Herrera co lazo amarelo

OUUUUuuuu...


Hoxe veu Juan Vicente Herrera ó Bierzo a inaugurar... unha "empresa privada".

O poño entre comiñas porque nese punto é donde está a cuestión clave.

A pranta de Forestalia que hoxe "inaugurou" o presidente da Junta de Castilla y leon é realidade grazas ó xeneroso caudal de fondos públicos en diversas formas que as reportaxes dos estómagos agradecidos esquecen cuantificar... e o esquecemento non é baladí pois recoñecer que a empresa é froito dos cartos públicos viria a recoñecer que o acto é ilícito dende o punto de vista electoral.

Si unha autoestrada de peaxe xestionada por unha empresa privada como concesión pública a cambio de cartos adiados non se pode inaugurar neste "período de veda" imposto pola concatenación electoral urdida polo gabinete de Pedro Sánchez moito menos se podería facer un acto público nunha empresa que abre grazas a cartos públicos.

É curioso que os medios que despotrican todo o día porque os lazos amarelos fan propaganda electoral do "golpismo" non digan nin chio deste emprego electoralista descarado dos programas financiados polos cartos de tod@s no marco dunha política errada que só beneficia a uns poucos e non "crea emprego" nin afianza poboación como ben demostran os datos dos derradeiros 15 anos.

Así que o honorable presidente da JCyL hoxe se puxo un lazo amarelo... mais a maioría non o quere saber porque todos temos algo de doble moral.