Ouuuuuuu
Pois iso, que hai días que semella que un vai dicir "vou por pan...(tabaco non, que non fumo) e non voltar a mirarse mais (no espello).
Cando marchará esta néboa mesta e fonda que non disipa ás tres nen a hora nenguha?.
Esta néboa de xesto frio e reflexos cobrizos que deixa xiada no ánimo, embota o pensamento e asolaga o corazón; esta néboa que me acompaña e, que si oise os meus pensamentos, tolearía de tanto oir falar polo seu nome... Néboa lacrimal feita de bágoas nejras, en tempos perdidos i esquencidos; Translucida como a que fan as ondas de temporal que rompen no vilar, pecha como o fume das chimeneas de Compostilla... néboa é o seu nome nin se lle pode coller nin se lle pode afastar.
Só queda agardar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario