercer grado deberán firmar la renuncia a la violencia.

Enero 2007
Destrucción o inutilización del tercer y último arsenal de armas y explosivos de ETA.
A lo largo de este año, se examinará individualmente la situación penal de los reclusos de ETA concediendoles de forma paulatina los beneficios penitenciarios a los que hubiera lugar en función de su renuncia a la violencia.

Junio 2007
Disolución oficial y definitiva de ETA.


Ambito político


Septiembre 2006
Constitución de una nueva fuerza política de la izquierda abertzale que renunciará expresamente a la utilización de la violencia y podrá concurrir a las elecciones municipales de mayo del 2007.

Octubre 2006
Constitución de una mesa para la normalización política de Euskadi con participación de todas las fuerzas políticas.

Enero 2007
La mesa para la normalización comienza la redacción de un nuevo Estatuto para el Pais Vasco. Todas las fuerzas políticas inician esos trabajos con la voluntad de llegar a un acuerdo ampliamente mayoritario. La negociaciónn se iniciará sin condicionantes previos.

Septiembre 2007
El nuevo Estatuto se somete a referendum en la comunidad autónoma vasca.


Certo é que, como deixei constáncia no post de orixe, o proceso semella (cecais en demasía) ó proceso irlandés xa referenciado mais a min faime concebir grandes esperanzas.

Coincidencias

OUUUUuuuu

Ia eu a escribir sobor so xa archicoñecido tema da caida do mastro mais coido que abonda co artigo de vieiros... e o video en Youtube

"The answere my friend is gone with the wind..."

Mais percurando atopei duas coincidencias que non me deixan indiferente a primeira é o album de ilustracions co título "Can de Palleiro" colgada na páxina de agpilustración. da que vos amoso unha mostra.
Can de Palleiro
A segunda xa fai algo que a coñecia e tentei establecer contacto co seu blogger sen éxito i é o blog candepalheiro que tamén ten que ver co deseño gráfico ainda que baseado no retoque de imaxes.

Como dí a canción: "La vida te dá sorpresas, sorpresas te da la vida.".

Xigantes ou muiños?

OUUUUuuuu

Dentro da ilusión esperanzada e alerta que este tempo de 'aparente troco' desperta en min existen zonas escuras, nichos inominables nos que a luz do debate e o dialogo, o fouce da reforma consensuada non se tiña nen insinuado.

As persoas que estamos en Outra Democracia é Posibel (ODEP) mencionamos a cotío que un dos maiores obstáculos da nosa 'paixón' democrática son os sistemas de financiamento dos actuais partidos. Os sistemas 'legais' (subvencions directas por resultados electorais, prestamos de entidades bancarias, as donacions voluntarias) e "os outros" (as tan coñecidas comisions)

Gostaríame moito que, co galo da polémica que se lle está a montar a ERC (golpe baixo con Carod fora de xogo -¿por esto?- ) se puxese este tema enrriba da mesa EN SERIO.

Polo de agora no seu rabioso ataque o 'doberman' non caiu na conta mais eu coido que vai berrando "¡¡¡ós xigantes, ós xigantes!!!" galopando cara...ós muiños.

Porque estudando a situación coa miña conselleira política chegamos a una pregunta da que a resposta produz certo medo, unha pregunta coñecida e non menos terrorífica por elo... ¿Logo, as donancions voluntarias das empresas ós partidos son en troco de ren?; Se as empresas existen é para ter beneficio, senon venderían a precio de custe e/ou lle pagarían mais ós seus empregados. Até as coperativas buscan beneficio e, as fundacions e demais 'actos altruistas' das empresas se fan porque con elas, se calcula, se obterán outras compensacions (rebaixas nos impostos, difusión do seu nome ou marca...) mais coa "donación política" esto non acontece.

Evidentemente non estou a falar da donación particular do empresario senon desas fortes cantidades que entran nas agrupacions politicas (en tódolos eidos; local, comarcal, autonómico i estatal) de xeito "anónimo" (léase OPACO) e que son o verdadeiro alento de moitos partidos. ¿alguén con dous dedos de fronte cree en verdade que unha empresa/empresario dá eses cartos sen esperar ou pedir unha compensación?... Non teño mais que lembrar unha visita a Ponferrada de Alvarez Cascos sendo ministro cando o cacique local (Martinez Nuñez) lle dixo 'off de record' mais non en baixo: "este es el alcalde que puse en Ponferrada" referíndose a Ismael ALvarez.

Por outra banda; ainda ahi quen creea que unha persoa nomeada para un cargo 'politico' (xa non digo os nomeamentos por tribunais etc.) non ten a obriga de realizar o programa politica de quen o nomea?. Logo, ¿que problema hai en esixirlle parte do seu soldo para o grupo político que o nomea?. En Galiza o BNG tiña (agora non sei) estipulado que os postos políticos seguiran a cobrar o que xa percibian denantes do nomeamento e que o incremento (de existires) fose para a organización.

Mais xa me desviei da cuestión... ¿Que é mais transparente? as comisións (perdón¡¡¡ as "donacions") ou o pago deste 'imposto por nomeamento'?.

Dende logo calquera dos dous sistemas é perverso e non ofrece garantías de que a xestión pública quede alonxada dos intereses particulares de quen a exerce ou de quen financie ás formacions políticas. Eu coido que a orixe do problema é a escasa RESPONSABILIDADE POLÍTICA que temos os cidadans pois á hora de decidiren un voto semellamos mais estaren facendo unha compra que analizando propostas e programas cecais pola imposibilidade de facer que logo os individuos e/ou grupos electos cumplan con eles.

Por todo elo en ODEP coidamos que os cargos políticos de elección ou nomeamento deben estaren suxeitos á posiblidade de revogación (oportunidade que si teñen 'dictaduras' como a de Venezuela).

Ó cabo, coido que os 'doberman' reaccionarán cando se decaten de que é o que teñen diante e, súbitamente, calarán.

Co Ulster no pensamento. Definicions

OUUUUuuuu

Dende que teño o blog veño deixando caer a forte implicación (que non paralelismo) que o proceso de paz no Ulster debería ter na apertura dun camiño de paz en Euskalherria. De sobra son coñecidos polas forzas politicas e policiais os contactos entre o I.R.A e E.T.A. e a forte iteracción entre o entrono abertzale e o republicanismo irlandes.

Hai medios de in-comunicación que ven nestes contactos un pecado imperdoable, como ven un pecado no feito de que o goberno mantivese contactos previos a estes comunicados de 'cese ó fogo' mais eses teñen os seus intereses; Como outros que din desexar que non exista mais sufrimento que o que xa hai e se adican a por paos nas rodas deste carro que acaba de botar a andar, se cadra pensan que non hai mortos dabondo neste camiño (vergoñento o comunicado de AVT e o foro de Ermua).

Falando de comunicados; mentras uns medios cualifican de 'insignificantes' as diferencias entre o 1º e o 2º comunicado de ETA eu e outros as cualificaría de substanciais pois apuntan o 3º renglon dos 'principios de Mandela' (Hai que por tódolos asuntos enrriba da mesa e non chegar a nenguha conclusión por adiantado).

Coido que, coma sempre, a miña analista política leva bastante razón: "Engananse ou nos queren enganar quenes pensan ou din que nun proceso coma este non hai que TRAGAR SAPOS E CULEBRAS"

DEFINICIONS


Entramos nunha fase en que as verbas collen todo o corpo de coitelo que teñen e....que vai a esixir que se deixen claros moitos conceptos.

O goberno se pode sentar na mesa sabéndose respaldado pola maioría da sociedade mais sen posicions maximalistas; non debe acepta-la xantaxe do sangue xa verquido como non debe acepta-la xantaxe do sangue por verquer. Presupor debilidade no outro campo pode levar a provocar situacions innecesariamente tensas como presupor forza (ter medo) do contrário leva á desconfianza permanente.

Non lle podo negar ó presidente do goberno español o seu manexo do 'tempo' político e certo progreso no emprego real da democracia pois xa consultou ó parlamento antes de seguires "pre-negociando" o 'cese ó fogo' e dí que o vai voltar a consultar neste proceso. Eu coido que os consultado antes do remate definitivo de todo esto debemos ser os cidadans mais de eiquí até aló poden pasar moitas cousas i existen moitos flecos por decidir...

Porque, ¿Que son concesións politicas?; dende o meu punto de vista concesión política sería a declaración unilateral do estado vasco sen referendum nen negociación parlamentar... dende o punto de vista da 'órbita PP' o simple achegamento dos presos (por non falar de reducción de penas ou indultos) sería unha concesión imperdoable. No medio: Un arco da vella de moitas cousas en campos moi diferentes, mais moi interrelacionados.

Vese que o proceso se vai levar nunha 'dobre mesa' nas que os temas políticos se deixaran en mans dos partidos e os temas 'militares' quedarán entre a banda terrorista e o goberno español(os franceses están a asubiar cara outra banda).Coido que a primeira vai se-la mais perigosa pois todos se coñecen e creen saber os puntos dos outros co cal se rompe o 3º punto xa enunciado... Vaise ter que fiar fino e moito nos temas que impliquen ó marco de toma de decisions e os límites desas decisions e XA se debe saber que pode ser precisa unha reforma constitucional...e foral.

Eu digo o de FORAL por coherencia; porque si sosteño que a monarquia como forma de goberno é antidemocrática, retrógrada i (no caso español) xustifica un golpe de estado (1936); tamén debo soster que os Fueros "CONCEDIDOS" por reis 'extranxeiros' non teñen sustento democrático e deben ser derogados para por no seu canto as leis que os cidadans "Nos demos".

Hai moitas esperanzas depositadas neste proceso como para non tentalo.