A actualidade politica anda entorno a dous planos de definición (redefinición) do marco político aparentemente incompatibles e que teñer, dende o meu punto de vista, abondosas caréncias democráticas.
Ámbolos dous son tratados con distinta sorte polos medios de in-comunicación maioritarios do estado e polos seus ideologos, os dous son obxecto de sesudísimos debates nos parlamentos e os dous van ser sometidos ó refrendo da povoación á que afectan; mais, coido que carecen de legalidade democrática.
A verba constitución fai referéncia a un texto legal moi particular que "emana" do povo i é redactado por unha asamblea ELEXIDA "ad hoc" pola cidadanía, eleccions na que o cidadan sabe previamente a posición que manten cada individuo ou grupo sobor de: a definición i estructura do estado, o sistema electoral, o grao de descentralización, o grao de democracia (isto é:poder dos votantes)que vai ter o sistema , o sistema socio-económico, o sistema de saude i educación... Logo esa asamblea elebora unha proposta (sempre me preguntei porqué unha e porqué todo o bloque xunto) que é sometida á ratificación cidadan nun referendum do que, si non sae aprobada, se volta a convocar elección a parlamento constituinte...
Unha constitución é un "asunto moi serio"; non sei vos, pero eu non puiden votar no referendum convocado para a actual (teño 37 anos)e iso xunto coa non obrigatoriedade de consultar a súa vixencia nun certo período de tempo (25 anos me semella dabondo para o que están a durar outras leis fundamentais) me fai dicir: "vivo baixo unha dictadura constitucional". Nun mundo no que todo troca mais rápido cada vez, os "pais da patria" sosteñen que existen leis inmutabeis ou que só poden trocar cando se lles fai necesário a eles. Porqué: ¿como é que unha lei tan inalterable e necesária para a estabilidade pode ser trocada só cos votos dun parlamento que existe gracias a ela?,¿non deberiamos ser os cidadans os que refrendasemos os trocos directamente?.
Sosteño que un parlamento non se pode arrogar se-lo representante dos cidadans e decidir pola súa conta no que afecta á lei da que saiu. Se queren alterala que convoquen eleccions a parlamento constituinte e que se mollen de certo na campaña.
Cuestions candentes:
Eu non me considero antieuropeista, nin antiespañolista. Pero teño para min que alguns ven a palla no ollo alleo e non ven a espiga no propio. Diráseme que ambas iniciativas non son comparables mais a súa coincidencia temporal fai esta comparanza inevitabel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario