Pepiño, pecha spanha

OUUUUuuuu

Hai xente tan ben disposta que poña o que se poña a facer sempre o fai mellor que os que se adican a elo porfesionalmente.

O caso é que o P$o€ posto a seren spanholista por aquelo de non perde-las eleccions xerais non só ten demostrado que xa "non se rinde" nen 'pacta co demo' para chegar ó poder senón que é moi capaz de lanzar o lendario berrido do apostolo e, envolvéndose no pendón de Clavijo, facer da "una-grande-libre" un lema modernizado.

Ben visto, si algunha iniciativa resulta algo chocante como a de incluir nos estatutos de RTVE a misión de contribuir á fixar a 'idea de Spain'; logo non ó é tanto pois, a estas alturas, todos sabemos e recoñecemos que a formación da poboación se fai ó traveso dos medios incomunicativos e, polo tanto, deixemonos de lerias de si ensino público i educación para a cidadanía i ensinemos o importánte ó traveso do medio mais efectivo para chegar á poboación. Diante da TV todos estan quietos e atentos; logo é alí onde se pode impactar mais.

Outra das medidas desta campaña, ainda que acompañada da clásica polémica dos malos perdedores, é a substitución e introducción masiva do logo e a marca "gobierno de españa". Isto case resulta coherente pois tódalas empresas se fan identificar pola súa marca... non debía ser menos o poder politico tornado en máquina electoral.

Ó cabo; a pepinho white pode que lle saia ben a xogada voltando a trocar de pelexo neste intre e convocando, seguramente, antes do 11-M. Logo das eleccions, cando a realidade social do estado impoña a súa terquedade e se vexa que para uns e para outros é preciso connivir e pactar centrípetos, centrifugos, liberais e sociais... ¿poderan chegar realmente a se preocupar de posibilitar un futuro mellor para a maioría?.

Co euribor xa no 4,71 moitas familias escomenzan a retraerse no consumo, os investidores xa sairon do mercado inmobiliario hai tempo e, por riba, a crise de liquidez refractaria ó desplome hipotecario nos EEUU ten 'asustados' ós mercados financieiros non tanto pola afectación directa dos fondos retidos/perdidos senon polo significado de semellante sino no noso entorno. Hai 526747 millons de €uros concedidos en hipotecas; lastre dabondo para calquer economía con que un 5% non poida pagar e/ou se declare en quebra ¿que lle vai a ocurrir á banca?. Os recomendadores financieiros aconsellan meterse a 'letras del tesoro' iso só pode querer dicir que os tipos van seguir subindo e que a única seguridade está no estado.

A remollo

OUUUUuuuu

Dixo ZP:"Peón Navarro a UPN".

Sacrificando así, mesmo contra a vontade manifesta dos militantes navarros, a opción de posibilitar un troco no vello reino. A conclusión, para min é clara. As enquisas mostranlle a pepiño blanco & co. que a mensaxe do medo de Aznar e 'serompespaña' pode facer perigar o resultado electoral da vindeira primaveira e face-lo xesto de permitires un goberno mais 'centrifugo' en Navarra sería empregado polo "zoombiejoy" nesa dirección ainda tra-la demostración de que non se cedeu en nada fundamental nas negociacions con ETA.

Zapiavelo; ven por onde foi coa diferencia de que agora que tocaba apoiar ó goberno alternativo de outros non foi quen de facelo. Lección: En Galicia o PSdG non houbese apoiado un 'goberno bipartito' si eles non acadan o goberno.

¿Que facer?: Provocar unha crise de goberno, sair del e, coas mesmas verbas que lle dixeron a UPN en Navarra deixar gobernar ó PSdG en minoría. Desligarse de falcatruadas e corruptelas como a dos sobresoldos de por vida, demostrar que non se está no poder polo poder en sí e rematar coa pantomima de ter que aceptar tantas actuacions irregulares por 'lealdade'.

Aínda se está a tempo.

Haberá que irse afacendo...

OUUUUuuuu

Remata o "mes de dialectica interna" á que me submetín para ver que carallo estou a facer neste blogue i en que debo centrar o pouco tempo que lle quero adicar si é que quero poder facer outras cousas noutros eidos dos mundos nos que moramos (real e virtual).

A expresión libre do pensamento, ainda o que sexa o contrario ó propio sistema político, é unha das características fundamentais da DEMOCRACIA. Onde remata esa expresión e escomenza a apoloxía, a terxiversación manipulativa ou a inxuria xa ten a súa miga mais coido que coincidiremos en que as prohibicions e censuras no estado actual da difusión da información son medidas inútiles e contradictorias.

Eu neste blogue podo dicir que a monarquía e, sobor de todo, o resto dos membros do 'clan borbón' que non teñen un papel político sinalado na constitución (esa que disque o rixe todo agás o que non rixe); podo dicir que non exercen "laboura nengunha" e, supoño, non será delicto. Escribir a verba VAGO referido a un deses individuos seica sí ainda que hai quen se farta de dicir esa e outras lindezas de cantos traballamos para as administracions do estado malia que o fagamos en virtude de procesos selectivos non biolóxicos.

Mentras unha publicación humoristica que languidecía na súa tirada e que traballaba arreo para facerse un espazo no novo mundo dixital recibiu o espaldarazo da actuación lacaya dos que logo non son quen de actuaren de oficio contra criminais de "luva branca" que matan mais xente cunha decición maniquea que un tirador enaxenado; outros que alimentan a lenda romántica da confrontación elegante entre o poder parlamentar, de forza democrático aínda que maniatado polo financiamento, e o poder monarquico non reciben mais ca un indicativo silencio de que son as súas as verbas que realmente mancillan i evidencian o contubernio entre o que culmina a pirámide mediatica do poder e os verdadeiros poderosos.

Porque unha cousa é non premitir a obtención de prebendas politicas e ingresos económicos dos grupos ou invidiviuos que manifesten ou apoien as agresión os dereitos humanos escomenzando polo de vivir; e outra é non premitir expresarse a persoas ou grupos que consideran que o sistema político ten fallas ou inxustizas. A propósito desto, haberá que incluir nas prohibicions da lei de partidos ós que declaran partidarios da pena de morte (agresión a vida 'legalizada') incluidos os actuais partidos que non a retiran XA do código militar.

Haberá pois que afacerse a este tipo de nova censura "democrática" que consiste na auto-regulación polo medo ou a conveniencia como ben se leva demostrado nos derradeiros 30 anos en toda clase de medios de comunicación do estado que miden moito calquer cousa que sobre o devandito clan se fai pública. Non vaia ser que no seguinte reparto de fondos públicos non toque nada que ter beneficios da publicidade non é doado.

Por elo moita xente ainda non ten caido na conta de que o xefe do estado 'desaparece' incluso nos intres de máxima importáncia familiar sen que poda ser localizado para llo comunicar, as lóxicas preguntas son evitadas polos reporteiros asignados ó 'seguemento' informativo deste individuo senon queren quedar fora da comitiva das seguintes viaxes oficiais e xa está. O parlamento tampouco lle pregunta á Casa R. pola actividade privada do señor este e segue a pagarlle como "horas extras" cada discurso que vai dar por alí.

Vale, xa me estou a deslizar pola liña da indignación; Cada sociedade ten os gobernantes que merece.