OUUUUuuuu...50 persoas estratéxicamente situadas fan unha nova de repercusión mundial (sae nos telexornais de EURONEWS e CNN).
Como chegaron alí, quen son, como se coordinan... nada se mira; só que berran "DIMISIÓN" a un político. O que me queima non é tanto que lle berren a ZP a súa opinión nin que os medios de comunicación lles outorguen tanto pávulo mercede ás ordes dos seus donos...non, o que me queima é que si un grupo republicano se toma a molestia de acampar a noite antes no sitio e, sin ser descuberto, chega a mante-la posición ata que o cidadán JCI aparece e lle berran "MONARQUÍA NON É DEMOCRACIA" non só non se lle daría esa repercusión sinon que os deterían e os reterían as 48 horas de rigor (como pouco) si antes non hai provocacions ou altercados que sirvan de escusa para cargar...
Entón estes 50 cidadans berrando (ou 500 ou 1000) valen mais que os milleiros, millons que nos manifestamos contra a guerra de Iraque do señor do bigote? semella que non se trata de berrar sinon de ter amplificador.
Esto seica non preocupa a quen pensa que a democracia é unha cuestión de representación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario