Outra alternativa: a fruta

OUUUUuuuu

Non ben rematamos de facer referencia ó emprego do hidróxeno coma combustible para o transporte cando atopo este artigo en Wired (e todos os relacionados ) sobor do emprego dos Plátanos coma fonte de enerxía (en inglés)

Agora só nos falta que se mellore a eficiencia da pataca e o millo coma productores de biodiesel e teremos un pequeno eslabón na cadea de substitutos do petroleo coma fonte de enerxía... e non será preciso pasar a depender da non menos perigosa enerxía atómica ou das ben controladas "enerxias alternativas".
OUUUUuuuu

Cando ollei o albo traxe da neboa esta mañan,
esa tela sedosa que translucia o azul do seo,
ese brilo cegador do sol recen nado,
a frescura do seu aire sereo...

Cando desexei ser quen de sorprendela
entre a estrelecida e a lúa chea,
ser quen a escorrenta polos vales
e a empuxa polos cumios coma a unha vela.

Cando fervin da dor do meu encerro
e voltei á impunidade impúdica do pensamento
topando contra ese espello de ferro
que sego a estar eiqui e ser eu en todo momento.

Afoguei. E os segundos-séculos non pasaban,
as horas-eternidades non chegaban,
o camiño que esquecin non fuxia
e a soedade me soubo estrana.

A INSOPORTABLE NECESIDADE DE FORMATEAR...

OUUUUuuuu

Soe ocorrernos os usuarios das Fiestras do tio Portas ( windows de Gates... debia estar inspirado o dia que escolleu o nome ) que debido ás múltiples deficiencias do shell MSDOS teñamos que facer un formateo cada certo tempo (tanto mais necesario cantos mais programas se instalen/desinstalen )... Cun ordenador novo ou unha equipa top pois non é mais ca cuestión de tempo. Cunha máquina vella e cuestión de sorte. Eu desta case non volto: á 5° vez conquerin que o meu AMD K6-2 350 asimilase o WinMe, as actualizacions , o antivirus , o firewall... ainda me quedan moitos programas por instalar, pero desta ainda está vivo.

Unha iniciativa para a esperanza

OUUUUuuuu

Non sempre a información se conquire da mesma fonte; este é o caso. Conducindo soio escoita-la radio porque me gusta que me mintan ( Radio Galega e Radio 5 ) ou por estar ó tanto da música que vai saindo ( Radio 3 )... Nun deses microespazos dos que se compón a programación de Radio 5 fixeron referéncia ó INSTITUTO PARA LA DIVERSIFICACIÓN Y EL AHORRO DE LA ENEGÍA (IDAE) e como o que se relatou sobor das guias para un consumo eficiente da enerxia e sobor da calificación enerxética dos vehiculos me pareceu interesante pois visitei a web. Recoméndovola; tamén dispón dunha páxina adicada ós cativos para que aprendan sobor das enerxías e o seu uso responsable.
OUUUUuuuu

Dende que vin o arco da vella sobor do lar da neboa na primeira hora da seman souben que ia haber unha diferéncia. Non sei cal é , nen me importa; cada cor semella no seu sitio e toda a paisaxe encaixa no conxunto de sempre, pero semella sorir cintileando con ise sol da mañan... ¿chamarase optimismo?: esta ben, non sei porque viu nen canto se quedará, pero está ben. Tal é a sensación que nin os dardos do reproche semellan mancar, o mal feito mal feito estivo e só queda enmendar.
Cada gota de auga deste verán outonizo recibe e analiza un raio de sol, descompono e dalle unha nova beleza xa coñecida, pero non por elo menos sorprendente. Cada brilo, cada matiz semella infinito e final.
O resultado de tódolos ensaios é sempre o mesmo, a situación non ten porque se ver alterada. ¿porqué enton; esta desesperación , este ruxe-ruxe? ¿qué determinou ó remate ó seu control ou sometimento á realidade?, as preguntas que DEBEN quedar sen resposta tamén existen.

O PROTOCOLO IPV 6.0 E OS DATOS PERSOAIS

OUUUUuuuu

Leendo os "ciberpais" atrasados (Gracias , Compañeiro ) pode un comprobar como, ás veces, as noticias que mais impacto poden ter nun futuro son as de "segunda fila".

No número do 29 de Xullo se pode ler por unha banda (páx. 3) que a ICANN xa implatou a tecnoloxía IPV6 nos servidores DNS raiz co cal se poden asignar direccions IP e nomes de dominio empregando esta versión que permitirá aumentar o número de IP´s disponible facendo realidade o de "unha IP por persoa"... por outra banda no mesmo número (páx. 10 ) se pode ler unha nota sobor dun dictame da AXENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS que determina que a dirección IP debe ser considerada "dato de caracter persoal" e, polo tanto, está protexida pola LOTARD (Lei Organica de Tratamento Automatizado de Datos ) especialmente fronte ós fenómenos do tratamento de datos "invisibles" ( cookies , mineiria de datos etc. ).

Ainda que sei que existe unha polémica de alto nivel ( estan nela o ICANN o MIT e toda esa gaita ) sobor da implantación do IPV6 o certo é que parece inevitable... ou que está decidido por intereses comerciais... (é mais "productivo" vender hardware novo con software novo que implantar só software novo)... Tamén recoñezo a altura do conflicto moral i a agresión á intimidade que suporia a implantación de unha especie de "DNI de internet" como pode ser a IP persoal; pero xustamente por existiren estes conflictos me parece que o debate debería ser mais público e non estar reducido ós "grandes da tecnoloxía".

QUERO SABER A VERDADE???

oooouuuuuuuuuuuuuuuu...

A verdade é demasiado como para podela asumir.

O certo é que leendo os artigos de CRISIS ENEGÉTICA coma esta introducción do libro Powerdow un sinte os arrepios dunha pelicula de suspense moi boa...

E tanto meus; os signos de que a era dos combustibles fósiles esta no seu declive son xa innegables e non parece existir capacidade financieira nen tempo para atopar alternativas.

Non esquezamos que non se trata só de fontes de enerxia para xerar electricidade ou para o transporte ( tando individual como colectivo ou de mercadorias ) é a cantidade de compoñentes de todolos artiluxios que nos rodean que se fabrican con derivados do petroleo ( canto pesaría un coche só de ferro ou aluminio?? ) e os fertilizantes da agricultura intensiva... unha dependenza excesiva e moi longa.

XA VOLTAMOS

OUUUUuuuu

Xa remataron as "Hollydays" e mañan volto ó curro... Menuda sorpersa os trocos en blogger. Xa colgarei fotos.