Adeus ó pintor do trampantojo dese gatopardo chamado transición

Unha porta a ningures...
OUUUUuuuu... Vale, que sí, que non luce ben escribir esto agora que está o home no congreso recibindo honores pero alguén ten que dicilo.

A manida transición foi concebida como unha viaxe "dende a lei ata a lei" isto é: sen ruptura conservando ó principal elemento que para o anterior réxime garantía o famoso "atado e ben atado": O cidadán xefe do estado vitalicio e hereditario. O que ven sendo un 'gatopardo': que todo troque para que permaneza igual.

Toda a estructura da chamada "reforma política" froito, en principio, do texto de Torcuato Fernández Miranda retocado por Suárez non era mais ca un gran trampantojo (ignoro a traducción ó galego e nin me interesa), un engano á vista para que os novos actores aceptaran o escenario no que lles tocaba 'representar' a protodemocracia na que vivimos e á que tan ben se adaptaron.

Seica o mérito de Suárez foi "facer posible" o suposto "suicidio" das cortes franquistas... eles ben sabían que só era cuestión de tempo e que esa era a opción menos mala para eles.

¿que eu qué faría? É doado decir dende aquí e agora que esperaría ó esgotamento do réxime... pero vista a desfachatez coa que reforman á carta magna cando lles convén cecais SI se debeu esperar un pouco mais 'fora' sen conceder a prenda da votación "a texto completo" e outros truquiños empregados nas mal chamadas 'cortes constituíntes'.

Sobre o triste e solitario final de Suárez cecais quen mais tería que dicir sexa o propio "Cidadán xefe do estado" que se amosou enfadado con él cando dimitiu pode que por non querer participar na pantomima que tiña preparada...

En fin; escoitade as crónicas da prensa e fixádevos no que NON DIN e saberedes canta verdade hai no que digo.

Billetes virtuais e o fin do capitalismo...

http://www.flickr.com/photos/famzoo/4880265002/
OUUUUuuuu... Non tomedes en conta esta reflexión, disimulade si tal... non é froito dun intre de tolemia ou desacougo; é o simple contraste dunha realidade manifiesta: O capitalismo xa non existe.

Foi xustamente a caída do principal operador de BitCoin o que me fixo decatarme de que a economía actual DEFINITIVAMENTE non ten un fundamento 'sólido'... o tempo do ouro pasou xa van 50 ou 60 anos... pero agora NADA sustenta o valor que nos mercados se lles da as unidades monetarias que movemos (nin á súa comparación chamada "tipo de troco").

Impera na economía "a confianza", un xeito de 'percepción extrasensorial' das axencias de análise de datos que vaticinan (con pouco acerto sexa dito) os bandazos da economía para que os poderosos a movan como peonza colocandoa de xeito que sempre leven o beneficio.

Quebraron grandes inmobiliarias e empresas financieiras no 2007/8 pero lonxe das esceas de pánico dos anos 20 do pasado século o que veu a pasar foi unha 'desconfianza' na economía... os chamans apuntaron cara a varios países sucesivamente e foron caendo as condicions sociais porque eran "culpables" da desconfianza.

Así que para que todo vaia ben só temos que confiar en que vaia ben... ou non.