El icono es más fuerte que el mensaje....
— Xosé Manuel Meijome (@Kandpalleiro) September 7, 2015
Sei que hai grandes intelectuais que dende vai mais de medio século o dín e cecais haxa sesudas publicacions que detallan os mecanismos cognitivos polos que se podería explicar que tras 4 anos de guerra salvaxe en Siria cun tremendo lío de intereses (Irán-Arabia Saudí e EEUU-Rusia por exemplo) unha única imaxe conquerira sacudi-las conciencias de tal xeito que os que dician NON agora digan SI.Cecais xa o tiñan decidido e só estaban esperando esa chispa ou desexando provocala, cecais teñan outros fins que preferimos ignorar.
Nas redes sociais é onde mellor se ve a potencia das imaxes; de feito as ferramentas TIC mais expansivas son as relacionadas coas imaxes nun contexto social (Istagram é un exemplo) e twitter mais Facebook ben o saben que si pos un enlace de primeiro dominio que conteña unha imaxe a incorpora na entrada automáticamente, pero cando trato de deslizar esta pregunta:
Esa tendencia da sociedade á reducción das mensaxes ó gráfico pensades que é por comodidade ou que realmente a xente reflexiona sobre os contidos explícitos e implícitos das imaxes?Non se xera conversación nin entre os usuarios dese tipo de rede.
O certo é que xa van moitas demostracions de cómo unha imaxe conquire encender un troco social de tal xeito que non sería de estranar que os poderes coñecedores desta ferramenta a empreguen. Ou non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario