Semellanzas e diferenzas F-F

OUUUUuuuu.... Dúas persoaxes que provocan tanta admiración como odio entre os seus coetaneos e que con tanta vehemencia convocaron "o xuizo da historia".

Ámbolos dous foron durante mais de 40 anos cabeza dun goberno de corte autoritario ó que chegaron "manu militari" e no que empregaron métodos represivos cos que non se alieaban no modelo que querían impor.

O transcurso deses anos e a evolución do mundo levoulles a abrazar movementos globais que esixian un posicionamento mas estricto ideolóxicamente do que en principio querían e ese alineamento xunto coa derrota dese modelo a nivel global levou a poboación a sufrir as consecuencias dunha autarquia e un aillamento.

E ámbolos dous deixan o poder "consolidando" a pervivencia das estructuras creadas atando a sucesión... e deixándolle ós seus sucesores naturais un gran patrimonio que provén da espoliación dos rivais políticos.

Non vexo lóxico entrar a dirimir si un ou outro foron mais "sanguinarios" ou si foron mais sistemáticos na eliminación dos rivais ou si provocaron mais emigración por razons políticas e falta de libertade ou por razons económicas o final cada morto e cada emigrado vale dabondo por si mesmo.

Para min a clave da diferencia está na situación relativa que queda a poboación respecto ó seu entorno inmediato no que a indicadores de progreso social se refire; e non por elo se xustifica unha dictadura pero sí se deberían acalar bocas.

Un país é punteiro en educación, sanidade e cobertura social no seu entorno tanto que en alguns indicadores é superior á maior potencia "bélica" mundial mentras que outro presentaba diferenciais tales que cando tratou de integrarse no seu entorno estivo mais de 20 anos recibindo fondos para o desenrolo...

Porque Quén pode pedir xuizos por xenocidio cando no seu pais se fixo unha lei de "punto final"? Quen pode pedir que se restituan propiedades previas á revolución si no seu país o expolio se normalizou por lei?

Ata sempre comandante.

Conversas e fronteiras

OUUUUuuuu... Vai uns días cadraron dous elementos apuntando a un tema que non podo pasar sen comentar.

Moit@s coñecidos en redes sociais tecnolóxicas comentaron unha nova acontecida en Londres na que se dicía que un home agrediu a outro batendo nel cunha táboa "por falar español" (podedes ve-lo vídeo nesta web).
Ó parecer o agresor estaba bébedo e tomaba medicación para unha alteración da capacidade de atención co que non quero poñer escusa a semellante brutalidade senon marcar una fina liña...

O segundo feito precisa unha explicación algo mais longa.

Como pode que saibades van 18 anos que moro nun territorio que polos azares da historia non está dentro da galicia política malia as grandes semellanzas xeográficas e climaticas que ten co resto do pais e a evidentes vencellos culturais e "intrahistóricos" de modo que aínda é doado escoitar á xente falar galego nas rúas e locais e hai escolas e institutos de varios concellos nos que se ensina o galego.

No meu traballo emprego o galego esporadicamente con algún doente que me fala en galego de entrada mais é un emprego limitado a certos temas de vocabulario e case sempre vencellado a "traducir" (como si fixera falta) expresions por unha diferencia mais de nivel socio-cultural que linguistica.

O caso é que fai un tempo teño unha compañeira de traballo que é galegofalante habitual na miña área de traballo e gostamos de conversar sobre os temas da actualidade sobor de todo a a actualidade política.

Unha mañan na que non compartíamos espazo de traballo asomei no que estaba ela para saudar a outras compañeiras que alí estaban e iniciamos unha conversa sobor da actualidade política... en breves intres unha das compañeiras que alí estaban me chamou para dicirme:

"-Me ha parecido muy mal lo que has hecho, no está bien que entres aquí y os pongais a hablar para que no os entendamos..."

Eu normalmente agradezo calquer indicación sobre a miña actitude ou os meus feitos... sempre hai algo que correxir ou mellorar. Lembro que aquel día pensei si o mesmo se lle diría ós alumnos do "Atlantis" que fixeron rotación no noso centro e que entre eles falaban en inglés...

Teño claro que a clave do tema está na natureza da conversa en cuestión; vexo que tanto no caso da parella agredida en inglaterra como no meu caso se trata de conversas privadas sen efectos sobre o entorno social ou profesional así que non había ningún motivo para elimina-la suposta barreira que un castelán falante pode ter respecto a unha conversa en galego ou a evidente barreira que unha conversa en castelán supón para un angloparlante.

Tamén teño claro que é de agradecer que alguén que se sinte "ofendido" polo desempeño linguistico dun sexa quen de dicilo.

Mais claro teño que si a "norma" que esta persoa me insinuou fose válida o galego está morto como lingua porque nun entorno de predominio da lingua castelán non hai cáseque entornos "exclusivos" de galegofantes e teríamos que caer nunha especie de 'gueto' linguístico... cousa que cecais acontence mais que non xustifica que se trate de aplicar o mesmo proceso na via inversa (apupar a quen fale castelán nun entorno de galegofalantes).

En fin, unha reflexión ó redor do Samain... con lingua.

Azar e nostalxia

OUUUUuuuu... Un pode non estar conforme coa realidade, mais para chegar a trocala non pode negala.

Así pois un partido que promulga un sistema socioeconómico lesivo para a maioría da xente con contratación precaria e sen dereitos, fiscalidade regresiva que non permite cubrir-los servizos públicos e protección a monopolios de poder en áreas clave como a financieira e a enerxética... un partido que é o eixo de diversas tramas de corrupción ó longo e ancho do pais.... é un partido que obtén un mínimo de 7 millons de votos; agora ben ¿porqué?.


Eu penso que só alguén que confía nos xogos de azar pode confiar en que unha agrupación de persoas con eses antecedentes pode ser o "goberno eficaz" que necesita este pobo.... e dase a casualidade que hai moita xente que confía nos xogos de azar... a lotería de nadal é boa proba delo.


Outra cousa que para o meu pensar pode explicar que tanta xente elixa unha opción tan perxudicial para tanta xente é o apego pola nostalxia...

Abondan nos medios os programas con contidos de lembranza de fai 15 ou mais anos e que teñen moita audiencia. Ese apego podería ter moito que ver coa pirámide demográfica mais tamén cunha especie de apego pola idealización do pasado... algo que se aprecia moi ben na serie "cuéntame".

Gostaríame ser capaz de estudar seriamente esto pero non sei que clase de estudo o podería facer.... por outra banda cabe a posibilidade de que teñamos unha trama dun 15-20% da xente que aspiraba ou pensaba que podía aspirar a seguir saqueando ó resto da poboación... pensade nelo si voltamos a ter ocasión de votar.

Medallas PIB Benestar

OUUUUuuuu... Neste día moita xente pensará que realmente vive nun país "punteiro", un país que está entre os 20 primeiros do mundo... ¿por? polo medalleiro olímpico.

Como resultado dos xogos olímpicos; un espectáculo comercial montado en torno a múltiples competicions deportivas disputadas por seleccions nacionais ben por equipas ben individuais, faise unha clasificación de países segundo si as súas seleccions ou participantes acadan a primeira, segunda ou terceira posición das diversas competicions. Eso de verse nesa táboa fai creer a moita xente que, en efecto, viven nun pais punteiro.




















Outra xente mais apegada ós bens materiais coida que a importancia dun país se mide polo que produce (e polos residuos que xera) sin ter en conta quen consume eso que produce ou a canta xente lle aproveita esa producción e o beneficio económico (si o houber) dela... porque non é o mesmo producir materias primas que ben de consumo industrial ou manexa-lo sector financieiro como se pode ver na correspondente gráfica.


Mais, ó cabo ó que as persoas queremos non é SEMELLAR (medallas) ou TER (PIB) senon SER "felices"... e vese que as diferencias na clasificación dos países segundo a xente se declara "feliz"... ningún dos tres primeiros figura entre os 20 primeiros das outras táboas agás Suiza que está de 20º na táboa do PIB.


Pode que o mellor xeito de sabermos si estamos "no lugar axeitado" sexa unha combinación... ou non; cada quen terá a súa preferencia segundo o seu momento na vida e, ó cabo, ¿qué tanto ten vivir nun país que nen tan sequera existe para esas estatísticas? Non precisamos comparacions; precisamos creer en Nós mesmos como viables, sostibles e futuribles.

