OUUUUuuuu
Dende que vin o arco da vella sobor do lar da neboa na primeira hora da seman souben que ia haber unha diferéncia. Non sei cal é , nen me importa; cada cor semella no seu sitio e toda a paisaxe encaixa no conxunto de sempre, pero semella sorir cintileando con ise sol da mañan... ¿chamarase optimismo?: esta ben, non sei porque viu nen canto se quedará, pero está ben. Tal é a sensación que nin os dardos do reproche semellan mancar, o mal feito mal feito estivo e só queda enmendar.
Cada gota de auga deste verán outonizo recibe e analiza un raio de sol, descompono e dalle unha nova beleza xa coñecida, pero non por elo menos sorprendente. Cada brilo, cada matiz semella infinito e final.
O resultado de tódolos ensaios é sempre o mesmo, a situación non ten porque se ver alterada. ¿porqué enton; esta desesperación , este ruxe-ruxe? ¿qué determinou ó remate ó seu control ou sometimento á realidade?, as preguntas que DEBEN quedar sen resposta tamén existen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario