Unha porta a ningures... |
A manida transición foi concebida como unha viaxe "dende a lei ata a lei" isto é: sen ruptura conservando ó principal elemento que para o anterior réxime garantía o famoso "atado e ben atado": O cidadán xefe do estado vitalicio e hereditario. O que ven sendo un 'gatopardo': que todo troque para que permaneza igual.
Toda a estructura da chamada "reforma política" froito, en principio, do texto de Torcuato Fernández Miranda retocado por Suárez non era mais ca un gran trampantojo (ignoro a traducción ó galego e nin me interesa), un engano á vista para que os novos actores aceptaran o escenario no que lles tocaba 'representar' a protodemocracia na que vivimos e á que tan ben se adaptaron.
Seica o mérito de Suárez foi "facer posible" o suposto "suicidio" das cortes franquistas... eles ben sabían que só era cuestión de tempo e que esa era a opción menos mala para eles.
¿que eu qué faría? É doado decir dende aquí e agora que esperaría ó esgotamento do réxime... pero vista a desfachatez coa que reforman á carta magna cando lles convén cecais SI se debeu esperar un pouco mais 'fora' sen conceder a prenda da votación "a texto completo" e outros truquiños empregados nas mal chamadas 'cortes constituíntes'.
Sobre o triste e solitario final de Suárez cecais quen mais tería que dicir sexa o propio "Cidadán xefe do estado" que se amosou enfadado con él cando dimitiu pode que por non querer participar na pantomima que tiña preparada...
En fin; escoitade as crónicas da prensa e fixádevos no que NON DIN e saberedes canta verdade hai no que digo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario