OUUUUuuuu
A este paso a macro-mega oposiciòn montada co galo de "colocar" os facultativos de certos centros capitalinos e "aproveitada" polos sindicatos e administraciòn para facer unha especie de "derradeira" leva visos de non remataren mais. Diran que non, pero o troco politico do 14-M produxo, cando menos, inquedanza no proceso ainda que a fase na que se podìa "influir" dende Madrid esta caseque superada (menos en ATS/Due a pesares dos meus malos pensamentos) a entrada na fase "local" do tema na categoria A esta a ser estrambotica pois cada centro ven de "convocar" +/- as prazas que lles petou i esto esta a descabalar moitas "contas da leiteira".
É unha mágoa que unha oportunidade para por fin a anos de inxustiza (con xente que traballou e traballa arreo pola sanidade pùblica) e facer unha "entrega limpa" da sanidade ó modelo deseñado na constitución e a Ley Xeral de Sanidade; se desaproveite no medio dun proceso mais longo do debido, mais retorcido do deseñado e mais en entredito do merecido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario