Que non vos leven os frautistas cegos... |
Tod@s xa sabemos como vai este xogo e, como unha noite de festa, sabemos onde queren rematar... só é un cortexo pero E si conseguiramos que non o fose? E si poñemos nós as condicions?
Fagamos cada un un compromiso persoal co resto da sociedade; un compromiso de votar de xeito responsable non pensando en a quen senon en qué é o que queremos acadar como sociedade.
Porque pódese aspirar a un sistema político mais democrático coido que cada un de Nós deberíamos por unhas condicions para votar.
Por exemplo:
Eu darei o meu voto a:
*A formación que inclua no seu programa a redacción e aprobación dun manifesto a prol da apertura dun novo período constitucional.
*A que publique un código de conducta dos seus dirixentes e cargos electos ou nomeados que inclúa unha limitación dos gastos de representación de calquer tipo e un control de gastos persoais que atinga gastos de vestimenta, hostelería, desprazamento e lecer que, en conxunto, non poderán superar o 50% da remuneración pública que reciba.
*A formación que presente a demisión asinada de tódolos seus candidatos para o cargo que sexan elexidos ou nomeados; demisión sen data para ser empregada cando se precise. (como alternativa acepto o sistema de votación de candidatura en listas abertas nominais).
*A formación que en cada ámbito limite legalmente o número de asesores persoais ou contratos de asesoría con empresas a un 0.5% do presuposto da administración en cuestión.
*A formación que provea á cidadanía de mecanismos de participación real na toma de decisions trascendentes.
*A formación que garanta basear as tomas de decisión en xestión en informes de coñecemento científico e non en informes de mercado interesados.