Ó redor do Burkini


E quen identfica a estes?
Hai unha leria moi grande ó redor do tema dunha prenda de vestir seica específica para o baño e deseñada por unha australiana musulmana para poder bañarse respetando o que marca a súa relixión...

O problema principal é que, en realidade, non se está a xulgar á prenda de baño senon ó suposto de que as mulleres que a empregan o fan obrigadas, contra a súa vontade.

Ten graza (ou non) que se fale desta obriga por motivos relixiosos mentras permitimos que a presión social "obrigue" ás mozas a andar con prendas tan pouco estéticas como os Chochorts, patangas ou tangalons...

A prenda pode, incluso, ser útil ou necesaria para que persoas que ben por problemas de saúde ben por tomar tratamentos específicos non poden exporse ó sol e que grazas a esta prenda se poderían bañar no mar e disfrutar da praia.

Respecto á falta de hixiene... Que tal un estudo dos bañadores das piscinas municipais?? non cuspamos para arriba que... 

Adúcese tamén que pode ser un risco para a seguridade porque non se pode identificar ás persoas que os portan... esto é un argumento falaz e de dobre fio e pode que acabemos prohibindo os capirotes dos cófrades da semana santa ou as mantillas... ahh que non, que é unha prenda relixiosa... ohhh wait¡¡ Eso por non falar dos disfraces de entroido... Prohibir o cigarrón, o peliqueiro ou a pantalla?? NIN DE BROMA¡¡

Pois iso que igual que para as prendas mencionadas as persoas que leven prendas para tapa-la cabeza por mor da súa profesión musulmana teran que poder ser identificadas en calquer intre mais non por elo se pode prohibir o seu uso.

O xogo dos radicais islámicos é identificarse eles coa súa relixión e facelles creer os seus correlixionairios que o castigo que merecen os seus actos de terror se lle infrinxe á relixión de Alá: a tódolos musulmans cando non é así. Non deberamos caer en prohibicions burdas porque ademais conteñen graves contradiccions con tradicions do cristianismo que vemos como "normais" porque simplemente as levamos vendo toda a vida

Non quere dicir esto que deixe de pensar que o mundo islámico está na súa edade media, só que nós non debemos voltar a ela.

Mecanismos de defensa PsicoSocial

OUUUUuuuu... Hoxe vou, outra volta, a pasar un día de praia á vista do estadio dos "turkos". Haberá quen diga que si fago eso non son tan celtista como digo...

Penso que ahí está unha clave desta sociedade: Cando a xente ten un problema co que non se atreve a enfrontarse se refuxia facéndose radical en algo no que pode obter recompensa e apoio de grupo... e así temos a hordas de xente que é capaz de batirse en duelo pola cor da camiseta mais non move un dedo polos problemas do seu día a día deixando que os goberne xente que non elexiu e que faga cousas que non estaban no seu programa electoral e infrinxindo a lei.

Este tipo de xente quere, ademais, ignora-la realidade do esgotamento do modelo económico e enerxético e os graves sacrificios e grandes trocos que veñen... 

E marcho que teño que marchar.

10000 millons son razons dabondo...

OUUUUuuuu...

Pois si; coido que 10000 millons de €uros son razons dabondo para voltar a votar.

Si, unhas terceiras eleccions nas que cada partido diga cómo pensa que se ha de farcer ese "reequilibrio" solicitado dende Bruselas e feito perentorio grazas á gran coalición Zapatero-Rajoy e o remozado artigo 135 da  sacrosanta constitución.

Coido que a estas alturas cada quen terá pensado que cos precedentes do actual goberno as súas solucions serán: Elimina-la paga extra de decembro ós funcionarios, pecha-lo grifo da obra pública, incremento "0" en retribucions e plantillas para 2017, conxelar ofertas de emprego... vamos: o feito.

Mais esta vez precisará do voto complaciente e/ou a abstención dun nutrido grupo de deputados de outras formacions políticas... e iso no estaba nos programas electorais polos que se lles votou Ou non?

E qué opcions hai?? Qué pode facer un goberno para cumplir a reducción de déficit esixido??

Dende logo hai que mellora-la recadación porque como todos sabemos e se fixo público nos derradeiros días a bolsa de débeda con facenda é de 15000 millons de €uros... a gran maioría, desenganemonos, incobrables non só por falta de vontade política (que tamén) senon porque os debedores están xa na quebra.

Pero "mellora-la recadación" non é só cobrar ós que xa deben senon asegurar un repato equitativo do esforzo fiscal en virtude dos beneficios que se obteñen da actividade económica na nosa sociedade... e tamén gravando o perxuizo que esa actividade xera no capital medioambiental de todos.

A outra medida sería "gastar mellor" que non ten porqué ser menos en conxunto pero sí menos en algunhas cousas e neso mais aló das medidas chamadas "populistas" polos populares (vaia retranca teñen) e que son precisas por dignidade hai medidas de aforro enerxético e social que poden dar froitos tan pronto como un recorte no salario dos funcionarios.

En todo caso; a pelota está no tellado do P$o€ que ten que decidir si vai a apoiar por pasiva (ou por activa) as medidas "necesarias" según o PP ou si vai a apura-lo trámite para provocar unhas terceiras eleccions... ide pensando data.

O emprendedor cotizante sindicado

OUUUUuuu... Foi un truco contable para reduci-lo paro? Non, xa se viña facendo durante a burbulla especulativa na construcción: O "fomento do autoemprego" ou o que ven sendo que quen queira traballar conmigo que se faga autonomo e logo xa si eso... pero o goberno o convertiu en "emprendedor" cando aquelo estourou e crise deixou a unha quinta parte da poboación con capacidade de traballar no paro.

Agás os doucentosmil que emigraron (porque podían; tiñan título universitario) os que "emprenderon" non só se expuxeron a un sistema de cotización inxusto e a un acoso de facenda furibundo: ademais deixaron de ser "traballadores" e... quedaron fora do "abrigo" do sindicalismo.

Unha mostra mais de que ese ente chamado "a esqueda" non acaba de comprender as novas estructuras de poder e que a súa propia permanencia é unha garantía para o capitalismo financiero que conta con eles como aliados nas "reformas para mante-lo emprego".

Mentras nos distraemos en arraxarlle o problema ó sector financieiro asumindo como sociedade a súa falta de previsión no crédito por mor de manter quente a máquina do "crecemento" seguimos sin ter claro que o verdadeiro problema é o modelo: o modelo enerxético, o modelo de producción-consumo-destrucción, o modelo social, o modelo educativo, o modelo de investigación...

Temos medo ó descoñecido, é algo natural, pero mentres permanecemos quedos atenazados polo medo como un cervatillo indefenso nun lume é cando mais risco de perecer corrermos... algo ten que trocar si queremos deixar un futuro.

Cara a un troco de coordenadas na política

Vai pouco mais de 2 meses chegou ás miñas mans o libro de Manuel Casal Lodeiro @casdeiro que baixo o subtítulo "Apuntamentos para un debate urxente" fai un repaso ás enormes incoherencias que cometen os partidos políticos respecto ás coordenadas nas que se "xogan" os problemas que afectan e afectarán a nosa sociedade.

A verdade é que o libro apunta claramente a unha parte das formacions políticas actuais; aquelas que dende a asamblea revolucionaria se situaban á esquerda do atril... pura casualidade desvirtuada polo paso do tempo e a realidade de partidos que xa nin son obreiros nen socialistas.

O problema que está a enfronta-lo razonamento político actual o describe ben Manuel: "é que concibe os problemas sociais como separados dos ecolóxicos ··· interpreta todo en termos de clases, explotación, desigualdade ··· conceptos que considera distintos e separados da cuestión dos recursos, dos impactos ambientais e da sustentabilidade en xeral..."

E claro, facendo eso demóstrase que non se ten nin idea da dimensión do problema e polo tanto non se vai ser capaz de articular unha solución coherente nin se vai a apostar por un "decrecemento ordeado" e paulatino que permita un futuro (nen sequera podemos xa engadir "mellor").

Xa fai un tempo escribin sobre as novas coordenadas nas que eu, pequeno observador, situo os conflitos actuais: CO vs PRO; coido que os meus pensamentos se ven reforzados non só por este libro senon pola xeira de referencias perfectamente engarzadas e alineadas no trascorrer da obra... levo moito tempo leendo sobre o "peak oil" e a necesidade dun "decrecemento" e ata o de agora non atopara unha explicación tan clara sobre os contraargumentos para afianza-la necesidade de ir tomando xa medidas.

Vos recomendo a publicación que aínda estades a tempo de apoiar na súa segunda edición.