Verbas, imaxes, emocions...

OUUUUuuuu... Disque unha imaxe vale mais que mil verbas... eu non estou certo diso ainda que emprego a frase en moitas ocasions. Unha imaxe serve moitas veces para explicar cousas que con verbas é difícil de explicar (ou de facer comprender) pero as imaxes, incluso as mais modernas con mais píxeles ou en 3D andan tamén moi lonxe de "facerse" co intre... as pegadas dos fotons na superficie do diodo como antes na da película non abondan para explica-lo xeito no que respirache ahí, o que te rodeaba non era só xente; era o tempo, a ollada do futuro, o sereo discurrir dunha mañan entre o caos...

Non hai verba que lle faga xustiza a unha imaxe nen imaxe que conteña tódalas emocions do intre, pero esta se lle achega.


Xa non levo a conta non porque sexan moitos os anos pasados senon porque, en realidade, foi onte cando pasou; é agora, vai ser mañan...é un tempo fora do tempo nun espazo infinito que se envolve a sí mesmo e nós dentro.