OUUUUuuuu.... Podo entender que certos monumentos e espazos precisen protección 'supranacional' por aquelo da rapiña industrio-empresarial, pero certas manifestacions culturais plenamente en boga e vixentes...
A cousa é que polo mesmo xeito non entendo que outros patrimonios inmateriais non teñan ese recoñecemento e, o peor é que semella que alguhas mostras culturais dos humanos non merecen ser conservadas nin por eles mesmos. Hai moito mamoneo nesto como no nobel da paz.
O preocupante é que ó paso que imos vai a ser preciso facer o que digo no título... antes de que a tolemia humana remate por acabar....cos humanos.
1 comentario:
¿A humanidade patrimonio da humanidade? ¿Quén ía querer protexer á humanidade? As pedras, os bailes, e certas cousas hai que protexelas, pero... ¿ó ser humano? ¿Onde se viu tal cousa? :D
O concepto é boísimo.
Publicar un comentario