OUUUUuuuu
Na volta destes días fanse 2 anos de gobernanzas Bipolares da paisaxe post-fraguista... antes de que Tourito decida sorprender en col de ser sorprendido e vendo o aumento a desconfianza dos que compiten, perdón, comparten mesa e leito.
Xa é tarde para que o BNG limpe o dano que lle poda ter feito este 'contubernio' novamente a lenda da fagocitacion das accions de goberno se ten cumprido e, salvo alguns asuntos levados case persoalmente por Quin o resto está a ser mellor aproveitado polo apararello mediatico do P$o€-G que non se priva de adxudicar ó BNG en exclusiva calquer referéncia negativa das súas accions mais dilue entre ambolos socios as falcatruadas das consellerías socialistas... para mostra os botons da rezonificación das zonas de rede natura no courel, o novo plano de acuicultura, o novo plano eolico etc. que tras pasar polo consello da xunta e ser, polo tanto, coñecidas e votadas polo vicepresidente e os conselleiros do BNG pasan ó seu saldo.
¿que poden facer? PLANTARSE, votar que NON, sen darlle importáncia a que o goberno se paralice; xa se debeu facer co tema do estatuto, sabíase de sobra que o PPdG tentaría xoga-la carta da desunión; debeuse optar por facer unha proposta ó verdadeiro soberán e que o PPdG dixera logo que a aceptaba... (non terían valor para o contrario) ou convocar novas eleccions si saida derrotada ou non se acadaba unha participación que dese respaldo democrático á proposta.
Ben sei, porque o escribín, que nas derradeiras eleccions locais semellou ser o PPdG o que mais perdeu; mais coido que perdeu pouco e que lles serviu para porse as pilas... non van permitir que nunhas eleccions galegas a 'máquina dos carrexos' lles falle tan lamentablemente e o BNG debe tomar boa nota e investigar porqué ten perdido tanto apoio no eido urbán, porque eses si que non son votos carrexables e, a do carrexo, é unha canteira a piques de se esgotar e con dono de seu.
Manifestome profundamente decepcionado por 3/5 partes do feito polo goberno galego bipolar... en moitos eidos o que semella que acontece é que se paralizou a acción do anterior goberno para retomala favorecendo a outros amigos... o mais sangrante, para min, é que esa transversalidade da sustentabilidade e a conservación do patrimonio natural se ten concretado nunha liña moi baixa que non é quen de frea-las desfeitas que a fame dos poderosos causa por medio de infraestructuras, urbanizacions, factorias, canteiras e refugallos no que lle imos deixar ós que virán.
Tra-lo debate
OUUUUuuuu...
Desta volta non seguín a 'pé firme' o debate do estado dende o congreso porque tiña, e teño, cousas dabondo das que atender e conformeime coa puntual información dos medios ó meu alcance.
Semellou que o grupusculo de cidadans elexidos pola xente para a representar non vive cos mesmos problemas que eles; non é de estranar, con tantas medidas de seguridade que pensen só na ameaza terrorista (curioso, só nunha caste de ameaza terrorista) mentres que o tema da vivenda, o mundo que lle imos deixar ás vindeiras xeracions, o enriquecemento duns poucos por medio da usura e a usurpación dos recursos públicos e naturais... non debe sair nas enquisas e, polo tanto, non está xustificado que os nosos próceres lle adiquen os valiosos minutos que a mercadotecnia da comunicación lle adxudica a este teatro pseudo-dialéctico.
POR PARTES
No referente ó debatido de xeito principal... Atopámonos coa infame celebración por unha parte dos electos do fracaso da tentativa de acada-la paz que autorizou maioriataiamente o mismo foro de representantes, celebración que a piques estivo de ser coroada funestamente polo sector de lacaios deste sectarismo no que, semella, se ten convertido a 'loita' dos abertzales. Peticions políticas como a das actas das xuntanzas e a revocación do acordo do pleno que autorizou a tentativa demostran a desesperación de quen as fai e as súas tremendas carencias no eido da iniciativa de goberno. Pode que a petición das actas dos fatidicos días de marzo ou das xuntanzas das Açores semellen unha resposta, mais non o son; como tampouco o é a revocación do acordo do consello de ministros que autorizou o envio de tropas de apoio á toma dos campos petrolíferos da antigua mesopotamia.
Mágoa que este mesmo grupo non apoiase as iniciativas de afondamento na democracia que permitan o fin da fraude no voto CERA ou a da creación dun novo pacto político que permita reaborda-lo tema da violencia política sen facela obxecto do acoso mediatico por parte dos aparatos 'contaminadores' dos bandos enfrontados.
A INDIGNIDADE
Serviu o debate como punto de saida para a vindeira campaña electoral que vai seguir as mesmas liñas que os dous líderes ós que o entramado politico-económico-electoral lles ten asignado posibilidades de acada-la presidencia do goberno, mostraton no desenrolo dos pseudo-debates da ainda non ben rematada campaña dos cómicos locais-autoanémicos.
Que o faga o lider aspirante podería ter sentido; mais, no canto de ofreceren alternativas e proxectos o que fixo foi o que arriba sinalei.
Que o actual máximo cargo político do país se adique a 'abracadabras' electorais no debate político de, suposta, mais altura do ano é por en realidade que se trata nada mais que un xeito de atrae-la audiencia dunha cidadanía descontenta e desconectada do devir da política (por que ela mesma así o quere e o sistema se beneficia delo) para que vexa os anúncios que os publicistas políticos lles preparan.
Si, acto seguido, se fai unha reforma da equipa de goberno para liberar 'pesos e mentes' de cara a esa campaña recen iniciada non cabe outra verba sobre o debate que PATRAÑA.
Porqué afirmo que a cidadanía está desconectada e descontenta da política? porque lle asigna a función de "caixa escura" na que os procesos de toma de decisions semellan inadacabeis e os seus resultados, sempre no beneficio dos mesmos, se poden criticar sen temor pois nós non temos ren que facer con eles.

Feitos consumados
OUUUUuuuu
Repítese a maxima e resulta que "o descoñecemento da lei NON exime do seu cumprimento, o seu coñecemento SI".
Na pugna dialéctica do capitalismo post-industrial sempre atopamos o enfrontamento entre o "desenrolo das iniciativas" que falsamente se chaman "iniciativas de desenrolo" e os recursos que son ben público cecais non reflexado como tal na lei mais que si o son na realidade: A paisaxe, a auga, o aire... o futuro.
Os que impulsan ese desenrolo feroz empregan armas e chantaxes moi refinados que semellan non ter que ver coa violencia mais que lles permiten acada-los seus obxectivos e doblegar a vontade dos gobernos e de quen -coida- os elixe para que defenda os intereses xerais.
Así, o peche dunha explotación mineira ilegal ou lesiva para o medio ou que impide outro tipo de desenrolo sempre recibe a ameaza da 'destrucción de postos de traballo' coma unha navalla fronte a unha gorxa inocente, famenta, que non ten mais que dicir que ollar desorbitadamente e pregar: "Dádelle o que pide ou deixará de me explotar laboralmente...".
Nos derradeiros días vemos como gobernantes creban precintos xudiciais, gobernos aproban canteiras en parques naturais e a verdadeira industria segue coa súa produción de mortos e contaminación. Estamos a ser expropiados a prezo de saldo e baixo a ameaza chantaxista dun emprego miserento e precario que, en calquer intre, poderá ser desprazado cara a "paraisos laborais" deixando ¿que?; deixando un burato no noso futuro.

O treito afectado pola mina do Courel estivo incluído dentro da Rede Natura 2000 cinco anos.
A maior parte do treito do Courel excluído da Rede Natura reúne os mesmos valores que o resto do espazo, e a súa exclusión responde a prácticas fraudulentas de concesións realizadas polo anterior goberno e da que agora os responsables da nova Xunta parece que queren ser cómplices. O motivo de que Galicia ocupe o penúltimo posto dentro do estado de superficie protexida en Rede Natura 2000 e froito precisamente destas prácticas, e a riqueza natural galega non está ben representada. Clama ao ceo que os soutos do Courel sexan destruídos impunemente en pleno século XXI amparándose na falta de protección oficial.
A FEG está interesada en coñecer se a documentación xustificativa que chegou ao Consello da Xunta para resolver o expediente de autorización e legalización da Canteira de A Campa – Santa Eufemia, que ameaza unha parte central da Serra do Courel, incluía información relevante sobre a circunstancia de que precisamente a área en cuestión estivo incluída durante cinco anos na Rede Natura 2000. O mero feito de ser tido publicado no DOGA, como proposta na lista da Rede Natura 2000 a enviar ao Ministerio de Medio Ambiente ( encargada de coordinar a proposta española ante Bruselas) supoñía a condición para ser considerada, a efectos prácticos de xestión, como espazo Natura 2000 segundo o disposto na Directiva de Hábitats 92/43, no seu artigo 4 apartado 5, mentres non fora resolto definitivamente pola Unión Europea.
No ano 1999 a Consellería de Medio Ambiente publicaba no DOGA Nº 216, de martes 9 de novembro na súa páxina 13130 a “Orde do 28 de outubro de 1999 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espazos naturais en réxime de protección xeral”, en cuxa proposta figuraba incluído varios vales forestais que abarcan, inclúen e rodean a zona de extracción mineira de lousa, área esta que ben sido aprobada a semana pasada polo Consello da Xunta.
Posteriormente, no ano 2001 (DOGA 118, do 19 de xuño) e no ano 2003 (DOGA 115, do 9 de xuño), o espazo en cuestión foi novamente recoñecido como zona da Rede Natura 2000.
Pero foi no ano 2004, a raíz das negociacións mantidas polo sector pizarreiro coa Xunta, cando a Consellería de Medio Ambiente decidiu excluír, da noite pra mañá e sen xustificación aparente e ningunha resposta as diferentes organizacións ecoloxistas que denunciaron esta sorprendente e anómala decisión, unha importante superficie da zona centro sur da Serra do Courel.
Así, figura publicado na cartografía recollida no DOGA 95 páxina 7082, do mercores 19 de maio de 2004, onde se pode comparar o “guillotinazo” que deixaba un burato na zona centro sur do Courel desamparado de protección coma espazo protexido. Xusto ao mesmo tempo, a Consellería de Medio Ambiente por medio da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formula a Declaración de Impacto Ambiental da Canteira, con data de 25 marzo do 2004, relativa ó proxecto de explotación da Campa n° 5367.2, e no que xa se recolle que a zona está excluída da Rede Natura 2000, cando esta resolución practicouse un mes máis tarde, con data do 30 de abril do 2004, por parte da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da CARTOGRAFÍA Rede Natura 2000.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)