Strausskan vs Kandpalleiro

OUUUUuuuu... el ten moita experiencia, formación, información, autoridade e os medios de comunicación...eu nen sequera o común senso mais coido que SI argumentos.

Este home fala agora de que a actual coxuntura é a "escusa" para facer unha reforma do mercado laboral...eu só coido que a actual situación deixa claro que clase de dictadura padecemos: A da memoria idiotizada.

Porque que eu saiba eiquí quen fallou non foi a xente que vai ó seu traballo senon os que fixeron prediccions de rendibilidades sobre castelos de area e aconsellaron meter alí cartos a quen pensaba que os tiña e que os ia incrementar todo camuflado tra-la cortina do "mercado financieiro libre" (quere dicir sen impostos) nun "mundo de oportunidade". Logo, cando rachou o espellismo, ninguén se puxo a demonizar ós impostos que permitiron mante-la solvencia do sistema financieiro privado; é mais fixeron festas na súa honra.

Pero agora resulta que o que hai que reformar é o sistema laboral...e que non se fale de subirlle-los impostos ás altas rendibilidades nen ás rendas altas, eso é demagoxia; claro pobriños os fillos deles con rendas de mais de 50000€ ó ano precisan o 'cheque bebé' tanto como a única especie humana en perigo de extinción: O mileurista (pasarán a oitocentoeuristas).

Eis entón que non se pode inxectar subvencions nin patrocinio público en ningún sector productivo, nin se poden establecer medidas proteccionistas en sectores estratéxicos salvo no sector financieiro...

Non vai respostar ninguén, mais...o que precisa este mundo é unha fonda reforma da HUMANIDADE.

No hay comentarios: