Atados e maniatados |
Estes que levan 40 anos roubando e que ven que a xente non pode mais agora queren roubarnos ata a liberdade de pensar por nós mesmos... o bipartidismo coida que vai a teledirixir unha reforma "gatopardesca" deixando todo atado e ben atado e así xa uns dín que se replantexarán os límites competenciais e outros que non se vai falar da monarquía... esta si que é unha casta.
Son unha casta porque ben por formación ou por ostentación de poder coidan que están chamados a decidir por nós... como fixeron ata o de agora só "consultando" cada 4 anos para que "pareza un accidente" que dirían nas pelis.
O certo é que o intre de plantexar qué reforma hai que facer e cómo se vai a aprobar é AGORA.
Un proceso constituinte que se quera chamar como tal non acepta preconceptos nen imposicions... falar de troca-la constitución dentro do marco da constitución é como falar de saca-la auga do océano dende o mesmo océano... e así pensan que poderá decir: Xa se fixo e se pactou.
A actual constitución foi aprobada co 52% dos votos dos censados daquela e reformada dúas veces por dous partidos políticos no parlamento sen consultar á cidadanía... e agora alguns pretenden que para ese "democrático troco" hai que acadar un 80%... do que sexa... mirade; non se pode facer convivencia cando o resultado é 51 a 49 pero de ahí a un 80% é simplemente unha tomadura de pelo.
A estructura de convivencia que debemos elexir para os vindeiros 30 ou 40 anos debería estar formada por:
*Forma do estado: Poderes que o compoñen, os seus órganos de goberno e a elección e control dos mesmos pola cidadanía. Marco ético de convivencia. Igualdade perante a lei Definicions do dereito de defensa e de reinserción tras cumprimento de condea.
*Prioridades económico-sociais: Marco socioeconómico de convivencia, prevalencia do público ou do privado; servizos de interese estratéxico a regular polo estado, servizos de interse social a prestar polo estado en exclusiva ou en colaboración. Sistema impositivo e recadatorio.
*Forma política: Libertades políticas e asociativas, funcionamento democrático de partidos e organizacions. Sistemas de elección de representantes, dereito a revocación, tipo de listaxes (ou disciplina de lista ou listaxes abertas e voto individualizado). A relixión como esfera individual privada.
*Organización das relacions entre organismos territoriais adscritos ó estado. Dereito a decidir e obligación de "período de lealtade".
Sobre cada punto... sobre cada plantexamento cada quen terá as súas opinions; eu non comparto moitas das que leo pero defendo o seu dereito a que sexan sometidas á votación DE TODOS igual que as opcions que a mín me semellan mais beneficiosas para a organización social que quixera deixarlle ós meus netos...
Non deberíamos permitir que se nos roube este debate.
Sei que o "mito islandés" non é real... mais E si sí?