Abri-lo cofre #DiaConstitución

OUUUUuuuu... en 39 anos a vida da xente tende a trocar, o mundo troca, as sociedades trocan... é algo consustancial á natureza que ten que ver cunha lei que na física se coñece ben: Principio de entropía.

Mais na política da Hespaña (esa que Castelao escribía así; con h) o troco non é algo que se leve ben.

Dende a idade media unha boa parte das persoas que ostentaron poder facendo da guerra e da conquista a "industria" do seu "progreso" gardaron calquer opción de troco nun cofre e alí a deixaron ben encerrada... agora ese cofre vense a chamar constitución.

Resulta ata insultante que os mesmos que se opoñen desesperadamente á reforma constitucional agora traten de conducila a un "espazo de moderación" no que se teña por natural e indiscutible o que xustamente é o mais discutible.

Así nesta editorial se fala como quen non quere a cousa de que a reforma constitucional ha de incluir a eliminación da preferencia do varón na sucesión á coroa... e digo que Qué coroa? Acaso non imos poder votar a forma da mais alta representación da sociedade? Claro, eles xa saben o resultado, como o sabía Suarez...

O certo é que aqueles que puideron (si quixeran) votar vai 39 anos agora non son nin 1/3 da poboación activa e menos de 1/4 do total da poboación...


Así que a lóxica apunta a que vai sendo hora de abri-lo cofre.


Medio cento: Agradecido e contento.

OUUUUuuuu...


A eles, porque malía que me trouxeron aquí sen me preguntar fixeron mais do que podían para mo dar TODO.

A Ela porque me otorga o privilexio de vivir con ela e me axuda a ser cada día mellor.

A eles porque sempre son a miña alegría e apoia-lo seu futuro a miña mellor misión.

A tód@l@s que coincidimos no camiño porque algo me aportaron.

Nesta viaxe da vida mais que en calquera outra  acada-lo destino non é o obxectivo, o logro está en face-la ruta conseguindo que os que a comparten contigo o disfruten.

Luns 2 de Outubro

OUUUUuuuu...

Ás 6 da mañan se erguerán as enfermeiras que teñan que entrar de turno de mañan ás 8h.
Almorzarán pantumaca con aceite, pode que aragonés, ou o que lles pete e teñan a man.
Collerán un transporte para ir ó choio non sen antes acomoda-la prole (si a teñen) e face-las oportunas preparacions para o xantar do día.

O sistema impositivo seguirá a recadar o IVE.

O sistema eléctrico seguirá suministrando enerxía.

O alcantarillado seguirá levando as augas sucias ó maresme...

A pantomima PP-PdCat terá acadado o seu obxectivo de desactivar calquer maioría significativa soberanista de esquerda tanto si se detén a Puigdemont como si non se vota.

Si se vota o soberanismo terá feito un gran estrondo mais duvido que teña ninguha clase de efectividade nin no aspecto do autogoberno ni moito menos na mellora das condicions laborais e de vida da maioría traballadora de Cataluña.

A revelación de canto elemento ultradereitista hai en Hespaña (si así como a escribía Castelao) será unha das poucas aportacions desta leria... eso e a comprobación de o doado que é enganar á xente para que esqueza os seus problemas apelando ás súas emocions mais primarias algo que xa deixa moi patente o deporte espectáculo cada día (de feito é o seu terreo de adestramento).

Moitas persoas ás que aprezo puxeron a icona dunha bandeira no seu estado nalgunha rede social a pregunta que lles fago é Serviu eso para resolve-los problemas da súa vida? Serve para darlle un futuro mellor ós seus seres queridos?

Mentras seguimos esgotando os recursos, enchendo de lixo o entorno, gastando o que non temos en obras faraónicas, desbotando a educación, atacando á saúde...

É luns, hai que ir traballar.

Jo tinc por





OUUUUuuuu... Pois si, teño medo.

Teño medo dos que odian e aproveitan o odio de outros para arremeter contra todo.
Medo dos que no medio de tanta traxedia teiman en difamar e manipular en prol da súa causa. Como si unhas macetas fose a curalle-la tolemia a eses rapaces seducidos por un manipulador.
Medo dos que ven provocación en calquer xesto alleo sen ser capaces de aceptar que as provocacions que eles fan cara ós outros non son "o seu dereito".
Medo da insensibilidade que está instalada nos meus iguais que tanto son capaces de porse a grabar a un neno que morre como de ir a un hospital a se facer fotos cos feridos por gañar puntos de popularidade.
Medo do morbo que tantos disfrutan compartindo imaxes desta cruel matanza mentras apupan a quen comparte as imaxes da matanza diaria e silenciosa da fame aquí ó lado.
Medo da hipocresía de tratar de por no mesmo nivel o comercio de armas e a axuda ós refuxiados.
Medo dunha oligocracia que se cree tan por riba de todo e tan a salvo de todo que nos segue entregando a un oscuro futuro de esgotamento dos recursos non renovables e penaliza ás enerxías limpas e accesibles.

O terrorismo este que mais que islamista é islamofóbico só busca traer a europa a fronte de combate entre Arabia Saudí e Irán para que os gobernos occidentais pechen os ollos á súa poboación e lle sigan a vender armas ós alauitas que son, non o esquezamos tamén, unha monarquía.

A restricción das nosas liberdades será a súa victoria ó igual que o é que se toleren reaccions sectarias e xenófobas.

Maiosaurios

OUUUUuuuu...

Novamente temos ós "maiosaurios" na rúa; mirade non mo tomedes a mal que seguramente nesas marchas teño moitas amizades ás que aprezo e seguramente tamén teño mais afinidade estatísticamente coa xente que nelas está que coa que non mais...

Hai dúas realidades que as manifestacions do 1º de Maio  se empecinan en ignorar.

Unha a evidencia de que o sistema está totalmente asentado e adaptado a esa "movilización" feita por carreiros sinalados na data que lle deixan e coas limitacions coñecidas; mentras, as pensions dunha gran maioría da poboación semellan desvinculadas do traballo e non se fai nada por romper esa ilusión ben artellada polos medios: os vellos pensan que as súas pensions poden seguirse cobrando cos poucos e moi precarios traballos de agora.

Por riba non hai ningunha mensaxe contra o control da enerxía por un entramado que a encarece e a produce cun alto custe ambiental; tampouco nengunha mensaxe cara a un troco de modelo e dunha maior conservación dos recursos naturais... todo iso vai caer no segundo feito.

As manifestacions do 1º de Maio pertencen a un tempo pretérito e industrial e a unha "clase" obreira moi diferente da que agora sosten a economía de servizos... non hai conexión e as mensaxes soan a bramido de dinosaurio en extinción.

Seguimos coa xantaxe de que todo vale por un posto de traballo malia a que sexa precario e mal pagado... un posto de traballo que non só non terá pensión senon que non garante as actuais... seguimos dándolle a espalda ó medioambiente.... seguimos ignorando que @s traballadores de agora semellamosnos pouco ´@s dos anos 70... titulados e traballando en servizos polo tanto sen un "producto" que impedir...

Nin o sinto; vexo así a realidade e polo tanto a expreso.

Carta máxica 2017

OUUUUuuuu... Nesta ocasión quero pedir que os "poderes públicos" me aclaren porqué un ditame do consello de estado pode ser obligatorio e outro só "consultivo".

E si non hai explicación que lles medre o nariz.

Grazas