Por se non vos decatastes vouvos contar o fermosa que é neboa polas mañas... cando vas por entre ela e sintes o desacougo da friaxe pola caluga, miras ós pes e atopas todas esas gotiñas impregnadas na herba; dándolle forma a un pensamento. O vapor se ergue dos ermos coma almas que se redimen co sol e coidas que tes unha sensación equivocada. Cando deixa ver o que non se ve e fai de reflexo do que non hai, cando o puzo se fai espello de xeo e un sinte quencer o corazón.
Estas mañans de neboa misteriosa se tes tempo de ollar cara á liña infinita verás o fermosa que luz nos primeiros raios do sol e como o desacougo que transmite non é tal senon esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario