Carta a Soria...

Como si non abondase co "Wertido"...
OUUUUuuuu... Ministro; de non ser porque é doado albiscar que o teu pronunciamento non é mais ca un "postureo" ante unha decisión errónea que perxudica ó interés xeral pero beneficia a uns poucos (entre eles tí mesmo que tes xa un vástago colocado na compañía á que beneficias) titularía esta carta aberta dicindo "Eu tamén vou con Soria".

A verdade é que o recurso populista á "necesidade de emprego" xa é dabondo chabacano e xantaxista como para precisaren outras artimañas que calquera sabe, en vista dos poderes ós que apuntan e a lexislación vixente, que serían bloqueadas de contado nos altos tribunais... e para proba o simples pero rotundo feito de non ter promulgado o decreto co "imposto especial" no mesmo intre de autoriza-las prospeccións para que, dende o primeiro metro cúbico ou barril, se imputase o seu pago.

O mais tremendo da túa incoherencia, para min, é que eres capaz de deixar de lado (con esa fráxil memoria que só tedes algúns privilexiados na política) que xa hai sitios dabondo nos que a producción e extracción de enerxía alteran o medioambente, terras asolagadas por encoros, montes con centos de aeroxeneradores, vales como este do bierzo baixo unha capa de contaminación ben visible cada vez que se queima carbón nas centrais....

Estaría ben que ese "imposto especial" abarcase a tódolas instalacions que extraen ou producen enerxía e que revertisen dunha vez no sitio onde esta actividade causa os danos e non en Barcelona onde outros políticos de fráxil memoria ou xuizo din que "lles rouban" porque o que alí "se recauda" non revirte alí... esquecen que o que alí "se recauda" se produce noutras partes só que a amalgama de despropósitos da lexislación lles permite pagar onde lles peta... o pouco que pagan para o dano que fan.


Terceiro grao a toda opción politica que teña un PROGRAMA de acción.

OUUUUuuuu...

O tempo vai pasando e pronto chega o intre de voltar "a metela" 'en serio' que o das europeas seica pensades que non conta mais que para ensaiar novos xeitos de manipular ó electorado... O certo é que a xenrreira ocasionada polo súbito despertar da crise (aquél "Xxx...por riba das nosas posibilidades") viu xurdir forzas políticas novas que, cecais, traten de romper a Ditadura de papel na que vivimos dende 1978.

Cecais unha organización política poda non ter unha referencia IDEOLÓXICA clara porque vai moito que non se formaliza nada novo e as vellas escrituras son eso: froito doutro tempo... como teño falado por exemplo da folga: un recurso de presión da época industrial que pouco ou nada ten de valor nesta época de servizos e información (bueno, mais ben datos).

Mais careceren de IDEOLOXÍA non significa que non se deban aclarar algunhas cousas básicas de cómo se pensa que debe se-la organización económica e social do ámbito no que unha opción política se presente a gobernar. Así que teño unha especie de listaxe de verificación para mirar can consistente é o PROGRAMA de goberno dunha opción política.

Hoxe vos poño a parte económica.

De quen debe se-la PROPIEDADE dos medios de producción? 1) público 2) privado 3)depende de cales medios de producción.

De tódolos xeitos; ¿Debe establecerse un control de prezos ó público dos principais elementos de consumo?
1) Si 2) Non 3)só de alguns

De quen debe se-la TITULARIDADE dos servizos esenciais? 1) público 2) privado

E cales dos seguintes serían eses "servizos esenciais":?
a) Educación pre-escolar
b) Educación básica ou primaria
c) Educación Secundaria común ou obrigatoria
d) Educación Secundaria profesional ou bachelerato
e) Educación Universitaria básica
f) Educación Universitaria de 2º e 3º ciclos
g) Atención sanitaria comunitaria ou primaria
.
.
.

Neste intre, si tedes chegado aquí, xa vos percataríades do problema... si se contesta 1) a calquera das dúas primerias preguntas non queda outra política que abandoar a UE e iso hai que decilo claramente, incluso si se contesta 3) na primeira cuestión ou 1) na terceira dubido que se poda seguir na Unión... e as consecuencias de algo así (de poderense levar adiante) non son precisamente o paraíso comunista na terra...

Así que menos lobos carrapuchiñas que xa sabemos que se pode (e se debe) darlle un "meneo" ó sistema e sacar do medio ós que teñen anestesiada á sociedade pero hai trocos que (case) ninguén quere intentar...

Para a parte da reforma política tentarei escribir outro día pero podedes ir buscando en otra democracia es posible