¿SI PRAGMÁTICO Ó CONTO DE FADAS?

OUUUUuuuu

Co díario El País deste domíngo 16 de Xaneiro entregouse unha copia fascimile do Tratado Constitucional para a Unión Europea (TCUE) como parte dunha campaña institucional e mediática a prol desta iniciativa que será sometida a referendum (ainda non teño claro si vinculante ou non) o próximo 20 de Febreiro.

No mesmo diario na sección de debate aparecen dous artigos baixo a cuestión “A esquerda, ante a constitución europea”; cada un dos artigos argumenta o voto nese referendum en senso afirmativo ou negativo.

O primeiro artigo defende o “SI” i está escrito por Cesáreo Aguilera, que tenta desbaratar 5 supostos argumentos en contra do TCUE, pero mais que desbaratalos os amortigua sen conquerir negalos e facendo, principalmente, un plantexamento estratéxico (SI pragmático) apoiado na própia historia do proceso europeo dicindo: “rexeitando o tratdo de Roma non estaríamos aquí”. Mais o certo é que non conquire rexeitar-lo déficit democrático deste tratado tanto na súa concepción como no própio resultado. Non conquire rexeita-la imaxe neoliberal (banquero-mercantil chámolle eu) da Unión. É consciente do problema que plantexa unha estructura como a da UE sen cesions reais dos estados e sen definir “nación” nen dar mais saida á plurinacionalidade que a que cada estado adopte na súa própia constitución. Recoñece expresamente as graves carencias no tocante á sustentabilidade e protección medio ambiental; e, para rematar, tenta pasar de puntillas sobor do tema militar dando por suposto que a pertenza a OTAN xustifica unha estructura e unha “misión” militar da Unión.
Si fose eu o que empregase argumentos como o apoio das direccions sindicais ou dos partidos verdes; as consecuencias dun eventual non ou a lembraza a anteriores oposicions que agora semellan (mais cuia argumentación segue vixente) desfasadas nun exame sobor dun texto sería tratado de pueril ou inxénuo.

O segundo artigo, o que defende o “NON” Escrito por Carlos Taibo. Entra nunha digresión intelectual sobor das lóas que habitualmente virten os “mass media” sobor da U.E. no que denomina “exercicio de autocomplacencia”(conto de fadas) perdendo unha oportunidade para desmiuzar as fallas da xénese e do documento en si e referenciar artigo por artigo as carencias que fan necesario un NON tallante como chamada de atención á Bruselocracia para que se decaten que non poden montar un sistema de goberno do povo sen contar co povo.

Eu non son antieuropeista, mais coido errado un proceso constituinte que sae dunha “comisión de expertos” e non dun parlamento electo con esa misión, coido erradas as referéncias á herencia relixiosa e vexo escaso reflexo das necesárias proteccions sociais (a auténtica solidaridade) e medioambientais (a auténtica garantia de futuro) e moita preocupación por desregular e ofrecer liberdade de movimento ós capitais.

Coido que nesta elección se fai mais necesário que nunca unha reflexión alonxada de condicionantes persoais ou de política local pregúntandose cada un ¿son estes os principios e a organización que mais nos convén os cidadans de europa?.

No hay comentarios: