A icona é mais forte que a mensaxe

OUUUUuuuu...
Sei que hai grandes intelectuais que dende vai mais de medio século o dín e cecais haxa sesudas publicacions que detallan os mecanismos cognitivos polos que se podería explicar que tras 4 anos de guerra salvaxe en Siria cun tremendo lío de intereses (Irán-Arabia Saudí e EEUU-Rusia por exemplo) unha única imaxe conquerira sacudi-las conciencias de tal xeito que os que dician NON agora digan SI.


Cecais xa o tiñan decidido e só estaban esperando esa chispa ou desexando provocala, cecais teñan outros fins que preferimos ignorar.

Nas redes sociais é onde mellor se ve a potencia das imaxes; de feito as ferramentas TIC mais expansivas son as relacionadas coas imaxes nun contexto social (Istagram é un exemplo) e twitter mais Facebook ben o saben que si pos un enlace de primeiro dominio que conteña unha imaxe a incorpora na entrada automáticamente, pero cando trato de deslizar esta pregunta:
Esa tendencia da sociedade á reducción das mensaxes ó gráfico pensades que é por comodidade ou que realmente a xente reflexiona sobre os contidos explícitos e implícitos das imaxes?
 Non se xera conversación nin entre os usuarios dese tipo de rede.

O certo é que xa van moitas demostracions de cómo unha imaxe conquire encender un troco social de tal xeito que non sería de estranar que os poderes coñecedores desta ferramenta a empreguen. Ou non?




11S

OUUUUuuuu... Hoxe é 11 de Septembro unha data que escomenza a ter unha enorme carga de emoción e simboloxía.

Mentras milleiros de persoas festexan a Diada en cataluña outras tantas conmemoran o aniversario dun momento que pola súa escenificación repercutiu en todo o mundo... e noutra parte cecais tamén milleiros o aniversario do magnicidio de Salvador Allende.

Non se pode calibra-lo mundo dende unha beira... nos deixa cegos a nosa propia pequenez.

Podería ser que o Allende desta foto estivese a mirar ós avions que se estrelaron nas torres xemelgas cheos de sirios fuxindo cara a un país que non deixan nacer...

En fin, unha data que non pasa desapercibida pero que precisa múltiples olladas.

Deixovos con este tema de Zeca Afonso cantado por Sétima Legiao nos 90...