E que quitamos primeiro?

OUUUUuuuu... O silencio social semella a rendición ó engano:[Retranca On] A crise foi culpa dos altos salarios e os disparatados gastos sociais e pronto virá un goberno que poña as cousas no seu sitio...[Retranca Off].

Vale, pero que quitarán primeiro? As viaxes do INSERSO? non, que os hoteis teñen que manter os seus gastos no inverno con esta clientela segura. Instaura-lo copago nos gastos farmaceuticos? non, porque mais aló do risco de exclusión, farmaindustria sabe ben ó que xoga e quere que lle pague quen nin prescribe nin recibe as medicacións. nos seguros dos mutualistas cando a administración ten o seu seguro público? non, que de onde van saca-las mutuas mercado mais rendido que aquel que acude a elas por prestixio pero que cando ten problemas vai ó sistema público. As subvencions a grupos empresariais de comunicación? non, que como se van difundi-las campañas de publicidade politica (digo, institucional) si non é asi. En carteis de obras inconclusas? non, que a xente non se entera do que fan 'polo noso ben' ainda que sexa reformar un edificio recién feito...

Será algo sibilino e pouco terá que ver cos centos de organismos paralelos das administracions ou coas 4 ou 5 estructuras administrativas cos seus correspondentes cargos 'desingados', prebendas e pensions...ou os cargos que se nomean nas caixas de aforro que son o verdadeiro motivo da preocupación de alguns por onde queda o "centro de decisons"...

Iso si, os funcionarios na picota malia que, como asalariados das administracions, foron os únicos incapaces de defraudar co seu soldo ainda que quixesen, malia a ser os únicos que tiveron menos incremento salarial que a inflación.

No hay comentarios: