Jo tinc por
OUUUUuuuu... Pois si, teño medo.
Teño medo dos que odian e aproveitan o odio de outros para arremeter contra todo.
Medo dos que no medio de tanta traxedia teiman en difamar e manipular en prol da súa causa. Como si unhas macetas fose a curalle-la tolemia a eses rapaces seducidos por un manipulador.
Medo dos que ven provocación en calquer xesto alleo sen ser capaces de aceptar que as provocacions que eles fan cara ós outros non son "o seu dereito".
Medo da insensibilidade que está instalada nos meus iguais que tanto son capaces de porse a grabar a un neno que morre como de ir a un hospital a se facer fotos cos feridos por gañar puntos de popularidade.
Medo do morbo que tantos disfrutan compartindo imaxes desta cruel matanza mentras apupan a quen comparte as imaxes da matanza diaria e silenciosa da fame aquí ó lado.
Medo da hipocresía de tratar de por no mesmo nivel o comercio de armas e a axuda ós refuxiados.
Medo dunha oligocracia que se cree tan por riba de todo e tan a salvo de todo que nos segue entregando a un oscuro futuro de esgotamento dos recursos non renovables e penaliza ás enerxías limpas e accesibles.
O terrorismo este que mais que islamista é islamofóbico só busca traer a europa a fronte de combate entre Arabia Saudí e Irán para que os gobernos occidentais pechen os ollos á súa poboación e lle sigan a vender armas ós alauitas que son, non o esquezamos tamén, unha monarquía.
A restricción das nosas liberdades será a súa victoria ó igual que o é que se toleren reaccions sectarias e xenófobas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)