Nata for all = Natal

OUUUUuuuu... Nestes días vivimos o sumum do sistema socioeconómico imperante un exemplo que ven sendo multiplicaddo en tódolos ámbitos nos que se instala, que sempre resulta no mesmo e que demostra, en esencia, as imperfeccions do mercado e a dupla oferta-demanda como reguladora de prezos.

Ninguén nega que nestes días os prezos son os mais altos do ano vencellados a un incremento do consumo debido a unha "inducción social". O resultado repetitivo é unha caída expectacular do consumo en Xaneiro que se tenta compensar cunha suposta rebaixa de prezos sobre os restos dos artigos sobrantes... rebaixa no consumo que se prolonga no tempo.

Exactamente como pasou co tema do tixolo ou anteriormente coas accions das TIC ou tantas outras 'crises'. Xerar un ciclo de crecemento de consumo 'artificial' para que o beneficio marxinal sobre cada producto medre (a eles non lles custa mais fabricar porque o teñen planificado) e logo desfacerse dos restos cunha suposta rebaixa de prezo que non é tal... trasladen esa manobra a tódolo demais e teñen o modelo deste "movemento".

A min o tema do gordo vestido de bermello perseguindo nenos agás de pederastia lémbrame unha canción de LPR; "a rebelión dos famentos"...

Y tienen hambre...
y tienen hambre....
pasan hambre mientras nosotros lo estamos tirando
papá noel manda papeo que esto está muy feo.

Como desa non hai vídeo no tubo pois vos poño outra igual de bonita que 25 años despues sigue en vigor:



Pero, a verdade é que salvo a canción do muro de Berlin e algunha frase como "Hiciste nuestras casas al lado de tus fábricas y nos vendes lo que nosostros mismos producimos" (agora fabrican en china) o resto TODO segue en pleno vigor menuda merda de 'progreso'.

Casualmente un extrano este día....

OUUUUuuuu... Así que os grándes pronosticadores, os que teñen os datos e sabían o da burbulla inmobiliaria e financieira, os que aconsellaron subir impostos en fase de bonanza para baixalos nas vacas fracas.... agora, hoxe, "casualmente" insinúan que pode que cecais seica ó mellor é probable que... o estado teña mal botadas as contas.

Casualmente onte que no parlamento se vai consuma-la conversión da burbulla do tixolo en burbulla de fondos pensionistas; a grande ferramenta financiera do noso tempo, cartos libres para especular novamente sen ter que garantir ren... ou si, pero que o paguen outros porque nesto do financieiro os gaños son privados (e libres de impostos) e as perdas son públicas.

Dende xa; e coa decisión tomada: Súbanlle os impostos ós fondos de pensions; ata a metade do que se pagaría noutras ferramentas financieiras, non concedan "excensions fiscais" porque o que non se pague hoxe vai ser débeda mañan.

E nas novas veña a falar de como se toma a bolsa as insinuacions do prostíbulo pronosticador/culificador. Dende cando a bolsa lle importa ó cidadán medio? Quen inviste en bolsa saberá o que pode perder e debera sabelo mellor do que sabe o que pode gañar; e, dende logo, coñece ou sabe onde informarse, do que vai pagar ou desgravar por unha situación ou outra. Pero é que investidores en bolsa a nivel de "pouca tolerancia á volatilidade" son mais ben poucos pero veña a preocuparmonos por eles e polas empresas que cotizan.

Si os medios falasen mais das provisions a conta de amortizacions, a conta de obsolecincia, a conta de mandangas coas que as empresas enganan ó fisco... si falasen da sobrevaloración dos activos inmobiliarios dos bancos/caixas que manteñen altos os prezos das vivendas que eles mesmos financiaron na súa tolemia e que agora queren "socializar"... Non querían liberalismo? Pois si unha doutrina que preconiza que o benenficio privado ha de seguir sendo privado (non pagar impostos) tamén será a que manteña que as débedas privadas, privadas se manteñan.

Resposta rápida ós 'opinadores a sueldo'

OUUUUuuuu...Como outras veces viaxar é escoitar radio e aturar insinuacions ás que só podo dar resposta por esta vía.

Hoxe un comentarista en RNE1 veu a insinuar que a presenza de 30 formacions nas eleccions catalanas era un "dispendio e un derroche"... só lle faltou dicir como Sanchez Dragó que o seu voto vale mais que o de xente sen formación ou o de xente que "non contribue"....

A resposta brindouna o mesmo comentarista intres antes cando dicía que "a sociedade catalana está cansa"... Cansa dos partidos políticos; por iso apareceron novas formacions. Claro que este home como outros periodistas ten ausencia de ética e por iso non pon o fundamento en que cada partido xustifique os seus gastos e ingresos detalladamente por cada acto i evento.

Restrinxi-la participación democrática das opcions politicas, tan sequera insinualo, é o paso próximo da castración social... seguen mirando ó teatrillo bipartidista americano como o sono dunha sociedade futura que combine a explotación social e a espoliación natural que se dá en China coa apariencia de eleccións que se ve nos EEUU.

Dereitos Humanos, Periodismo e hipocresía.

OUUUUuuuu... No día de onte os dereitos humanos se viron ensombrecidos novamente porque quen mais pode facer a prol deles denunciando as situacions de atropelo que se producen son os primeiros atropelados.

Claro que non só os gobernos atropelan os dereitos humanos, non; principalmente son as persoas e os seus intereses quenes cometen as barbaridades que sabemos e as que non coñecemos agora. Vin onte moita teima co periodismo como contrapoder do estado co exemplo de do nobel encarcerado mais, non oin ren de como os periodistas se pregan ós intereses dos que PAGAN nos seus medios.

Sin dúbida os gobernos atacan a liberdade de prensa nos paises de réxime non democrático na súa totalidade ou en aspectos 'sensibles' véxase Wikiliks, o tratamento da monarquia hispánica, Marrocos, Cuba, China... Pero a peor censura é a imposta por quen non publica e non paga mais que o que lle interesa... Hai que recoñecelo; o periodismo de agora é unha profesión sen código ético ou como moito cun código ético "en negativo" que permite que ó periodista non publicar algo que non lle pareza correcto pero lle impide publica-lo correcto que vaia contra os intereses que financian ó medio en cuestión.

Pero agora contamos co medio dos medios, e por iso o ataque furibundo a Wikiliks, porque "o mar non ten cancelas" e a rede nos permite ler aquelo que antes estaba relegado ós fancines e pintadas dándolle, iso si, ó noso xuizo de valor a principal carga pois xa non é cuestión de ter 'un medio' creible senon ter moitas fontes de información das que tomar datos e formarnos unha opinión.

Os secuestros que veñen

OUUUUuuuu.... Así que agora lle imos ver o plumeiro o alarmista estado da nación. En canto os mineiros volten a secuestranos nas estradas veremos a complaciente actuación dos medios de comunicación (encabezados sen vergoña polos que teñen intereses industriais no sector) e a "nórdica" presencia das forzas de seguridade.
Sobor de todo teremos ocasión de comprobar novamente como se botan os cartos públicos nas mans privadas e subvencionamos a queima dun producto sen que se poñan medidas verdadeiras para dotar de alternativas ás zonas afectadas; seguiranse a construir edificios para deixar valeiros ou subempregados (Hospital de Laciana, Centro de discapacitados de Fabero etc.) e vías de comunicación a ningures ou, aínda peor, destrozando o único tesouro perdurable que ten este territorio: A natureza.

Hai actitudes moi cómodas de xente que vai ben na burra e non move peza nin individualmente nin como colectivo cara a iniciativa, a formación, a innovación... só saben berrar e querer permanecer; o tempo será un xuiz implacable.